26 abril 2011

radiONeria ON AIR

Tras case que 2 meses dende que aqule 1 de marzo a emisora municipal de Corcubión tivera que suspender as emisións dende o 107.8FM, a radiONeria volve facer vibrar as ondas do mar, e da FM.

Este mesmo martes 26 de abril de 2011 xa foi instalado e posto en marcha o novo emisor. Emisor que se instalou nos estudios centrais da radiONeria, situados no corazón de Corcubión. O Motivo é que a suposta ilegalidade (vixente dende 1995 e so agora denunciada) era o radioenlace que enviaba o sinal dende os estudios ata o Monte do Son.

Deste xeito, a emisión será agora de menor intensidade. Se antes as ondas da 107.8FM chegaban ata Dumbría, Carnota e Fisterra, agora o radio de acción da emisora municipal de Corcubión reducirase a Corcubión e parte de Cee.


A través da rede

Así e todo o blog da radiONeria segue emitindo en directo. Ademais os colaboradores e creadors dos programas, porémonos de novo en marcha, e seguiremos subindo os programas á rede.