27 mayo 2021

“O moucho voa” volve as ondas como Consultorio Filosófico


Nivelazo o que traen Miguel Vázquez Freire e compañía de novo as ondas das radios irmandadas da Costa da Morte. O programa sobre filosofía “O moucho voa” volve despois de varios meses de conversas comprometidas e profundas (tendes ata 28 programas feitos durante 2020) e faino con formato de Consultorio Filosófico.

Podedes enviar as vosas preguntas a radioneria@gmail.com ou comentando aquí mesmo ou na páxina de Facebook da radiONeria.

Este mércores arrincaba coa primeira emisión, e volverá cada mércores ás 20:30h. Aquí tendes a primeira entrega deste consultorio:


13 mayo 2021

A Escola de Teatro de Fisterra grava “O crime da Orca Vella” na radiONeria

 


Como nos gusta ver a radio en acción. Por iso, ao grupo de colaboradores da emisora municipal de Corcubión nos encanta ver como a Escola de Teatro de Fisterra está a utilizar a emisora para preparar a súa nova obra. Dirixidas pola premiada actriz Marta Lado o elenco de actores fisterráns preparan unha obra moi especial.

As circustancias da pandemia obrigan ao grupo a convertir “O crime da Orca Vella” nunha obra de teatro lido. E aí están aproveitando as instalacións municipais do seu veciño concello, e a colaboración intestimable dos colaboradores que manteñen viva a emisora, para disfrutar desta singular experiencia radiofónica.

A obra está escrita e dirixida por Marta, o técnico de son é Óscar Rodríguez e a montaxe crreará a cargo de Diana R. Ramos.

Esperamos pois escoitar en breve ás Puri Insua, Ana Lourido, Sara Suárez, Lola Insua, Rosalía Mouzo, “A Chata” Castreje, Gema Insua, Amable Fernández, Modesta Insua e Fina Traba.