31 diciembre 2015

Palco de Estrelas na Radio Neria



O clásico programa das madrugadas sobre orquestas e verbena galega, chega a Radio Neria da man de Dani Seijas. Todos os Xoves dende as 20:30h.

22 septiembre 2015

Servizo de Whatsapp


08 septiembre 2015

Tempada 2015/2016. Volta O noso xeito.


O programa cultural e social máis potente da Costa chega, de novo, da man do cabanés Óscar de Souto.

Como sempre, cada venres e sábado, repasarase a axenda cultural e falarase de temas sociais de actualidade, unha sección que se incorpora por primeira vez nesta temada.


Horario:
  • Venres de 22.00h a 23.00h
  • Sábados de 11.00h a 12.00h.

13 julio 2015

Aprenda Rock, a parodia dos rankings na Radio Neria

Estamos de estrea na Radio Neria, dende Arxentina chega Aprenda Rock, un programa presentado por Ernesto Fucile.

Lexos das listas musicais estilo Top-Ten, "Aprenda Rock" é un programa de Radio que parodia os rankings, con entrevistas a Artistas internacionais, seccións variadas e moito humor, orientado o público Adulto-Xoven. Emítese en Radios AM e FM de Latinoamérica, España e EE.UU.

Na Radio Neria o podes escoitar os Xoves as 22h.

Páxina Web Ernesto Fucile

18 junio 2015

Novos programas que chegan á Radio Neria

Neste mes de Xuño estreamos dous novos programas que chegan dende o extranxeiro.
Dúas persoas que se interesaron por esta radio e que queren colaborar aportando o seu graíño de area.

Un dos programas é Rock & Comics dirixido por Hugo Rodrigo Zapata.

A temática deste espazo é a mezcla do rock co cómic.

En cada programa, entrevista a un dos autores que acaban de publicar o seu comic. Conta con varios colaboradores expertos que participan nas diferentes seccións de crítica, cómics no cine e outros espazos cun ton algo máis cómico. 
Todo elo acompañado da mellor música Rock.

Horario de emisión:
Mércores as 22h e Sábados as 9h.

11 abril 2015

A información internacional, sen censuras: Democracy Now

De  luns a venres, ás once da noite, pechamos a xornada coa información global, sen censuras. Con Amy Goodman, Democracy Now. Esperámoste!
dw