24 junio 2009

Boletín de novas (24-06-09)

NOTICIAS:

- Volta a polémica en torno á suposta piscifactoría de Touriñán

- Comezaron as IV Xornadas de Pesca do Pindo

- Vimianzo comeza as Xornadas de Dinamización cunha charla sobre Gastronomía Histórica

- Xa está a venda a terceira edición de "Cogomelos de Galicia"

- Hoxe coñeceremos a resposta da Caixa Galicia aos veciños de Lira"

- Baio renovará as rúas comerciais coas axudas da Deputación

- O concello de Cee organiza un novo Obradoiro de creatividade para nenos

DEPORTES:

- Última semana para inscribirse no Maratón de Fútbol 7 de Vimianzo

- Vimianzo e Cabana preparan as súas asembleas para esta fin de semana

- A Asociación Xuvenil Cherinkas abre o prazo dunha nova edición do Roland Esgarros

E lembramos a programación de hoxe mércores. Ás 11:00, temos o programa Bolboreta. Ás dúas da tarde, chega Pili Allariz con O Canto Familiar. Xa pola noitiña, José Lemur presenta O Fantasma accidental, para os amantes da música ecléctiva. Máis tarde, ás 22:30, Javi Turnes e Pensar e Soar, e ás 23:00, unha nova entrega das poesías do noso poeta Manolín, en Realidade e Soños. Para ir durmir, o Bloque de Músicas do Mundo a partir das 12danoite.

12 junio 2009

Boletín de novas (12-06-09)

NOTICIAS:

- Presentado oficialmente O PROXECTO DE CONCELLOS SAUDABLES DE CABANA E ZAS PARA O 2009

- Mañá preséntase a “Escola-Obradoiro de Vela da Costa da Morte

- Laxe conta cunha nova Ruta de camiñada homologada

- A comisión organizadora do Mercado convoca unha reunión

AXENDA:

- Cine de Corme, Festas do Corpus en Brens, festa na Pereiriña, a festa do San Antonio de Xallas, Concerto de jazz en Vimianzo, Concerto de jazz en Vimianzo, Clausura das Escolas de Teatro de Ponteceso

DEPORTES:

- Comezan as semifinais da Copa

- O Unión Clube Cee busca talentos

Lembren, esta mesma mañá, ás 11:30 na Radio Roncudo, e ás 12:15 na radiONeria, a familia Aspadex pasa polas ondas. A tertulia será acerca das pasadas Eleccións Europeas, e estarán aquí Chicho, Jose e Junquera, acompañados coma sempre de Carina.
Máis tarde pola tarde, ás 16:00 a cita deportiva da semana: Neria Deportiva. Pola tardiña, ás 20:00 Brais co Estilo Libre repasa a actualidade do hiphop, e ás 22:00 da noite, DJ Alan e Jaki DJ presentan Super Freak Night Show.

11 junio 2009

A hora Aspadex debate sobre as Europeas


Este venres 12 de xuño de 2009, a familia de Aspadex achégase polas ondas da radiONeria e Radio Roncudo. O tema a debatir: as Eleccións Europeas do 7J.
Jose, Chicho e Junquera, chegaron acompañados da incombustible Carina, e non pararon de falar sobre Europa.
Xa saben, cada venres ás 11:30 no 106.1 do norte da bisbarra coa Radio Roncudo, e polo sur, nas Terras de Fisterra e Carnota, ás 12:30 no 107.8FM na radiONeria.
Ademais, podedes escoitar o seu programa pola rede. Aquí mesmo podedes descargar os seus programas:

Boletín de novas (11-06-09)

NOTICIAS:

- Monte d’Arxa recuperará a figura do regueifeiro de Cerqueda Celestino Álvarez tras máis de 25 anos do seu falecemento

