30 abril 2024


 Martes 30 de abril. Pechamos este mes coa nosa programación de martes, na que arrancamos con DISQUE. Hoxe, cremos que Maruxiña dos Queixos non vai deixar ocasión de falar destes días de reflexión do presidente Sánchez. Despois, O RECUNCHO DO ESTUDANTE, Aloia, Valeria, Carla e Irene van falar sobre o que significa a música para elas. E para rematar, MUNDOFONÍAS, hoxe con: "Fuera de lo normal".
Escoitámosnos ás 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/
E lembrade que tamén estamos en Ivoox e Spotify

29 abril 2024

 


Presentación literaria de Lola Rontano en Radio Neria

Luns 29 de abril. En Radio Neria arrancamos unha nova semana con QUE LES, CORCUBIÓN?. Desta vez, escoitamos a presentación do libro "Esperta do teu sono", de Lola Rontano, na Biblioteca Municipal de Corcubión. E despois, CARNE CRUDA, hoxe con: "Nuevos pobres: por qué trabajas y no llegas".
Esperámosvos ás 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM, e na web en www.radioneria.blogspot.com, www.zeno.fm/radio/radio-neria/ e tamén Ivoox e Spotify.

27 abril 2024


Sábado 27 de abril. Hoxe temos unha cita con Pepe Formoso en FALAR SEN CANCELAS. No programa de hoxe Pepe conversa con Adhara Caamaño, cantante de Adhara&Ritman.

Escoitámonos ás 11:00 no 107.8 da FM e na web en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/
Lembrade que unha vez emitidos, podedes escoitarnos en Ivoox e Spotify.

25 abril 2024


A CONFRARÍA DE PESCADORES DE LIRA, HOXE EN RADIO NERIA

Xoves 25 de abril. Hoxe, en CHEGAR A BO PORTO, Luis Corral desprázase ata Lira para falar con Mariano Lago, patrón maior da confraría de Lira. Despois, un momento para a poesía con Manuel Oliveira Gómez, "Manolín", en REALIDADE E SOÑOS. E para rematar, MUNDOFONÍAS, hoxe con: Cumbiando y flamenqueando.
Esperámosvos a partir das 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM, e na web en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/

23 abril 2024


Martes 23 de abril. Hoxe abrimos a programación de Radio Neria da man de Maruxiña dos Queixos e o seu DISQUE. Despois, O RECUNCHO DO ESTUDANTE, hoxe Aloia, Valeria, Carla e Irene falan sobre... O Tempo!. E para rematar, MUNDOFONÍAS, con: Ramillete de Raíces.
Esperámosvos a partir das 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/

18 abril 2024

 

Xoves 18 de abril. Benvidos e benvidas á programción de hoxe en Radio Neria. Comezamos, como cada xoves, con CHEGAR A BO PORTO. No programa de hoxe, Luis Corral conversa coa mariñeira e influencer de Muros, María Maceiras. Despois, un momento para a poesía en REALIDADE E SOÑOS con Manuel Oliveira Gómez, "Manolín". E para rematar, MUNDOFONÍAS. Hoxe con: Legados de altos vuelos.
Esperámosvos ás 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM, e na web en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/

17 abril 2024

 

Mércores 17 abril. Arrancamos a nosa programación de hoxe con ABRETEDEORELLAS. Pepe Cunha tráenos temas de @maikamakovski @o_sonoro_maxin ou @braismoran_nasaufunk. E despois, CARNE CRUDA, hoxe con: Piratas de la vivienda: los grandes especuladores.
Empezamos, coma sempre, ás 11:00 e retomamos ás 21:00 no 107.8 da FM e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/

16 abril 2024

Información/desinformación, Modas e tendencias e Viaxeiros en son de paz. Hoxe en Radio Neria.

