1/3/11

radiONeria pecha temporal as emisións a través da FM


Escoitar Comunicado do Peche temporal de emisión


Comunicado de Peche.
A emisora municipal de Corcubión pechou a emisión a través do 107.8FM este martes 1 de marzo de 2011. A emisora municipal de Corcubión non emitirá polas ondas temporalmente tras recibir o concello unha denuncia dende o Ministerio de Industria.

Ao parecer, o radioenlace entre os estudios da emisora e o repetidor do Monte do Son é ilegal. Ilegal dende o 1995, que foi cando se abriu a conexión co Son. O radioenlace era necesario xa que o concello, daquela dirixido polo BNG, e a propia emisora, dirixida por Pepe Formoso, instalaran un emisor dende os estudios, pero que facía interferencia coas antenas dos veciños dos arredores.

O Ministerio, ao parecer tras unha denuncia anónima, realizou o pasado mes de decembro unha inspección, trala cual formalizaron unha denuncia na que avisaban de que poden caer multas de ata 60.000€. As primeiras alegacións presentadas dende o concello foron denegadas e dende a comitiva municipal xa están preparando as segundas. Pero os asesores xurídicos aconsellan o parar a actividade, polo menos temporalmente, mentres haia un expediente aberto.

A realidade é que dende o Ministerio non ofrecen solucións a un problema, o legal, que atinxe a ducias de emisoras, privadas, libres ou municipais, de todo o país.

Polo de pronto, o equipo de colaboradores da radiONeria, así como a Asociación Radio Neria, vai seguir emitindo a través da rede, dende este blog e a través do Facebook da radiONeria.
Ao tempo, seguiremos traballando, man a man co concello, para intentar recuperar a normalidade o máis pronto posible.

Iso si, facémonos algunha pregunta tras todo isto:

- Cantas radios hai completamente legais no estado?
- Quen pode ter o suficiente interese no peche da radiONeria como para formalizar unha denuncia?

5 comentarios:

Rosaura dijo...

¡Animo! Seguro que vos vai moi ben por internet! Contade con todos nos!

Costadamorte dijo...

Liberdade de expresión...

Que corten os canais de telebasura, por exemplo...

http://2.bp.blogspot.com/_zvWp_geu7o4/SF-aEbOHYxI/AAAAAAAAAm0/5EeqMI3preQ/s400/Libertad+de+expresi%C3%B3n+1.bmp

Aida S.L. dijo...

Non deixemos que nos calen.Agora máis que nunca: RADIO NERIA É UN FALAR

Anónimo dijo...

Eu tamén me pregunto a quen lle interesa pecharlle a boca a bisbarra a través de radiONeria. Canta envexa e mala leite hai solta. Felicidades por un traballo ben feito amigos de radiONeria, seguiremos con vós.

Mariano E. dijo...

Estamos convosco para o que precisedes. Unha aperta e ánimo.

Mariano
Cuac Fm