- Curso de orientación laboral en Cee

- A comisión organizadora do Mercado convoca unha reunión

- Festas do Corpus en Brens

- E para a semana que vén Chegan as Festas de SAn Adrián a Corme

DEPORTES

- Martín Varela fai un novo dobrete con autoridade no Open Cidade de Oviedo

- O Manuela Rial volve proclamarse campión provincial de voleibol

- Os cativos de Zas participaron na festa do minibásquet de Santiago

- Xornada de cicloturismo por Dumbría

10 junio 2009

Boletin de novas (10-06-09)

NOTICIAS:

- O paro descende en 6 concellos da bisbarra

- O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pasou por Fisterra

- Moita espectación no pleno de Cee pola moción sobre a Base de Salvamento

- Cee xa que o Concello presenta cursos e programas sociais

- O encaixe de Camariñas une Galicia e Cataluña

- Zas e Cabana presentan os seus programas SaudableS

- Charla en Ponteceso sobre as axudas aos empresarios

E hoxe en radiONeria e Radio Roncudo, temos a oportunidade de escoitar os poemas de Manolín. Manolín traerá as súas creacións ao seu programa Realidade e Soños, que ten lugar cada mércores a partir das 11danoite.
Antes poderemos escoitar a música industrial do Fantasma Accidental, ás 9danoite con José Lemur. E tamén estará o programa de Javi Turnes, que mestura a filosofía co blues: Pensar e Soar, ás 22:30. Para rematar a noite, poden escoitar o Bloque de Músicas do Mundo.

09 junio 2009

Manolín trae os seus poemas á radiONeria


Estamos de noraboa en radiONeria e Radio Roncudo. O programa Realidade e Soños de Manolín, cada día cobra máis interese.


Se habituados estamos a escoitar as obras de Neruda, Benedetti, e unha morea de artistas consagrados, esta semana poderemos desfrutar os adentros do mesmo Manolín. O poeta corcubionés, traerá as súas poesías, editadas en varios libros no ano 2000.


Xa saben, o mércores ás 23:00 no 107.8 e 106.1 da FM. Pero tamén o poden escoitar directamente dende aquí:


Boletín de novas (09-05-09)

NOTICIAS:

- Novas protestas do PSdeG ante as últimas decisións da Xunta

- Polemica en torno ao Ensino no país

- Visita do Conselleiro de Medio Ambiente

- Os rapaces de Carnota len a súa Carta da Terra no pleno

E seguimos coas escolas xa que estes días hobeo moi Malas novas para Colexio de Quenxe de Corcubión

- Carnota Recetas mardelira

- Cursos de Prevención de Riscos Laborais en Corme

- Man e Eduardo Pondal lideran a Elección Histórica da Costa da Morte

DEPORTES:

- A vela instálase na ría de Camariñas

- Un verán cheo de actividades na Piscina de Cee

05 junio 2009

Boletin de novas (05-06-09)

NOTICIAS:

- O BNG continúa a súa campaña europea

- O Parlamento Galego debate sobre a recollida do "Argazo"

- Chegaron as 3 primeiras receitas ao Concurso de Mardelira

- O Clube de Surf Os Tombos limpou de novo a praia de Nemiña

AXENDA:

- Unha morea de actos e exposicións en Corcubion

- Cine de Corme

- 1ª Mostra de Teatro Escolar en Sardiñeiro

- Clausura das Escolas Deportivas de Cabana

- Títeres en Dumbría

DEPORTES:

- Nova xornada de fútbol da Costa

- O Carrumeiro fai de párroco

E lembramos a programación para hoxe: ás 12:15 volven os amigos de Aspadex de novo co karaoke de Eurovisión. Ás 16:00 a cita deportiva da semana con Neria Deportiva. Ás 20:00 tempo de rap e hiphop en Estilo Libre, con Brais. E a partir das 22:00 da noite, Dj Alan e Jaki Dj presentan Super freak Night Show, coa música máis clásica.
Xa saben, teñen máis información e poden escoitar os programas a través de internet, no blog da radiONeria, radioneria.blogspot.com