19 agosto 2013

A Radio Roncudo e radiONeria amplían programación co matinal de Radifusión

Continúan as radios irmandadas da Costa ampliando programación. E o fan desta volta ampliando a súa programación gracias á Radiofusión, Rede de Radios Municipais Galega. Así, desde hoxe, a radiONeria nas terras de Fisterra e Carnota, e a Radio Roncudo nas terras de Bergantiños, emiten o matinal "Arredor de nós".

Trátase dun programa matinal en galego (a Radiofusión forma parte da Asociación de Medios en Galego), que, durante 2 horas, nos contará o que pasa en Galicia e no mundo. De luns a vernes a partires das 9:00h da mañá no 107.8FM no sur da bisbarra e no 106.1FM en Bergantiños, e na rede dende radioneria.blogspot.com e en corme.net.

11 junio 2013

Radio Neria de novo ON AIR!


Case 6 meses sen emisión pero a radiONeria nunca morre. Os voluntarios da emisora municipal de Corcubión volveron solventar os problemas técnicos que deixaron apagadas as ondas da 107.8FM durante todo este tempo para volver con máis forza que nunca.
Ademais, a emisora estreará novos equipos tras unha subveción solicitada polo Concello. E dende xa, podedes escoitar a radio dende o 107.8FM en Corcubión, Cee e Carnota, ademais de a través da rede no www.radioneria.blogspot.com.

Así, o pasado sábado volvían os programas co Fórmula Neria de Iván Pereira.
Antes, o xoves, dende a radio irmandada cormelá Radio Roncudo, xa volvían as conexións en directo co "Ronsel" de Óscar Rey Calo, que ás 16:00h fai un repaso á actualidade costeira.

Agora xa podedes disfrutar dos bloques musicais que máis vos gustan na comarca de Fisterra e Carnota. A partir das 10:00h, éxitos dos 60 e 70 en "Mañás de Guateque". A eso das 12:00h, o boletín informativo de ADEGA "Cerna Diario" e para dar comezo ao bloque de pachangueo "Sesión Vermú".
Polas tardes ofrecémosche música máis actual, pensada para todas as idades. Dende as 16h, volvemos os 80-90 cos "Jrandes Exitos". A partir das 18h, escoita a música máis actual en "Fórmula Pop". Xa para rematar a tarde e dende as 20h, chega "A Hora Indie".

Desfrútao a través do 107.8 da Fm na parte sur da Costa da Morte (Corcubión, Cee e Carnota), tamén en www.radioneria.blogspot.com ou na aplicación de móbil TuneIn, búscanos como Radio Neria.

02 abril 2013

I Gala de Premios radiONeria


A emisora municipal de Corcubión, prepara xa a I Gala de Premios da radiONeria, para o venres 5 de abril no Salón de Actos da Casa da Cultura de Corcubión.
Será un acto que aglutinará a todas as forzas vivas de Corcubión.
Ás 21h00 serán os nomeados quen pasen pola alfombra vermella e, uns intres máis tarde, daremos comezo á tan esperada Gala que ademais de premiar aos mellores de cada categoría, estará chea de sorpresas.
Ao finalizar o acto, os gañadores poderán posar no photocall co seus premios para fotografiar o momento.

O venres 5 de abril, non podes faltar á I GALA DE PREMIOS DA RADIO NERIA, na Casa da Cultura de Corcubión ás 21h00

Nomeados aos Premios da radiONeria POR CATEGORÍAS:

- Premio Infantil Radio Neria:

    Escola de Vela Cataventos (Infantís)
    Escola de Fútbol Base de Corcubión
    Pequenos do Baile de Corcubión

- Premio Musical Radio Neria:

    Héctor Lera e dous Calquera
    Dolores Oliveira
    Coral Airiños de Quenxe

- Premio Radio Neria á Solidariedade:

    Aspadex
    Apem
    Cataventos Escola de Vela

- Premio Radio Neria á Mellor Asociación:

    Asociación Mercado Medieval Costa da Morte
    Asociación de Amigos do Porco Celta Costa da Morte
    Asociación de Empresarios de Corcubión (EmpreCor)

- Premio Radio Neria á Mellor Interpretación:

    "Terita"
    "Maribé"
    "Sagra"

- Premio Radio Neria ao Mellor Programa de Radio:

    "A Xantar" de Sagra Canosa e Irma Rodríguez
    "Realidade e Soños" de Manuel Oliveira, Manolín
    "Fórmula Neria" de Iván Pereira
  
- PREMIO RADIO NERIA "MÁIS DE 20 ANOS PRETO DE TI":

    TOÑO CASAIS
    MARCO ANTONIO SANDE
    FRAN HERMIDA
    PEPE FORMOSO