10/12/14

Volve Funkmania

Despois duns anos sen poder contar con este clásico programa sobre a música smooth-jazz, regresa a nosa grella no mesmo horario no que se emitira dende os seus inicios. Todos os domingos (ao luns) dende a media noite. Estamos moi contentos de volver a contar con este espazo presentado por David Margam, seguramente, volverá a engancharvos á radio na noite dos domingos.

17/10/14

Nova aposta: O misterio chega a Radio Neria con “Encuentros”

Novo programa e nova temática en Radio Neria. 
Nunca emitiramos programas sobre parasicoloxía e temáticas realicionadas co misterio. 
Este venres comeza “Encuentros”, presentado por Yolanda García. Sesenta minutos con testemuñas e temas que te farán pegarte á radio!
Horario: A madrugada dos venres aos sábados, ás 00.00h.

24/9/14

Máis novidades na nosa programación. Música tradicional e música de sempre

Volve un programa xa coñecido na Radio.. Volve Foliada, presentado por Paco do Muxico. Un programa que fala sobre a música tradicional galega, sobre grupos dos pobos, das aldeas, da nosa terra.  
Emitirase os xoves de 21.00h a 21:30h.
Ademáis o mesmo Paco do Muxico presentará A Gramola, un espazo de trinta minutos no que se recopilarán, semanalmente, as mellores cancións dos sesenta e setenta.
Emitirase os xoves de 21:30h a 22.00h.

Ao noso xeito, novo programa de Radio Roncudo e Radio Neria

Novo contido na Radio presentado por Óscar de Souto e Manuel de Corme. Contidos literarios, entrevistas e actualidade cultural.

 Todos os vernes ás dez da noite e todos os sábados ás nove da mañá.

26/4/14

Fórmula Neria, O programa da música do momento

Naceu en Xullo do 2008 como un programa musical dunha hora de duración no cal se poñían as cancións do estilo Pop máis actual xunto con algunha mención o pasado. Estivo durante un ano emitíndose as 4 da tarde do sábado.

Xa no 2009 pasa a emitirse unha hora máis tarde, dende as 17h. Iván Pereira iniciaba unha nova tempada cun cambio de formato, novos estilos musicais, seccións e entrevistas. Fórmula Neria convertíase no programa das cancións dedicadas.

Na actualidade, o programa emítese os Vernes de 21 a 22h.

Fórmula Neria leva xa 5 tempadas en antena e cada vez son máis os ouvintes que se conectan para escoitalo. Un espazo de radio no que o importante é a persoa que está o outro lado da radio ou da rede xa que ten a oportunidade de dedicar cancións e mandar saúdos a través do teléfono 981746701 e a través das redes sociais.

Redes Sociais:

En tuenti podes agregalo como Formula Neria Radio.

No Facebook Formula Neria ten creada unha páxina oficial no que cada semana se colgan os programas emitidos e novedades musicais.

Tamén está en Twitter, o podes atopar como @Formulaneria.