29/1/09

Entrevista a Manolín na Radio Neria



O pasado venres 23 de xaneiro de 2009, os dous Manolíns, o adestrador e o presidente, pasaban polo programa Neria Deportiva para explicar na súa casa a decisión de dimitir como presidente para este xuño. Entre Óscar Santos e Darío Domínguez, colaboradores do programa e de QPC, sacaron o que Manolín ten máis dentro.
- Estes días levas avisando que estes tres anos vanse facendo pesados no equipo e para Xuño anunciase que hai eleccións, que hai de certo?
Si, seguramente na segunda semana de Xuño, posto que o 10 acaba a liga, e a ver si se van presentando as candidaturas porque, efectivamente decidín deixalo.

- Como presidente e como adestrador?
Deixo o equipo como presidente o adestrador non ten nada que ver, será cousa da directiva nova. Se non sigo aquí terei que emigrar, e se non hai equipo adestrarei ao meu neto, pero algo teño que facer.

- Pensas que haberá quen colla o equipo?
Non vai haber ningún problema, en Cee hai xente de sobra, e cualificada para coller o equipo, porque estas cousas pasaron sempre. A morte dun guerreiro non significa que non haxa quen colla a espada. Non vai haber ningún problema.

- O ano que colliches o equipo fuches o único que se presentou?
Si, foi algo moi rápido, había outras candidaturas pero ao final retiráronse, máis ben por descanso. Foi unha presidencia que comezou moi ben pero que esta acabando bastante mal, basicamente polas discrepancias entre adestrador e presidente.

- Explícanos iso?
Pois ben, o adestrador esta deixando facer demasiado ao presidente, que non esta a facer as cousas como é debido, ata hai pouco eran coincidentes en forma de pensar pero agora vense presos dunha situación non moi boa, por tanto e mellor marchar para poder ser algo máis libre.

- Cres que foi un erro coller os dous cargos nunha mesma persoa? Volverías a facelo nun futuro?
Moi difícil pois so podería ser iso no Cee, pero non foi ningún erro. Eu creo que tiña a dobre capacidade para facelo, aínda que tiven que tragar con cousas que como persoa non aceptaría. Eu son moi libre, e de feito a critica que mais me doeu foi a de que me dixeran que son un ditador e que outros podendo evitalo o consentiran. Manolín pode consentir que lle peguen, pero non que lle pregunten se lle gusta.

- A propósito do de ditador, Miguel Freire marchou por discrepancias pero sempre recoñeceu o democrático da directiva.
Efectivamente, incluso se chegaron a tomar decisións coas que eu non estaba de acordo e eu tiven as cousas moi claras desde o principio. Por certo, outra ousa, de Baio para ala teño moi boa consideración como adestrador e como persoa pero de Baio para aquí parece que a xente ten potestade para falar de Manolín persoa sen coñecer nada, se iso e democracia que veña deus e o vexa.

- Pode a nova directiva contar con Manolín como adestrador?
Por suposto, o Cee é o equipo dos meus soños pero é moi difícil levalo. Aparte foi onde máis paus levei, e iso que a historia do Cee non se pode escribir sen Manolín. Podo estar na picota de moitos equipos, pero negar que sempre estarei aí no Cee é negar a historia.

- O concello tivo algo que ver nesta decisión?
Foi un cúmulo de cousas, ningunha delas moi grave pero que merman, pois non se cumpriron certas promesas e tampouco se desculparon, nin se deron explicacións. De feito, parte da culpa de que non se fixera a homenaxe do 75 aniversario de Cee foi por esas promesas incumpridas. Entra aquí tamén o terreo deportivo, o social… todo. Trato sempre de ser fiel a min mesmo e son coma a Ave Fénix, se caio trato de levantarme. Houbo tamén problemas nas fichaxes, porque apenas adestramos… e se non adestras a veces non mereces xogar, e por isto mesmo a veces tamén me gustaría poñer a xogar máis a Jacobo, por exemplo.

- Nun hipotético caso de que descendera o Cee non che quedaría unha pequena conta pendente?
O momento non e nin bo nin malo pero teño que pensar un pouco en min. Hai xente que non esta de acordo co que fago. Agora xa sabe todo o mundo o que hai e síntome mellor así

- Xa no plano deportivo, como ves o equipo e cal e o obxectivo para o que resta de tempada?
O último que quero é que o Cee baixe e o meu compromiso é grande. Igual non nos dá tempo a xogar a Copa porque teñen que empezar as obras para pór céspede sintético no Novo Raíces e estar listo para a vindeira tempada, e o Cee xogará a copa fóra ou non a xogará. En canto ao equipo, a pesar da falta de entreno ten categoría suficiente para non baixar se se mostra esa actitude de compromiso, ese compromiso de adestrar que teñen Jacobo, Leo, Rafa, etc.

