26/3/09

Boletín de novas (27-03-09)

NOTICIAS:

- Ferroatlántica, única culpable da desfeita ecolóxica da Fervenza para a Fiscalía

- Alejandro Rodríguez é suspendido polo PSOE

- Novo ERE na bisbarra

- Anulada a licencia dunha obra da recta da Anchoa

- Gema Freire volve á carga contra o PSOE corcubionés

- O BNG de Cee presenta unha Moción de Urxencia para seguir as obras do FEIL

- Os mellores actores de Galicia son da Costa

- Nova edición do programa de termalismo social de Ponteceso

AXENDA:

- Comezamos en Laxe, xa que o Día do Teatro mestúrase co día da Árbore

- Cine de Igualdade en Corcubión

- "Cara cortada" no Cine de Corme

- Festa Solidaria en Ponteceso

- As vellas do Luar nos Sábados en Familia de Cee

- Máis teatro en Vimianzo

- Novas saídas do Tren Turístico de Cabana

- A Costa apaga a luz por unha hora

DEPORTES:

- O Oso Polar vence con solvencia ao Maristas

- Xa hai data para o sorteo de Copa da Costa

Boletín de novas (26-03-09)

NOTICIAS:

- O alcalde de Corcubión deféndese ante as críticas de Gema Freire

- E quedamos en Corcubión porque Xa está finalizado o novo pantalán para embarcacións de pesca de Corcubión

- O BNG de critica o "despifarro" do alcalde nestes tempos de crise

- Hoxe vai sobre Cambio Climático: Inaugurada en Muxía a Exposición sobre o Cambio Climático

- E A Costa quere unirse ao Apagón do día 28 de marzo

- Laxe une o Día da Árbore e o do Teatro

DEPORTES:

- Martín Varela, doble semifinalista no torneo internacional de Cuneo

- As baixas merman o potencial do Conservas Boya e complícalle a permanencia

- Un Agencia plagado de baixas cae ante o Rosalía

Hoxe, xoves, podedes escoitar nas ondas da radiONeria e Radio Roncudo o programa "Malo será", a unha da tarde. E pola noite, a partir das 22:00, a repetición do programa O Ronsel, que dirixe Oscar Rey Calo dende Corme, e que conta con dúas horas da máxima actualidade sociopolítica. A partir das 12, o bloque de música A son de cine, coass mellores bandas sonoras.

25/3/09

Realidade e Soños


Os mércores, ás 23:00h da noite, e os venres ás 14:30h, as ondas da radiONeria e Radio Roncudo inúndanse de poesía. Aí está Manolín coa súa Realidade e Soños, un programa cheo de pasíón, cheo de emoción, cheo de tenrura.

Cada semana, podemos ver a cara máis amable, máis entregada, a máis verdadeira dun mediático personaxe do fútbol da Costa. Manolín treme ao recitar os poemas dos seus preferidos poetas españois de todos os tempos. De Machado a Unamuno, de Benedetti a Blanco Amor, pasando, ás veces por obras do propio Manolín.

ESCOLMA

Manolín fai unha escolma dos mellores momentos dos máis de 50 programas realizados na radiONeria:

- Escolma I.
- Escolma II.
- Escolma III.
- Escolma IV.
- Escolma V.
- Escolma VI.
- Escolma VII.
- Escolma VIII.
- Escolma Manolín (I).
- Escolma Manolín (II).

Programas cos poemas de Manolín


- Realidade e Soños (Os poemas de Manolín).
- Realidade e Soños (Os poemas de Manolín II).

Especial Días das Letras Galegas


- Realidade e Soños (102): Especial Letras Galegas 2012. Con Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, López Abente , e Xoán Fernández Abella. Todo, ca voz de Manolín de Oliveira.
- Escolma polo Día das Letras Galegas 2010 (I)
- Escolma polo Día das Letras Galegas 2010 (II)
- Especial Día das Letras Galegas 2009.

Outros especiais


- Realidade e Soños - Especial 30 anos do 23F : con Alvaro Cunqueiro, León Felipe, Luis Cernuda, Arturo Serrano, Pedro Garfias, Luis Felipe Vivanco e o tremendo Romance a la Guardia Civil de Federico García Lorca. Todo acompañado da música de Jarcha con esa "Libertad sin ira" e "El Pueblo" de Quilapayun.
- Realidade e Soños: Especial Benedetti (20-05-09).
- Realidade e Soños (03-06-09).
- Realidade e Soños (Especial Celso Emilio Ferreiro).
- Realidade e Soños (Especial Cuba).

