14 outubro 2026


 A Asociación Cultural Radio Neria e a Deputación da Coruña arrancan o programa "Contos entre xeracións"

Este mes de outubro arrancaou o programa "Contos entre Xeracións" levado a cabo pola Asociación Cultural Radio Neria en colaboración coa Deputación da Coruña, dentro do programa de subvencións a asociacións sen ánimo de lucro que pon en marcha a Deputación cada ano.
O programa estase a levar a cabo en sete centros de educación primaria da bisbarra, nos concellos de Corcubión, Cee, Fisterra, Muxía e Dumbría. Preto de douscentos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria paraticipan no proxecto que intenta poñer en contacto ás xeracións máis mozas coas máis vellas, tentando preservar a memoria, tradicións, xogos, celebracións e costumes dos nosos avós e avoas.
A finais deste 2026 emitiranse en Radio Neria tódolos pódcasts feitos polos distintos centros de ensino e serán subidos a plataformas para que poidan ser escoitados e descargados en calquera momento.
A Asociación Cultural Radio Neria inicia este novo programa como continuación do feito o ano pasado con tódolos centros de educación primaria da comarca ao que se lle sumaron este ano o Manuela Rial Mouzo de Cee e o Nosa Señora do Carme de Fisterra. 
Unha nova iniciativa para promover a comunicación entre xeraciónse a paixón pola radio na Costa da Morte.

17 xuño 2026


 

🎙️PREMIOS PARA RADIO NERIA NO II CONCURSO DE PODCAST DE EMUGA.
👉🏻Este sábado 13 de Xuño o alcalde de Corcubión estivo na entrega de premios do II Concurso de Podcast en Fene organizado por
EMUGA en colaboración coa Deputacion da Coruña.
🎙️Neste concurso, dous podcast da Radio Neria foron premiados en dúas categorías.
🏆BOOMERS A CONCIENCA, de Pablo Álvarez e Rebeca Ayala ,coma mellor podcast elexido polo xurado.
🏆FALAR SEN CANCELAS, por mellor Host (anfitrión), con Pepe Formoso ao micro, controis a cargo de Xosé Luís Louzán e do sintonía programa dun músico local co tema "Na costa un intre" de Fernando Fraga.
👏🏻Parabéns ás premiadas e premiados. Parabéns tamén e moitas grazas ás colaboradoras e colaboradores de Radio Neria, que de xeito voluntario fan que a nosa Radio Municipal siga viva. Talento local e de kilómetro cero.
📻Ao longo de décadas, Radio Neria foi contando o día a día de Corcubión e da bisbarra, dando voz ás asociacións, ás festas, á cultura, ao deporte como exemplo de que desde o local pódese innovar, adaptarse e seguir tendo futuro.
📻As radios municipais son proximidade, son participación e son territorio. Son espazos onde a xente se recoñece e onde moitas veces nacen conversas que doutro xeito non existirían.
🛜Agora, ademais, estamos vendo que formatos como o podcast abren novas oportunidades grazas ás novas tecnoloxías.