9/3/11

Últimas novedades sobre a emisora municipal de Corcubión

Reunión entre o Concello e os coladoradores da emisora - Foto: Pablo J. Damonte

O Colectivo de Colaboradores da emisora municipal de Corcubión e membros da Asociación Radio Neria, continuamos en marcha para volver ás ondas. Xa saben que a radiONeria tivo que suspender as emisións a través do 107.8FM por mor dun expediente aberto dende o Ministerio de Industria. Un expediente pola situación de ilegalidade (dende 1995) do radioenlace, que envía as ondas dende os estudios da emisora no centro de Corcubión, ata o repetidor do Monte do Son.
Precisamente na eliminación desa conexión se basean as posibles solucións que barallan colaboradores e concello. E precisamente este pasado sábado mantiñan unha reunión os membros da emisora co Alcalde e o Teniente alcalde da vila de San Marcos. A idea é sacar adiante o expediente ademais de atopar unha solución viable e legal para volver emitir polas ondas.

Vía internet

A primeira solución que se prantexou é aproveitar a conexión wifi do Concello para salvar o radioenlace. A través dun sistema de streaming a solución podería ser viable.
Pero aquí surxe a dúbida: É obrigatorio que unha radio municipal emita dende o seu termo municipal?.
O caso é que o emisor do Monte do Son está en Cee e esa podería sera unha segunda irregularidade como lles informaron os técnicos ao Concello.
A través da colaboración do Grupo de Facebook creado para a ocasión TODOS CON RADIONERIA, rastreamos e ollamos que:
  • La ubicación de estas emisoras, incluyendo su correspondiente antena, se llevará a efecto dentro de su propio término municipal, con las características de potencia y altura efectiva fijadas para cada caso en este Real Decreto. Cualquier excepción a esta norma general habrá de ser objeto de la pertinente autorización por la Secretaría General de Comunicaciones.Deste xeito parece que dá a entender que por algunha causa medioambiental, e dun xeito particular, se poida agrupar unha serie de emisores nun punto. E esa podería ser a nosa situación.

Segunda solución: Emitir dende os estudios

Aló polo 1995 a radio municipal emitía dende os propios estudios da emisora. Pero as interferencias que producían nas televisións e radios dos veciños fixo imposible continuar deste modo. Foi aí cando se decidiu levar a emisión ao Monte do Son quedando pendente o proceso de legalización ata o día de hoxe.
Trala reunión mantida o pasado sábado 5 de marzo, o Concello xa se puxo en marcha para probar de novo a emitir dende os estudios centrais, situados na Avda. da Viña, nº8. A mércores 9 de marzo xa hai prantexados varios orzamentos de técnicos que poidan traer o emisor para os estudios e poñer a andar de novo as ondas da FM.
Iso si, cun radio de acción moito máis curto.

Un problema alleo á política

Iso si, compre que quede claro que a Asociación Radio Neria e o colectivo de colaboradores da emosira municipal de Corcubión é moi importante que a problemática non se utilice como arma política por ningunha das partes. E o dicimos máis por algún xornalista da zona que intenta máis agravar que solucionar a situación.
"Non queremos culpables, queremos solucións"

A radiONeria na prensa

1/3/11

radiONeria pecha temporal as emisións a través da FM


Escoitar Comunicado do Peche temporal de emisión


Comunicado de Peche.
A emisora municipal de Corcubión pechou a emisión a través do 107.8FM este martes 1 de marzo de 2011. A emisora municipal de Corcubión non emitirá polas ondas temporalmente tras recibir o concello unha denuncia dende o Ministerio de Industria.

Ao parecer, o radioenlace entre os estudios da emisora e o repetidor do Monte do Son é ilegal. Ilegal dende o 1995, que foi cando se abriu a conexión co Son. O radioenlace era necesario xa que o concello, daquela dirixido polo BNG, e a propia emisora, dirixida por Pepe Formoso, instalaran un emisor dende os estudios, pero que facía interferencia coas antenas dos veciños dos arredores.

O Ministerio, ao parecer tras unha denuncia anónima, realizou o pasado mes de decembro unha inspección, trala cual formalizaron unha denuncia na que avisaban de que poden caer multas de ata 60.000€. As primeiras alegacións presentadas dende o concello foron denegadas e dende a comitiva municipal xa están preparando as segundas. Pero os asesores xurídicos aconsellan o parar a actividade, polo menos temporalmente, mentres haia un expediente aberto.

A realidade é que dende o Ministerio non ofrecen solucións a un problema, o legal, que atinxe a ducias de emisoras, privadas, libres ou municipais, de todo o país.

Polo de pronto, o equipo de colaboradores da radiONeria, así como a Asociación Radio Neria, vai seguir emitindo a través da rede, dende este blog e a través do Facebook da radiONeria.
Ao tempo, seguiremos traballando, man a man co concello, para intentar recuperar a normalidade o máis pronto posible.

Iso si, facémonos algunha pregunta tras todo isto:

- Cantas radios hai completamente legais no estado?
- Quen pode ter o suficiente interese no peche da radiONeria como para formalizar unha denuncia?