25/2/09

Eleccións ó Parlamento galego en radiONeria e Radio Roncudo


As dúas emisoras da costa da morte xunto co equipo de Que pasa na Costa están traballando para informar das eleccións do próximo 1 de marzo.

As dúas radios ofrecen dende o Xoves as entrevistas realizadas ós voceiros dos partidos políticos do concello de Corcubión, Oscar Insua, Gema Freire e Francisco Lema.

Poderás escoitalos na radio:

Xoves mañá de (10:00 a 14:30):
- 10:00: Chisco
- 11:30: Gema
- 13:00: Oscar

Xoves noite: (20:00 a 0:30):
- 20:00: Gema
- 21:30: Óscar
- 23:00: Chisco

Venres mañá (10:00 a 14:30):
- 10:00: Óscar
- 11:30: Chisco
- 13:00: Gema

Venres tarde (17:00 a 21:30)
- 17:00: Gema
- 18:30: Óscar
- 20:00: Chisco

Escoita Radio Roncudo nas terras de Bergantiños (106.1) e radiONeria nas terras de fisterra (107.8)

Tamén as podes escoitar nos seguintes enlaces do blog:

  • Escoitar Entrevista Chisco.


  • Escoitar Entrevista Gema Freire.


  • Escoitar Entrevista Oscar Insua.
  • Boletín de novas (25-02-09)


    - "OS BANCOS DE TEMPO DA COSTA DA MORTE REUNIRANSE ESTA SEMANA PARA ABRIRSE UN ESPAZO NA WEB

    - "O Concello de POnteceso arranxará o carro varadoiro da localidade

    - "O Concello de Ponteceso instalará o Galinux nas aulas de informática municipais

    - "Mata marcha do San Lorenzo

    - "O Buño volta a casa

    19/2/09

    Volven as noticias o 107.8 e 106.1 da FM

    O equipo de noticias de radio roncudo e radiONeria volve das súas pequenas vacacións.

    O luns xa teremos de novo toda a información da costa da morte a través do 107.8 e 106.1 da fm.

    Esta información chega da mán do equipo de Que pasa na Costa.
    sendo uns dos encargados Ubaldo Cerqueiro xunto con Xavier Calaza que se encargan de informar durante a semana.
    Temos que nombrar o labor de Adrián Leira que se encarga de informarnos das novas do fin de semana e tamén Iván Pereira que leva toda a información o blog de radiONeria.

    Xa saben volve o boletín de novas de luns a venres as 9, 10, 11, e 19 horas.

    16/2/09

    ATENCIÓN A TODOS OS OÍNTES

    Saúdos dende RadiONeria e Radio Roncudo!!!

    Esta semana por descanso merecido non publicaremos o boletin diario de novas e tampouco poderase escoitar a través da radio.

    Pedimos disculpas a todos os oíntes. Volveremos despois do entroido coas pilas ben cargadas.

    Ata entón continúa a programación na radio da Costa da Morte.

    Escoita 107.8 (na comarca de Fisterra) e 106.1 (na comarca de Bergantiños).

    Saúdoss!!!

    11/2/09

    Boletin de novas (11-02-09)



    - Rosa Quintana reuniuse cos mariñeiros e mariscadoras de Corcubión

    - O BNG de Corcubión proporá que o mercado municipal se instale baixo o solar do cine

    - O PSdG de Ponteceso propón dixitalizar o PXOM

    - A fábrica de Cee de Ferroatlántica, pechada a medias

    - O TSXG pide máis información aos veciños de Merexo

    - Novo curso de Cociña cos Bancos de Tempo

    - Muxía organiza varios cursos de fotografía e informática para nenos

    - Baile de disfraces en Corme e Desfile de disfraces en Ponteceso

    - A Asociación Cultural Pedras Miúdas comezou o curso de pandeireta

    DEPORTES:

    - Os xuvenís da Esteirana proclamáronse campións de liga

    - Finalmente Agilda continuará no banco do Malpica ata final de temporada

    - Cursos para sacar o PER e o PNB en Corcubión
    Clube Marítimo Carrumeiro

    Lembramos que hoxe mércores é a noite máis produtiva da radio corcubionesa. A partir das 22:00 chega Lena Yuman con Música sen fronteiras, unha viaxe polas músicas do mundo. Ás 22:30, Javi Turnes co seu Pensar e soar, onde o blues mestúrase coa filosofía. Cara ás 23:00, Manolín e a súa Realidade e soños, un programa de poesía con moito corazón, e antes do Bloque musical de Músicas do mundo, Inversión Infinita, un programa dos que merece a pena quedarse ata o último segundo.

    10/2/09

    Boletin de novas (10-02-09)



    NOTICIAS:

    - A Costa da Morte tamén sofre a crise e a ve aumentado o paro.

    - Aprazada a visita institucional en Corcubión.

    - O Psdeg-Psoe de Ponteceso proporalle ao Alcalde que Ponteceso se adhira ao plan "Urbanismo en Red".

    - Continúa a loita en Seiruga.

    - Visitas políticas en Camelle.

    - Maria Amelia xa está no youtube.

    - Cabana tamén aprende de informática aos seus veciños.

    - Comeza o entroido en Corcubion.

    Deportes:

    - O Balonmán Camariñas gaña e xa mira de cara á salvación

    - As cadetes do Gesthirundo Costa da Morte gañan en Corcubión

    - Regular xornada para as nosas representantes do Fisober nas categorias nacionais

    8/2/09

    Os resultados do fútbol da Costa na Radio Neria


    Todos os domingos, ao remate da xornada, ás 20:30, chega o Acantilado Deportivo que dirixe Adrián Leira, onde repasa os resultados máis frescos das Ligas da Costa. Resultados, goles, entrevistas, clasificacións... todo coa colaboración do equipo de deportes de QPC.
    E os luns, repetición ás 14:30 na radiONeria e Radio Roncudo.

    6/2/09

    Volta Super Freak Night Show


    A noite do venres vén cargada. Ás 21:00 está Zona Dance con Dj Rubén e ás 22:00, un bo par de sinverjuensas, Dj Alan e Jaki Dj, co seu Super Freak Night Show. E lembren que a partir dasss 0:00, un pouco de caña co Bloque de Música Metal.

    2/2/09

    Super Freak Night Show pola rede


    Anden e escoiten nas súas casas e a calquera hora a este par de sinverjuensas. Aí soan Dj Alan e Jaki Dj coa mellor música que se poida escoitar na bisbarra, iso sen dúbida.
    O programa sae en directo cada venres ás 22:00, e agora xa o temos na rede. Un avance, porque en breve este blog contará cun novo sistema para escoitar a emisora por internet, algo realmente novedoso na Costa. Ademais, a partir da semana que vén poderemos escoitar tamén a repetición do programa SFNSos luns ás 0:00 da noite.
    Xa saben, pinchen e escoiten (hai tamén unha ligazón na columna da dereita debaixo do Boletín de novas):

    Boletín de novas (2-02-09)


    - O TSXG admite a trámite a denuncia da Pergoliña contra a piscifactoría da Xandriña
    - Os Bancos de Tempo avanzan e achéganse á rede.

    Cultura
    - Xa temos programa para o Entroido de Vimianzo
    Deportes
    - Xornada suspendida e o Patín Xunqueira que non dá debutado