Este domingo 17 de maio foi, como todos sabemos o Día das Letras Galegas. E non pasou en balde para os colaboradores da radiONeria. Foron dous programas especiais ao longo da fin de semana, que centraron no galego a súa temática.
O venres pola noite, a partir das 22:00h da noite, Dj Alan e mais Jaki Dj presentaron un especial do seu Super Freak Night Show dedicado á música en "jallejo". Jabon Blue (busquen polo "feisbú", hai ata un grupo creado para traelos á Costa da Morte), Lamatumbá, Festicultores, Loretta Martin... unha morea de bandas galegas de primeira calidade, como a música que presentan cada semana, que dende logo, é do mellor que se pode escoitar por moitas voltas que lle deas ao dial.
Saben que podedes escoitar o Bloque de "Música Jalleja Dajora" tódolos días de 8:00 a 10:00 da mañá, e de 15:00 a 16:00.
Especial poético
Xa o mesmo domingo 17 de maio, foi Manolín o que fixo á sua particular ofrenda poética á lingua galega. Coa axuda do seu neto Abraham, e os rapaces Saulo e David, leron varios poemas, dos que destacaban algún de Celso Emilio Ferreiro, entre outros.
Pero a cousa foi a máis e Manolín recitou un relato do terrible suceso o corrido hai case que 30 anos, precisamente un 17 de maio, un ano antes de que a Xunta determinase como festivo o Día das Letras Galegas. Ese día, Manolín sufría un accidente no que perdía a súa esquerda. Contouno en primeira persoa e en clave poética, verdadeiramente estremecedor.
Este mércores, no horario do programa de Manolín, Realidade e Soños (mércores ás 23:00), poderemos escoitar de novo o especial das Letras Galegas. Pero tamén podedes descargar e escoitar ambos programas, subidos dende o Blog da radiONeria:
Programas especias das Letras Galegas