Martes 16 de abril. Hoxe comezamos a programción de Radio Neria cunha nova entrega de DISQUE. No programa de hoxe, Maruxiña dos Queixos fai unha análise sobre o papel da prensa, sobre a información e a desinformación. Despois, en O RECUNCHO DO ESTUDANTE, as nosas rapazas de Fisterra daranlle unha segunda volta ao tema da Moda e Tendencias tratado a semana pasada. O tema dá para moito e merece unha segunda entrega. E rematamos con MUNDOFONÍAS. Hoxe con: "Viajeros en son de paz".
Esperámosvos a partir das 11:00 e ás 21: 00 no 107.8 da FM e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/

15 abril 2024


Radio Neria vai de libros

Luns 15 de abril. Empezamos unha nova semana en Radio Neria. Arrancamos hoxe a nosa programación con QUE LES, CORCUBIÓN? no que escoitaremos a presentación do libro de Carme Varela, "Faise o escuro", que tivo lugar na Biblioteca Municipal de Corcubión. E despois outra presentación literaria en CARNE CRUDA. Hoxe, a xornalista e comunicadora vasca volve a Carne Cruda para falarnos do seu libro, "Lo que quede".
Comezamos ás 11:00 e voltamos ás 21:00 no 107.8 FM e na web, www.radioneria.blogstpo.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/

13 abril 2024

Falar sen Cancelas, hoxe con Ana Oca

Sábado 13 de abril. Como cada sábado, en Radio Neria temos unha cita con FALAR SEN CANCELAS. No programa de hoxe, Pepe Formoso conversa con Ana Oca, actriz ceense que na actualidade cursa estudos na ESAD (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia), coñecida por formar parte do elenco da película LA ISLA DE LAS MENTIRAS, ou en series como NÉBOA ou A PITA CEGA.
Podedes escoitarnos ás 11:00 no 107.8 da FM e na web en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/

12 abril 2024



Venres 12 de abril, esta é a programación de hoxe en Radio Neria. Empezamos a emisión con BOOMERS A CONCIENCIA, o programa de cine e fotografía da nosa emisora presentado por Rebeca Ayala e Pablo Álvarez. Despois, visítanos Miguel Vázquez Freire acompañado por Lucía Castiñeira e Sabela Corbelle con O MOUCHO E OS MITOS, hoxe co capítulo 27. E para rematar, CARNE CRUDA, hoxe con: Los océanos se ahogan (y nosotros somos los siguientes)

Empezamos ás 11:00 e reemitimos ás 21:00 no 107.8 da FM e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/

11 abril 2024


Xoves 11 de abril, isto é o que temos hoxe na programación de Radio Neria. Arrancamos con CHEGAR A BO PORTO, no que Luis Corral conversa Xosé Carabel, Patrón Maior da Confraría de Corme. Despois teremos un tempo para a poesía en REALIDADE E SOÑOS, con Manuel Oliveira Gómez, "Manolín". E para rematar, MUNDOFONÍAS, hoxe con: Celebraciones, expediciones, experimentaciones.
Escoitámonos a partir das 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/
Porto Si Mortos Non @luiscorraldios Luis Corral Dios Manuel Oliveira Gómez Mundofonías @mundofonias

10 abril 2024


 Mércores 10 de abril. Benvidos e benvidas á programación de hoxe en Radio Neria. Como cada mércores, temos unha cita con ABRETEDEORELLAS, na que Pepe Cunha trae temas de @guadigalego aCadaCanto ou @ataqueescampe. E despois, CARNE CRUDA con: Los 6 de Zaragoza: un nuevo Altsasu.
Esperámosvos a partir das 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM, e na web en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/
@abretedeorellas Ábrete de orellas @carnecruda

09 abril 2024


 O podcast do CEIP Praia de Quenxe suma case 700 oíntes.

Os alumnos e alumnas do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión pasaron unha xornada de traballo en Radio Neria. Ese traballo foi emitido o pasado luns 17 de marzo, e puido ser escoitado en directo a través do 107.8 da FM.

Despois da súa emisión, o programa foi subido ás plataformas Ivoox, Zeno e Spotify da propia emisora. Sumando o número de descargas e o número de oíntes a través do blog de Radio Neria, podemos concluir que se achgan a 700 o total de oíntes deste podcast. A este dato, habería que sumarlle o número de oíntes a través da FM, dato que resulta imposible de confirmar, pero podemos aventurarnos a dicir que chegariamos ao milleiro no total de oíntes.



