Radio Neria vai de libros
Luns 15 de abril. Empezamos unha nova semana en Radio Neria. Arrancamos hoxe a nosa programación con QUE LES, CORCUBIÓN? no que escoitaremos a presentación do libro de Carme Varela, "Faise o escuro", que tivo lugar na Biblioteca Municipal de Corcubión. E despois outra presentación literaria en CARNE CRUDA. Hoxe, a xornalista e comunicadora vasca volve a Carne Cruda para falarnos do seu libro, "Lo que quede".
Comezamos ás 11:00 e voltamos ás 21:00 no 107.8 FM e na web, www.radioneria.blogstpo.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/
No hay comentarios:
Publicar un comentario