30 marzo 2024

Despois de dous días de descanso, hoxe sábado RADIO NERIA volve ás ondas, e facémolo cun novo episodio de FALAR SEN CANCELAS. Desta vez, Pepe Formoso conversa con Modesto Fraga, un dos grandes poetas da nosa contorna que está a facer un traballo extraordinario coa BIBLIOTECA DA FISTERRANÍA, da que vén de presentar a súa terceira entrega protagonizada por DESIDERIO PAZ FIGUEROA.

Escoitámonos a partir das 11:00 no 107.8 da FM ou na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/
@pepeformoso Pepe Formoso @jose_luis_louzan @modestofragamoure Modesto Fraga Moure @concellocorcubion Concello de Corcubión

 

27 marzo 2024

    Mércores 27 de marzo. Último día de programación antes do descanso (non sabemos se merecido) que imos tomar este xoves e venres. Hoxe temos unha nova entrega de ABRETEDEORELLAS no que Pepe Cunha trae temas de O SONORO MAXÍN @o_sonoro_maxin , @depedromusic ou @abandadaloba . Despois, CARNE CRUDA con "Derroteros: Los Enemigos, con Inés García y Paula Ducay"

Escoitámonos a partir das 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM, e na web en www.radioneria.blogspot.com ou www.zeno.fm/radio/radio-neria/

25 marzo 2024

Alumnado do CEIP Praia de Quenxe, hoxe na programación de Radio Neria

 Hoxe luns, 25 de marzo, presentamos en Radio Neria os podcast realizados polos alumnos e alumnas do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión. Nestes podcast participan tódolos alumnos e alumnas, desde 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria. Unha gozada ver como a rapazada fai un traballo tan serio e o compromiso do profesorado á hora de levar a cabo os programas. Ogallá este sexa o principio dunha nova andaina.