31/8/22

Nova tempada 2022-2023

Este Luns 29 de agosto comezamos unha nova tempada de radio con nova programación que será integrando á xa existente.

Ardentía, A Rumboia, Ecoloxía con Radio Cerna, Ciberclick, Chill Pop, La Hora del Comején, Realidade e Soños, Escrita, Democracy Now, Ciencia es, Sempre en Galicia, O Moucho voa, Neria Semanal, Fórmula 11, Aires Celtas, Ábrete de orellas, Que suenen las bandas e Palco de Estrelas.

Como novidade, a partires do 19 de setembro teremos un programa adicado á loita contra o cambio climático.

O proxecto ONDA ODS arrancará en Galicia cun programa de radio en directo realizado por Radiofusión dende o CEIDA, o centro de educación ambiental referencia na nosa comunidade situado no Castelo de Santa Cruz en Oleiros. O vindeiro xoves 15 de setembro, Pablo García (Radio Estrada) e Susana Falcón (Radiofusión) conducirán a presentación dun espazo radiofónico entre as nove e as once da mañá. Os obxetivos de desenvolvemento sostible e as iniciativas que traballan dende Galicia a prol da Axenda 2030 protagonizarán ese tempo de radio. Programa de entrevistas sobre medio ambiente, cambio climático, reportaxes e música en directo. Este proxecto mediático e audiovisual pretende levar a cabo dende o local unha estratexia de comunicación que sensibilice á cidadanía e fomente a reflexión e o debate ao redor de retos fundamentais para calquera cidadán.

Coa emisión deste programa en directo de dúas horas de duración poñeremos a primeira pedra para dar voz a todas aquelas persoas que están a traballar estes valores dende os diferentes municipios galegos, a través 30 programas informativos de dez minutos e 30 podcast en formatos de cápsulas de dous minutos.

Acabar coa pobreza, facer fronte á emerxencia climática e ambiental, pechar a brecha de xénero e poñer fin a discriminación, superar as ineficiencias dun sistema económico excesivamente concentrado, poñer fin á precariedade laboral, reverter a crise dos servizos públicos, acabar coa inxustiza global, revitalizar o noso medio rural e afrontar o reto demográfico serán as cuestións abordadas neste proxecto no que queremos que tódalas emisoras municipais galegas teñan cabida coas iniciativas dos seus concellos e a súas áreas de influencia.

Desexamos dar voz aos vosos proxectos e invitamos á audiencia a escoitar este programa que será o punto de partida dun proxecto de unión e colaboración entre as Emisoras Municipais Galegas (EMUGA-RADIOFUSIÓN), as Emisoras Municipales de Andalucía (EMA), La Xarxa – Radio Televisión Cardedeu (Cataluña) e a Rede Estatal de Medios Comunitarios.

Se queredes coñecer máis cousas sobre as características desde proxecto podedes visitar a web https://ondaods.org/ e tamén seguir os perfiles de ONDA ODS nas distintas redes sociais (Twitter, Facebook e Instagram)

ONDA ODS emitiráse todos os dias ás nove da mañá e ás nove da noite de luns a venres dende o 19 de setembro.