Programas
- Realidade e Soños (1).
- Realidade e Soños (2) (Conto de Manuel Rivas).
- Realidade e Soños (3).
- Realidade e Soños (4).
- Realidade e Soños (5).
- Realidade e Soños (6).
- Realidade e Soños (7).
- Realidade e Soños (8).
- Realidade e Soños (9).
- Realidade e Soños (10).
- Realidade e soños (11).
- Realidade e Soños (14) (novo).
- Realidade e Soños (18).
- Realidade e Soños (22): Cos poetas Xoan Xose Fernández Abella, Xose Maria Valverde, Mario Benedetti e Antonio Gala.
- Realidade e Soños (27): Con poemas de Antonio Machado, Neruda, Romel Gonzalez, Nicolás Guillén.
- Realidade e Soños (28).
- Realidade e Soños (29).
- Realidade e Soños (30).
- Realidade e Soños (52).
- Realidade e Soños (53).
- Realidade e Soños (54).
- Realidade e Soños (55).
- Realidade e Soños (56).
- Realidade e Soños (57).
- Realidade e Soños (58).
- Realidade e Soños (59 - Nadal 2009).
- Realidade e Soños (60 - Nadal 2009).
- Realidade e Soños (61 - Especial Joselu).
- Realidade e Soños (62).
- Realidade e Soños (63)
- Realidade e Soños (64).
- Realidade e Soños (65).
- Realidade e Soños (66).
- Realidade e Soños (67) - Los Ojos verdes (Bécquer).
- Realidade e Soños (68).
- Realidade e Soños (69): Creed en Dios (Bécquer).
- Realidade e Soños (70).
- Realidade e Soños (71): A mis amigos (I).
- Realidade e Soños (72): A mis amigos (II).
- Realidade e Soños (73).
- Realidade e Soños (74).
- Realidade e Soños (75).
- Realidade e Soños (76): Con poemas de Paul Verlanre, Dulce Maria Loynaz, Jose Martí e unha canción de Lucía Pérez.
- Realidade e Soños (78): Sobre todo con Mario Bennedetti, e tamén con Antonio Machado, Pablo Neruda e Ana Belén.
- Realidade e Soños (79): Cos poetas Miguel Gonzalez Garcés, Luis Pereiro, Mario Benedetti, Dulce María Loynaz, Vicente Alexandre, Carmen Conde, Juan Ramón Jiménez, Alfredo J. Ramos e o tema Julia, de Rocío.
- Realidade e Soños (82) - Especial Nadal 2010. Cos poetas Juan Mena, Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Pondal, Gonzalo López Abente, Celia Rivas, Xoán Xosé Fdez. Abella, Manuel Curros Henríquez e Rubén Darío, acompañados da inconfundible voz de Pablo Milanés.O programa conta coa participación de Saulo Fdez., Amparo Oliveira e Abraham Trillo.
- Realidade e Soños (83) - Con poemas de Luis Cernuda, Mario Benedetti, Vicente Aleixandre, poesía árabe anonima, Pedro salinas e a voz do cantautor cubano Pablo Milanés.
- Realidade e Soños (84) - con sabor a mar e os poemas de Vicente Alexadre, Mario Benedetti e a música de Fuxan os Ventos.
- Realidade e Soños (85) - Cos poemas de Luis Cernuda, Mario Benedetti, Vicente Aleixandre, MIguel Hernández e a voz do poeta Sabina.
- Realidade e Soños (86) - Un programa con moito amor e cos poetas Mario Benedetti, Vicente Aleixandre e Joan Manuel Serrat.
- Realidade e Soños (87) - Especial 23F: con Alvaro Cunqueiro, León Felipe, Luis Cernuda, Arturo Serrano, Pedro Garfias, Luis Felipe Vivanco e o tremendo Romance a la Guardia Civil de Federico García Lorca. Todo acompañado da música de Jarcha con esa "Libertad sin ira" e "El Pueblo" de Quilapayun.
- Realidade e Soños (88) - Con poemas de Rosalía de Castro, Miguel Hernández, Mario Benedetti, Luís Cernuda, Vicente Aleixandre e a voz de Shakira.
- Realidade e Soños (89) - Cos poemas de Luís Cernuda, Mario Benedetti, Luis Felipe Vivanco, Vitoriano Cremer e a voz de Joan Manuel Serrat.
- Realidade e Soños (90): Cos poemas de Mario Bennedetti, Enrinque Lihn, Joaquín Lera, Luis Cernuda, Pablo Armando Fdez, Lois Pereiro e Xoan Xosé Fdez. Abella.
- Realidade e Soños (102): Especial Letras Galegas 2012. Con Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, López Abente , e Xoán Fernández Abella. Todo, ca voz de Manolín de Oliveira.
- Realidade e Soños (103): Saudades de Lopez Abente, Celso Emilio Ferreiro e Fdez. Abella coas músicas de Luar na Lubre, Carlos Núñez e Los Tamara.
- Realidade e Soños (104): Manolín recupera o primeiro programa desta última etapa, gravado aló polo 2008.
- Realidade e Soños (105): Dulce María Loynaz, Luís Cernuda, Federico García Lorca, Pablo Neruda, Mario Benedetti, e Pedro Shímose.
- Realidade e Soños (106): Un novo programa de Realidade e Soños con Manolín, que vén cargada de galeguidade con Xoán Xosé Fernández Abella, coa referencia aos emigrantes (outra vez) e ao caciquismo (tamén ao actual); Rosalía de Castro, coa esperanza nos mozos, fóra os medos; Manuel Curros Henríquez, o que hai que facer para vivir...; e Celso Emilio Ferreiro coa ironía da tiranía e asoballamento e un aleganto contra a bomba nuclear.
- Realidade e Soños (107): Manolín recupera un dos seus primeiros programas coas poesias de Jose María Valverde, Pablo Neruda, Gustavo Adolfo Bécquer, Ditinio del Castillo e Ramón Cabanillas.
- Realidade e Soños (108): Unha nova viaxe pola Emigración forzosa con Manolín e os poetas Manuel Curros Henriquez, Xoán Xose Fernández Abella, Pablo Gar cía Casado, Antonio Gamoneda, Mario Benedetti, Angela Ballvey e Ricardo Molina, e a música do arxentino Facundo Cabral.
- Realidade e Soños (110): programa moi amoroso, cunha fermosa historia de Jordi Producciónes da man do seu neto, Abraham, temos poemas de auténtico amor de Luís Cernuda, Federico García Lorca e a música de Jennifer Russ.
- Realidade e Soños (111) : os poemas de Antonio Gamoneda, Mario Benedetti, Dulce María Lo ynaz, Vicente Aleixandre, Antonio Gala. E para pechar, unha sorpresa a modo de poema do propio Manuel Oliveira "Manolín". A canción é Julia, de Rocío Caamaño.
- Realidade e Soños (112), Cos poemas de Gamoneda, Cernuda e García Lorca, e a voz de Joaquín Lera.
- Realidade e Soños (113): O Realidade e Soños 113 chega en clave de Manifesto coa coincidencia do comezo dou Xuízo co Prestige 10 anos despois. Ademais do Manifesto de ideas persoais de Manolín á entrada, viviremos a loita de Rafael Alberti; a emigración da boca de Mario Benedetti; a sorte de Juan Antonio González Iglesias; a vinganza de Lois Pereiro; o canto do Coro dos escravos da ópera de Verdi; a humildade de Facundo Cabral; a soidade de Antonio Machado; o tempo de chorar de Celso Emilio Ferreiro; e o amor amando de Bécquer e Juan Ramón Jiménez.
- Realidade e Soños (114): a golpe electoral, Manolín trae o seu manifesto contra os políticos de hoxendí a, en prol da liberdade. Así tráenos aos poetas Rosalía de Castro e a penria da emigración; Miguel Hernández; a voz en loita de Jorge Cafrune; e Mario Benedetti.
- Realidade e Soños (115): Manolín fala con Federico García Lorca nunha fermosa poesía (en galego) e cunha declaración de amor pola n osa terra; fala, e moito, na terraza dun café-bar co mesmo Mario Benedetti; para seguir escoitando o poema sin voz de Xosé María Álvarez Blazquez e vendo a lus que alumea o camiño de Xosé María Díaz Castro.
- Realidade e Soños (116): Hoxe Manolín Oliveira, no Realidade e Soños, celebra o seu aniversario, E o fai á súa maneira, cunha versi ón poética do My Way de Frank Sinatra, co violínde Andre Rieu e a súa orquestra. Ademais, tráenos ao Mario Benedetti máis satírico cos seuzs Pitucos; a Pura Vázquez e a súa escuridade e soidade en "Noite". Iremos con Leopoldo Panero cóntanos os soños dun neno cos poemas "Con sal de mis huesos" e "Hablo como sin mi piel...". Ademais escoitaremos a música de Hilario Camacho co seu "Final de Viaje" e pechará con Ricardo de Molina e o seu amor polo mundo.
- Realidade e Soños (117): Hoxe Manolín, tras disfrutar da natureza no seu máximo esplendor no Cabo C, quedou tomar un café con Mario Benedetti falando da vida cotiá. Cando lle dixo adeus, Manolín sentiuse só, pero lembrou algúns poemas de Rosalía de Castro (en castelán), para seguir buscando refuxio para os seus pensamentos en Leopoldo Panero e Ángel González.
- Realidade e Soños (118): Manolín, separa o programa, coma case sempre, en dúas partes. A primeira, coa soidade e a tristura; A segunda, a forza que move o mundo: o amor. E para iso conta cos poetas Miguel D'ors, José Manuel Caballero (recén premio Cervantes), Francisco Brines e Antonio Carvajal.
- Realidade e Soños (119): Especial Celso Emilio Ferreiro.
- Realidade e Soños (120): Cos poetas en Pablo García Baena que nos falará dos soños poéticos con "Poética" e d as tentacións e arrepentimento sincero en "Tentación en el aire". Ademais estará José Hierro ca poesía "El Muerto". E Rosalía de Castro, que nos conta unha historia da esperanza soñada. Todo ademais co acompañamento musical dos Tamara e o tema "Mentras eu peno".

Boletín de novas (25-03-09)

NOTICIAS:

- O Pacto de Emprego denuncia a deficiente rede de Transporte público e a presión urbanística como as maiores lacras da bisbarra

- O Banco de Tempo de Cee xa ten as primeiras actividades en grupo

- Quedamos en Cee xa que o CIM de Cee abre o prazo para anotarse no Obradoiro de Autodefensa para Mulleres

- MOstra de Fotogradía pola Igualdade en Muxía

- A Deputación aporta unhas axudas para paliar a crise

DEPORTES

- Os clubes náuticos da Costa únense para convertir á Costa da Morte no referente no país

- Maratón de Fútbol Sala polo San Xurxo de Camariñas

- A III CARREIRA PEDESTRE DA COSTA DA MORTE PERCORRERÁ AS RÚAS DE CARBALLO O DÍA 19 DE ABRIL

Lembren, hoxe mércores poden escoitar o programa Volvoreta, ás 11:00 da mañá. Ás 14:00 estará Pili Allariz e o seu Canto Familiar. Xa pola noite, as 22:30 o prgrama de Javi Turnes, Pensar e Soar, onde a filosofía fúndese nun blues; e xusto despois, ás 11, os poemas de Manolín en Realidade e Soños. A partir das 12 da noite quedaran en compañía das mellores Músicas do Mundo.

20/3/09

Neria Deportiva


Unha hora de deporte á semana de todo o deporte da Costa da Morte. Media hora sobre os deportes con destacada participación da Costa, e outra media hora de análise das Ligas da Costa.


Ademais a Música Jalleja de Ajora está moi presente. Cada semana traemos un grupiño galego de hoxe.



Horario:

  • Venres 18:00 a 19:00 en Directo
  • Sábado das 11:00 ata as 12:00 en Diferido
Presentado por:
  • Xabi González
  • Ubaldo Cerqueiro
  • Darío Domínguez.
  • Óscar Santos.
PodCast:

12/3/09

Voltou O Ronsel á Radio Roncudo e radiONeria


Logo duns meses de parón invernal, o programa O Ronsel, que dirixo Óscar Rey Calo, volta ás ondas da Radio Roncudo e radiONeria. Será cada xoves ás 22:00 da noite, e cada sábado ás 12:00, en directo.


Esta semana estará no Ronsel o Presidente da Asociación de Veciños "Eduardo Pondal", José Manuel Ferreiro Chans e o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Corme, Manuel Cousillas.


Ferreiro fará un repaso polas demandas que a asociación poñerá sobre a mesa coa constitución do novo goberno da Xunta de Galicia. Como prioridade fundamental destaca "a volta dos médicos" (pediatra e segundo médico).


Por outra banda, Manuel Cousillas fala das últimas iniciativas da Confraría, tamén da Festa do Percebe, que según el "terá novidades en positivo nesta edición".

Boletín de novas

A actualidade da Costa da morte en 10 minutos no Boletín de novas para radiONeria e Radio Roncudo da man de quepasanacosta.com.

Horario:


  • De Luns a Venres ás 9:00, 10:00, 11:00 e 19:00 da tarde


  • Presentado por:
    • Javier Calaza.
    • Ubaldo Cerqueiro.
    • Iván Pereira.
    • Adrián Leira.
    • Marga Castro.
    • Aymara.
    PodCast:

    Boletín de novas (12-03-09)

    NOTICIAS:

    - Presentado o proxecto hostaleiro para Caneliñas

    - O paro supera as cifra dos 7.200 nos 14 concellos da Costa da Morte

    - Nieves Lema é cesada como concelleira en Vimianzo

    - Obras en Ameixenda

    - Case 100 persoas practican Ioga cos novos cursos de Cee

    - Vimianzo abre un novo programa de voluntariado ambiental

    - Novedosa campaña de condución eficiente en Ponteceso

    - Aprende galego en Fisterra

    CULTURA:

    - Modesto Fraga presenta o seu novo libro de poemas Mar de Ausencias

    - Rafael Lema, finalista do Premio Martín Sarmiento

    - A Deputación sensibiliza ambientalmente aos escolares a golpe de exposición

    DEPORTES:

    - Rematou a Liga e comeza a Copa nos Veteráns

    - Repaso da Liga de Colexios de Fútbol sala da Costa da Morte

    Lembramos que hoxe volve ás ondas o programa O Ronsel, logo duns meses de parón invernal. O programa de actualidade dirixido por Óscar Rey Calo contará coa presencia do Presidente da Asociación de Veciños "Eduardo Pondal", José Manuel Ferreiro Chans e do Patrón Maior da Confraría de Pescadores, Manuel Cousillas. Será a partir das 22:00 da noite. e a partir das 12danoite, o Bloque de música A son de cine,coas mellores bandas sonoras que o propio José Luis Louzán firmaría.

    11/3/09

    Boletín de novas (11-03-09)

    NOTICIAS:


    - O PSOE abre un expediente ao alcalde de Vimianzo

    - Comezaron as obras no porto de Corcubión

    - Lar forma profesionais en tempos de crise

    - Abre o Banco de Tempo de Cee

    - Abrese o prazo de inscripción para as prazas xuvenís dentro do programa Campaña Verán -2009

    - O presidente da Deputación inaugura unha exposición en Corcubión

    - Moito movemento en Salvaldelos

    DEPORTES:

    - Máis de 250 remeiros abriron a Liga de Bateis nas augas da ría de Corcubión

    - Novas vitorias do Clube Voleibol Dumbria

    - Continúan mellorando as embarcacións do Carrumeiro

    Xa saben, hoxe na radiONeria e Radio Roncudo poden escoitar ás 22:30 o programa de Javi Turnes, Pensar e Soar, unha mestura de blues e filosofía. De seguido, ás 11, a poesía de Manolín en Realidade e Soños, e a partir das 12 da noite, poden disfrutar do Bloque de Músicas do Mundo.

    Volve un gran programa a Radio Roncudo e RadiONeria

    Despois dunha pequena parétense volve un dos mellores programas da radio Cormelana e da radio de Corcubión.

    "O RONSEL" está dirixido por un gran amante da radio na costa, Oscar M. Rey Calo
    Entrevistas, información e participación son os contidos deste espazo radiofónico.

    Tes unha cita co RONSEL no 106.1 e no 107.8 do FM os Sábados de 12:00 a 14:00 en directo e a repetición os Xovés de 22:00 a 24:00 horas.

    9/3/09

    Entrevista a Gema Freire na RadiONeria

    Gema Freire: "Nesta vila mesturamos as churras coas merinas"

    Dende a radiONeria e o QPC aproveitamos para artellar 3 entrevistas cos políticos do concello de Corcubión. A entrevista partía con dous enfoques, un máis comarcal preguntando polas intencións do partido correspondente no que atinxe á Costa da Morte, e outra máis local, que ao final é o que máis nos interesa.

    Falamos de todo un pouco, repasando os detalles máis singulares da actualidade comarcal e corcubionesa, como o PXOM, o cine vello, Quenxe ou esa tensión que se respira na corporación municipal. Precisamente sobre este punto quixemos facer fincapé o equipo da radiONeria, tentando rebaixar eses rencores e enemistades históricas que aínda reinan na política corcubionesa, por máis que os propios políticos se esforcen en agochalo.

    Repasaremos as nosas impresións de cada entrevista un por un, e comezamos con Gema Freire, voceira do Partido Popular de Corcubión e presente nas listas para a Deputación da Coruña. Unha Gema Freire moi segura de si mesma, convencidísma do seu "presidente Feijóo", e cos ánimos non moi axitados. Antes de comezar a entrevista, Gema chega acompañada da súa irmá Rocío, falando galego, e cambia ao castelán, a súa lingua materna, cando comeza a entrevista para estar máis segura. Na entrevista participaron Adrián Leira, Xabier Calaza e Ubaldo Cerqueiro.

  • Entrevista a Gema Freire.


  • Escoitar Entrevista Gema Freire.
  • Entrevista ao alcalde de Corcubión na radiONeria

    Chisco: "Non hai rencor, hai intereses políticos"

    Recuperamos a entrevista realizada pola Radio Neria e o equipo de QPC ao alcalde corcubionés Francisco Lema, Chisco, co gallo das Eleccións Autonómicas do pasado 1 de marzo, cun resultado pouco positivo para o seu partido, o PSdG-PSOE. Obviamos a primeira parte da entrevista, que estaba enfocada ás mesmas eleccións, pero centramos este resumo na parte que atinxe ao concello de Corcubión, xa que hai moitas cousas que destacar.

    Un alcalde que estes días salta á voz pública para protestar polo traslado do Cuartel da Garda Civil, chegando a asegurar que dimitirá se se leva a cabo, e acusando ao ente estatal de "faltar ao respeto á entidade municipal". Pero son outras moitas cousas as que repasaremos da entrevista, desta volta realizada por Xabier Calaza e Ubaldo Cerqueiro.

  • Entrevista Francisco Lema, Chisco.


  • Escoitar Entrevista Chisco.
  • Boletín de novas (09-03-09)

    NOTICIAS:

    - Día da Muller

    - Máis reivindicacións de igualdade en Ponteceso

    - O Liño, o protagonista

    - O PSOE de Ponteceso quere a primeira “aldea inglesa” de Galicia

    - Monte d’Arxa propón a Fundación Eduardo Pondal como candidata ó Premio Bergantiñán do Ano

    - O BNG de Cee considera que o alcalde ten abandonado o Concello

    DEPORTES:

    - Resultados do fútbol da Costa

    6/3/09

    SUPER FREAK NIGHT SHOW




    Super Freak Night Show cada venres nos trae musica e frikadas a radio, presentado por DJ Alan e Jaky DJ, vaia par de sinverjuensas, nos entreteñen pinchando e dialogando sobre os mais diversos estilos de musica, e sempre dende un punto de vista bastante persoal.

    Horario:

    • Venres 22:00 ata as 24:00 en Directo.
    • Luns das 24:00 ata as 02:00 en Diferido.
    Presentado por:
    • DJ Alan
    • Jaky DJ
    PodCast:

    Terceira tempada:


    Segunda tempada:


    Primeira tempada:

    ESPECIAIS

    AVISO: UN FIN DE SEMANA SEN -- FORMULA NERIA --

    O próximo fin de semana, concretamente o Sábado 14 de Marzo as 5 da tarde non haberá o programa Formula Neria por problemas axenos a radio.

    O encargado do programa, Iván Pereira pide desculpas a todos os oíntes de Radio Roncudo e RadiONeria por esta ausencia e intentará estar con todos vos a semana do 21 de Marzo acercando toda a música Pop e Dance do momento.

    Non teremos Fórmula Neria pola tarde pero si poderemos escoitar unha nova edición do programa Hard Music as 10 da noite do Sábado.O dirixe Iván Pereira coa axuda na parte técnica de DJ Yako(Jacobo Garcia).

    Pedimos desculpas de novo a todos os oíntes.

    Sigan escoitando RadiONeria no 107.8 FM e Radio Roncudo no 106.1 FM.

    Boletín de novas (06-03-09)


    NOTICIAS:

    - A loita continúa

    - Denuncian a falta de seguridade laboral tralo suceso ocorrido en Malpica

    - A FECOM participa nun encontro con empresarios de todo o estado

    - Neria reflexiona sobre a crise

    - O Concello de Cabana organiza varios cursos

    - Moitas actividades polo Día da Muller

    DEPORTES:

    - Nuria, convocada coa selección galega

    - Volve o Huracán ás augas da Ría de Corcubión

    - Lembramos os partidos que se disputan esta fin de semana


    E recordamos a programación de hoxe na radiONeria e Radio Roncudo. Ás 16:00 teñén a cita semanal co deporte en Neria Deportiva. Xa pola tardiña, ás 21:00 chega Dj Rubén con Zona Dance, e xa ás 22:00, dús horas cun bo par de sinverjuensas en Super Freak Nights Show, un cita coa mellor música que poidas escoitar. Ao longo da noite, e para os amantes da caña, soará o Bloque de Música metalera.

    4/3/09

    Boletín de novas (05-03-09)


    NOTICIAS:

    - Dous traballadores caen ao mar en Malpica

    - Cambio no panorama das plantas acuícolas

    - Buserana e Millo Verde no Dia da Muller de Cee

    - Cambio no goberno e na xerencia do Hospital

    DEPORTES:


    - Volve o Huracán ás augas da Ría de Corcubión

    - Os sábados seguen cobrando protagonismo no fútbol da Costa

    Boletín de novas (04-03-09)



    NOTICIAS:

    - Amigos do Liño celebran o Ano das fibras naturais

    - A Cooperativa do Longueirón de Fisterra perde as subvencións para o seu proxecto en Corcubión

    - Muxía proxecta o documental "Redeiras" e fala de igualdade

    - Música e novas tecnoloxías mesturadas en Ponteceso

    - José Luis Fondo Aguiar daba por finalizado o obradoiro de estimulación cognitiva

    DEPORTES:


    - Comeza O Mar na Escola

    - Gran partido dos cadetes do voleibol Dumbria

    - Xornada axetreada no fútbol da Costa

    - E non queremos marchar sen instarvos a poñer a radio esta noite de mércores. Ás 22:30, Javi Turnes co seu Pensar e soar, onde o blues mestúrase coa filosofía. Cara ás 23:00, Manolín e a súa Realidade e soños, un programa de poesía con moito corazón. Ás 23:30 chega Inversión Infinita, un programa dos que merece a pena quedarse ata o último segundo. A partir das 12danoite, soará nas ondas da radiONeria o Bloque musical de Músicas do mundo.

    3/3/09

    Nace un novo programa en RadiONeria -- HARD MUSIC --


    Unha das novidades que presentamos neste mes de Marzo é un novo programa na noite dos sábados.

    Para comezar a marcha do sábado chega HARD MUSIC. Un programa no que podes escoitar cada semana unha sesión de música que comprende dende o progresive pasando polas cantadas, hard trance, hardstyle, makina, chassis ata o dance da época 00.

    Este programa está dirixido por Iván Pereira e conta coa axuda na parte técnica de Dj Yako (Jacobo Garcia).

    Xa sabes, para comezar a marcha dos sábados escoita en RadiONeria (107.8) e Radio Roncudo (106.1) desde as 10 da noite e ata as 11 e media o programa HARD MUSIC.

    Boletín de novas (03-03-09)


    NOTICIAS:

    - Xa hai grupo de pandereteiras en Corcubión

    - O Concello de Cee organiza un Certame poético, precisamente co gallo do Día da Muller

    - Nova edición do Programa Naturalmente Cabana con Tren Turísitico, DVD e cestería

    DEPORTES:


    - Cataventos achega o mar e a vela ás escolas da bisbarra

    - Machada do Balonmán Camariñas

    - Dúas medallas e o terceiro posto por equipos para o Clube Piragüismo Dumbría

    - O campionato de Judo enchíu o pavillón de Corme