27/9/21

"Os incurábeis" chega a Radio Neria


 Hoxe, da man de Radiofusión, comezamos emitir un podcast denominado "Os incurábeis", unha ficción de xénero negro, sobre o asasinato dunha muller na Coruña. Basease nunha novela de Antonio Tizón publicada por Edicións Xerais en outubro de 2020.

Consta de 86 capítulos de 10 minutos de duración cada ún. Arrincamos nas radios irnmmandadas da Costa da Morte ás 21.00h, no 107.8FM nas terras de Fisterra e no blog.

16/9/21

Este luns comeza a retransmisión do Crime da Orca Vella, da Escola de Teatro de Fisterra

 


Marta Lado

Este luns 20 de setembro, ás 21:00h, poderedes escoitar o primeiro capítulo de "O Crime da Orca Vella" nas ondas da radiONeria e Radio Roncudo. Tras varios meses de gravacións, a Escola de Teatro de Fisterra pode por fin presentar o seu traballo, que por mor da pandemia cambia o escenario polas ondas radiofónicas e de internet.

A obra está escrita e dirixida por Marta, o técnico de son é Óscar Rodríguez e a montaxe crreará a cargo de Diana R. Ramos.

Esperamos pois escoitar en breve ás Puri Insua, Ana Lourido, Sara Suárez, Lola Insua, Rosalía Mouzo, “A Chata” Castreje, Gema Insua, Amable Fernández, Modesta Insua e Fina Traba.

Óscar Rodríguez aos mandos técnicos