Amosando publicacións coa etiqueta artenauta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta artenauta. Amosar todas as publicacións

01 xullo 2021

Radio Neria estará presente no Festival Artenauta da man de Miguel Vázquez Freire

 


Pintura e serigrafía ao vivo, obradoiros, documentais, danza, música, escultura ao aire libre, pintura, fotografía, teatro, poesía e outras actividades daranse cita na segunda edición do Festival Artenauta. E tamén radio! O Festival das Artes da Costa da Morte inclúe no seu programa un Espazo Sonoro da man de Miguel Vázquez Freire, creador do programa O Moucho Voa.

A cita, organizada por artistas e produtores culturais vencellados á vila de Corcubión, a través da Asociación Cultural Universidade Cromática das Virtudes, desenvolverase na vila de San Marcos esta fin de semana de 2, 3 4 de xullo, aínda que pode dicirse que comezou xa hai unhas semanas cunha serie de accións previas. 

Así, o venres, sábado e domingo entre as 18:00h e as 19:00 poderedes escoitar nas ondas do 107.8 da FM, e en Radio Roncudo, así como na rede, "Os sons de ninguén".


 
Xa están dispoñibles para escoitar as tres edicións. 

10 agosto 2020

O Festival Artenauta comeza na radiONeria

 Este domingo comezaban as actividades do ambicioso Festival Artenauta. O Festival das Artes da Costa da Morte terá nesta fin de semana o seu gran momento, pero durante a semana poderemos ir degustando as primeiras pezas artísticas. Neste caso falamos de cápsulas radiofónicas que Miguel Vázquez Freire está deixando nas ondas da radiONeria, coa colaboración aos mandos de Óscar Rey Calo e Iván Pereira, dous dos colaboradores que manteñen viva a emisora municopal de Corcubión.

Son 10 minutos de pensamento sobre “o fermoso, o feo e o valioso na Arte”, emitidas en directo ás 20:00h dende este domingo 9 ata o vernes 14 de agosto, dando resposta a preguntas como a distinción en “a alta cultura da arte popular”; sobre “que hai de común entre o canto das Xaviñanas e unha cantata de Bach”; ou “por que un británico do século XIX gozaba da paisaxe do cabo Fisterra que os fisterráns nin sequera miraban?

Escoita os diferentes espazos:

Charla 1:

Charla 2:

Charla 3:

Charla 4:

Charla 5:

Charla 6:

Charla 7:


Novas relacionadas