Pasouhoxe sábado por O Ronsel un dos membros do grupo O Tren da Unha de Laxe. Víctor García (na foto, co violonchelo) estivo nos micrófonos da radiONeria para presentarnos o grupo do que forma parte. Frescura nas letras, ritmo musical e unhaimaxe impecable son o que nos ofrecen esteslaxenses que este ano, ademáis de ir polas verbenas de actuación en actuación, están a loitar por facerseco título da canción do verán a través do concurso da Radio Galega, Vas Sacar Nota? Esta foi a conversa que mantivemos con Víctor.
Como se formou O Tren da Unha?
O Tren da Unhaformouse por casualidade. Lembro que foranunhaxuntanza que se fixera a raíz de organizar o antroido do ano pasado, aquí en Laxe. Aquí haixente afeccionada á música, non profesionais, pero haimoitaadicación pasional. Entónchegamos a contactar unscosoutros e dixemos, poisfacemos a orquestranós. Xuntámonoscatro, Piticas (na foto de pe coa copa), JesusMari (á esquerda), Tom (no centro, sentado) e máiseu, e fixemosunhafestiña que saíu bastante ben. A xenterespondeumoiben e fomosmoibenacollidos, o cal nos deu estímulo para seguir adiante ata o día de hoxe.
Como xurde esta idea de presentarse a un concurso?
Presentámonos a dous concursos. Un era o Apologhit, do portal Vieiros, no que quedamos de cuartos co tema A Marajota. E agora estamos presentándonos a un concurso da Radio Galega que se chama Vas Sacar Nota. É un concurso no que buscan a canción do verán e nós presentámonos cunha canción que se chama Marylin. Para votar é moi fácil, pero se algún enxeñeiro informático nos escoita, sempre pode botar unha man porque este tipo de concursos que se fan por internet, e quero ser un pouco crítico con eles, dan moito que pensar. Que aos dous días de votacións haxa grupos que teñen mil e pico votos dá moito que pensar…
Menos mal que hai un premio do público e outro onde hai un xurado porque do tema de internet desconfío moito porque xa nos ten pasado noutras ocasións que concursamos, e hai moito chanchullo entre as votacións.
En que fase está o concurso agora?
Está na fase final. Houbo unha fase na que se recolleron todas as cancións que chegaron ao concurso e dese total escolléronse as quince máis votadas. Tivemos a fortuna de estar de quintos nesta primeira fase. Agora estamos na fase final na que hai quince cancións e pódese votarcada día. Haberá un gañador por parte das votacións do público por internet e outro gañador que escollerá un xurado cualificado. Aínda temos todo o mes de agosto para votar e pode facerse unha vez ao día.
Fora do concurso, que actuacións ten O Tren da Unha para este verán?
Mañá domingo imos estar en San Fins amenizando a sobremesa sobre as cinco da tarde. Seguramente voltemos a Corme, aínda non sabemos en Laxe como será. Pero alí onde tocamos a xente nos ve e se hai algunha comisión de festas ou algún local que queira un grupo para amenizarlle unha velada… Vai xurdindo sobre a marcha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario