17/10/12

Aurora dos Camiños, o novo programa de entrevistas en radiONeria


Comeza esta fin de semana un novo programa en radiONeria... "Aurora dos camiños", un programa fundamentalmente de entrevistas, e música... Tralo micro estará Marta Rey, que chega directamente da Rectoral de San Martiño de Ozón que vén de recuperar a Cooperativa Albergue Auroras del Camino.

O programa soará os domingos de 12:00h a 13:00h e os mércores de 16:00h a 17:00h.

16/10/12

Volve Radio Roncudo


radiONeria e Radio Roncudo, as radios comunitarias da Costa da Morte


Boas novas para as emisoras de radio da Costa da Morte. Radio Roncudo despois de varios meses, volve emitir no 106.1 da FM. Sen dúbida unh gran nova para Corme e para toda a comarca de Bergantiños. E tamén para a comarca de Fisterra, pois a emisora libre comparte emisión coa radio municipal de Corcubión, a radiONeria.