5/4/21

Hoxe non é onte!", o novo podcast para a mocidade dende a radiONeria

Paula Lorenzo e Antón Lestón na radiONeria

“Somos 3 colegas da mesma pandilla, e o podcast é coma se estivésemos falando nunha taberna”. Así nos presentan Antón Lestón, Paula Lorenzo e Nerea Díaz o novo podcast creado na comarca por “tres millenials que non teñen nin puta idea de nada”.

A iniciativa nace durante a última semana de restricións de hai un mes. “Sempre nos conectábamos para xogar, empezamos a falar sobre os podcast, e se nos ocorriu a idea de que hai moi poucos podcast feitos por e para xuventude. Ademais resulta curioso que dos 15 aos 30 anos a nosa xeración non consume este formato”, explica Lestón.

De aí nace a idea deste ”Hoxe non é onte” en ivoox (@hoxenonéontepodcast no Insta), un podcast sen guión, no que “falamos o que nos ronda a cabeza ese día, e seguro que ronda tamén polas cabezas de moitas rapazas. Preocupacións polo tema laboral, pola festa, a ansiedade…” 

Podes escoitar o programa nas dúas radios comunitarias da costa cada Venres as 20 horas.