10 diciembre 2020

Este Nadal máis espazos filosóficos con Miguel Vázquez Freire e María Bella

Despois da grata experiencia do verán na que poidemos comprobar que a filosofía está ao alcance de todos, a radio comunitaria volta para acoller os Encontros de Filosofía para Veraneantes V que este ano terán lugar no Nadal e que nos convocan a pensarmos na fenda da pandemia. Contaremos para ello cun bo número de invitadas e invitados activas no eido da filosofía. Presentan e coordinan a actividade Miguel Vázquez Freire e María Bella.

O 21 de Decembro as 17 horas e durante toda a semana a mesma hora, Encontros de Filosofía para Veraneantes V. Non os perdas!

Aquí vos deixamos a programación:

05 octubre 2020

“O moucho voa”, novo programa na radiONeria

Xa o puidemos escoitar no marco do Festival Artenauta. E por sorte, aquela semente botada na emisora municipal de Corcubión agroma e se convirte nun novo programa das radios irmandadas da Costa da Morte, a radiONeria e Radio Roncudo.

Falamos do mestre Miguel Vázquez Freire, que afianza a súa proposta das píldoras filosóficas no programa “O moucho voa” cada semana dende este mércores 7 de outubro, ás 20:30h.

“O moucho voa” será un programa de 10-15 minutos, e contará con voces singulares da comarca, que lle axudarán a poñer en escea situacións nas que a filosofía nos axuda a repensar. Ademais, terá na parte técnica, o apoio de Óscar Rey Calo e Iván Pereira, dous dos colaboradores que manteñen viva a emisora municipal de Corcubión.

10 agosto 2020

O Festival Artenauta comeza na radiONeria

 Este domingo comezaban as actividades do ambicioso Festival Artenauta. O Festival das Artes da Costa da Morte terá nesta fin de semana o seu gran momento, pero durante a semana poderemos ir degustando as primeiras pezas artísticas. Neste caso falamos de cápsulas radiofónicas que Miguel Vázquez Freire está deixando nas ondas da radiONeria, coa colaboración aos mandos de Óscar Rey Calo e Iván Pereira, dous dos colaboradores que manteñen viva a emisora municopal de Corcubión.

Son 10 minutos de pensamento sobre “o fermoso, o feo e o valioso na Arte”, emitidas en directo ás 20:00h dende este domingo 9 ata o vernes 14 de agosto, dando resposta a preguntas como a distinción en “a alta cultura da arte popular”; sobre “que hai de común entre o canto das Xaviñanas e unha cantata de Bach”; ou “por que un británico do século XIX gozaba da paisaxe do cabo Fisterra que os fisterráns nin sequera miraban?

Escoita os diferentes espazos:

Charla 1:

Charla 2:

Charla 3:

Charla 4:

Charla 5:

Charla 6:

Charla 7:


Novas relacionadas