Martes 9 de abril, esta é a programación de hoxe en Radio Neria. Abrimos capítulo con Maruxiña dos Queixos e o seu DISQUE. E disque hoxe vai de vodas, ou algo así. Despois, turno para as nosas rapazas de Fisterra. Aloia, Valeria, Irene e Carla falan hoxe sobre Modas en O RECUNCHO DO ESTUDANTE. E para rematar, MUNDOFONÍAS, hoxe con: Favoritos de abril + LIMúR: lista ibérica + remate escocés.
Escoitámonos ás 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM, e na web en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/
@isabeltomeamenedo @isabeltomeamenedo @aloiiaaa_ @valeeriiiaaa._ @iirene_qs Mundofonías @mundofonias

08 abril 2024


Benvidos e benvidas a Radio Neria. Hoxe comezamos unha nova semana na nosa emisora, e facémolo con dobre programación. Comezamos con QUE LES, CORCUBIÓN? No que escoitaremos como o Clube de Lectura da Biblioteca de Corcubión celebra a día da poesía. E despois, CARNE CRUDA con: El pueblo contra Shell y otros juicios climáticos.

Esperámosvos a partir das 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM e na web en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/
@isa_soneira @carnecruda

05 abril 2024

 

Benvidos e benvidas a un novo día en Radio Neria. Hoxe, venres 5 de abril, temos en Radio Neria un novo episodio de O REGO DOS SAPOS. Desta vez, a comunidade ecosodial e cultural de Corcubión, tráenos a presentación do novo poemario de Antón Recamán, que tivo lugar no pasado mes na Casa da Cultura de Corcubión. E despois, CARNE CRUDA, hoxe con: "Los ricos no pagan, los ricos facturan + califato 3/4"
Empezamos ás 11:00 e volvemos de novo ás 21:00 no 107.8 da FM e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/
Asociación Boca de Sapo @asociacionbocadesapo Concello de Corcubión @concellocorcubion @carnecruda

04 abril 2024


 Benvidos e benvidas a Radio Neria, esta é a nosa programación de hoxe Xoves 4 de abril. Empezamos as nosas emisións con CHEGAR A BO PORTO, no que Luis Corral conversa con Martín Senande, un dos últimos carpinteiros de barcos de ribeira. Seguidamente, un espazo para a poesía con Manuel Oliveira Gómez "Manolín" en REALIDADE E SOÑOS. E para rematar, MUNDOFONÍAS, hoxe con: "Cabaret Global".

Lembrade que comezamos ás 11:00 e volvemos ás 21:00 no 107.8 da FM e na web en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria7
Porto Si Mortos Non @luiscorraldios Luis Corral Dios Manuel Oliveira Gómez @mundofonias Mundofonías

02 abril 2024

 

Martes 2 de outubro, pasado o luns de Pascua, xa podemos dar por rematada a Semana Santa. Día de incorporación da rapazada ao cole. Hoxe imos abrir a programación, como cada martes, con DISQUE, e atentos á mirada crítica que cada día nos trae Maruxiña dos Queixos. Despois, O RECUNCHO DO ESTUDANTE, Aloia, Valeria, Irene e Carla, vannos falar hoxe sobre o que significa a Semana Santa para elas. E para rematar, MUNDOFONÍAS, hoxe con: "Transglobal World Music Chart: Abril 2024".
Esperámosvos a partir das 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM e na web en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/
@isabeltomeamenedo Isabel Tomé Amenedo @aloiiaaa_ @valeeriiiaaa._ @iirene_qs Mundofonías @mundofonias


01 abril 2024



    Luns, primeiro día do mes de abril, benvidos e benvidas á programación de Radio Neria. Hoxe inauguramos unha nova sección dentro de QUE LES, CORCUBIÓN? Un dos seus impulsores, Abraham Trillo estrea a sección ABRAHAM TIRA AO MONTE, unha sección de opinión na que Abraham fai un breve repaso aos artigos que vén de publicar durante o último mes en @quepasanacosta . Promete, a nova sección de Abraham, que non vai deixar a ninguén indiferente. Despois, teremos a oportunidade de escoitar de novo o especial feito polo alumnado do CEIP PRAIA DE QUENXE. E para rematar, CARNE CRUDA con "Jovenes: el futuro que seremos".
Todo isto a partir das 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/
@isa_soneira @abraham_oliveira @carnecruda