A Asociación Cultural Radio Neria e a Deputación da Coruña arrancan o programa "Contos entre xeracións"
Este mes de outubro arrancaou o programa "Contos entre Xeracións" levado a cabo pola Asociación Cultural Radio Neria en colaboración coa Deputación da Coruña, dentro do programa de subvencións a asociacións sen ánimo de lucro que pon en marcha a Deputación cada ano.
O programa estase a levar a cabo en sete centros de educación primaria da bisbarra, nos concellos de Corcubión, Cee, Fisterra, Muxía e Dumbría. Preto de douscentos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria paraticipan no proxecto que intenta poñer en contacto ás xeracións máis mozas coas máis vellas, tentando preservar a memoria, tradicións, xogos, celebracións e costumes dos nosos avós e avoas.
A finais deste 2026 emitiranse en Radio Neria tódolos pódcasts feitos polos distintos centros de ensino e serán subidos a plataformas para que poidan ser escoitados e descargados en calquera momento.
A Asociación Cultural Radio Neria inicia este novo programa como continuación do feito o ano pasado con tódolos centros de educación primaria da comarca ao que se lle sumaron este ano o Manuela Rial Mouzo de Cee e o Nosa Señora do Carme de Fisterra.
Unha nova iniciativa para promover a comunicación entre xeraciónse a paixón pola radio na Costa da Morte.

Ningún comentario:
Publicar un comentario