- Estes anos o Cee intentou volver a xente da casa: Pato, Berto, etc?
Dende o primeiro día a nosa directiva tentou volver a traer a todos: Iago, Tropi, etc. De feito de Tropi doeume que dixera que lle quedou unha espiña por non voltar ao Cee, pois tivo dous anos para pensalo, porque falei con el.

- Iso de que comezada a tempada a carta de liberdade non se dá a ninguén, que ten de certo?
Pois iso precisamente incumpriuse con Berto o ano que marchou, pero iso esta aprobado en xunta Directiva e recollido en acta, a non ser que sexa por causa de forza maior e non sexa para a mesma liga. Pero non se pode aceptar que sexa por outros motivos, non se lle puido dar a Josiño nin a Fran Pioto para non abrir un precedente. Intento ser sempre consecuente con todo o que fago e co que digo, e é algo que levo facendo toda a miña vida.

Lembren, poden escoitar ao 3º Manolín, ao máis puro, os mércores ás 23:00 na Radio Neria e Radio Roncudo.
Entrevista realizada no programa Neria Deportiva da Radio Neria, recollida por Darío Domínguez.

Boletín de novas (29-01-09)


- As adminstracións olvidan á única estación de buses da Costa da Morte
- Xa hai fondos para 7 dos 9 Grupos de Desenvolvemento Rurais da provincia da Coruña
- O concello de Corcubión comeza os traballos para recuperar o cine vello
- A Neria, expulsada do GAC
- Da necesidade de indentificar aos cans con microchip
- O Comité do Hospital protesta en Santiago
- O Valedor interesase polos eólicos de Muxía
- Tanto o BNG como o PSdG-PSOE de Ponteceso saen estes días á palestra criticando a labor do goberno popular de José Luis Fondo Aguiar.

Cultura
- Xa hai programa para o Entroido máis tradicional da Costa da Morte
- A Casa da Cultura de Vimianzo ten por fin programación

Máis información en Que pasa na Costa.
Escoitar o Boletín.

28/1/09

Boletín de novas (28-01-09)


- A ría de Corcubión deixará de ser zona "C"
- Os areais de Fisterra e Carnota, zona A
- A nova directiva a Asociación Pedramar do Pindo xa prepara o Entroido
- Mohamed Safa analiza o conflicto da franxa de Gaza nos Institutos de Cee

Deportes
- O Clube Piragüismo Dumbría non volve de baleiro de Portugal
- Boa xornada para os pichichis da Costa
- Partidos adiantados da vixésimoprimeira xornada das Ligas da Costa. O Corcubión-Malpica será o sábado 31 ás 16:30 no Novo Cubaleiro.

Lembramos que hoxe mércores é a noite máis produtiva da radio corcubionesa. A partir das 22:00 chega Lena Yuman con Música sen fronteiras, unha viaxe polas músicas do mundo. Ás 22:30, Javi Turnes co seu Pensar e soar, onde o blues mestúrase coa filosofía. Cara ás 23:00, Manolín e a súa Realidade e soños, un programa de poesía con moito corazón, e antes do Bloque musical de Músicas do mundo, Inversión Infinita, un programa dos que merece a pena quedarse ata o último segundo.

26/1/09

O Boletín da Radio Neria


Cada día, soa 4 veces o boletín de novas da Radio Neria e Radio Roncudo. Da man do diario dixital Que pasa na Costa, o boletín abre o día a base de información puntual e rápida, cun tono serio e a puntualidade que permite unha radio afeccionada. Son Xabier Calaza (na imaxe) e Ubaldo Cerqueiro os habituais responsables de facelo, coa axuda puntual de Adrián Leira.
Soa cada mañá ás 9:00, 10:00 e 11:00 e pecha lembrando o ocorrido ás 19:00 da tarde, lembren, no 106.1 no norte da bisbarra nas ondas da Roncudo, e no 107.8 nas ondas Neria.
Ademais, e como gran novidade, pódese escoitar pola rede. Cada día actualizase o boletín ao que podemos chegar dende dous puntos:
  • Corme.net (arriba a man esquerda hai un símbolo con "Boletín").

  • Blog da Radio Neria (na columna da dereita debaixo da imaxe do edificio da radio).

Boletín de novas (26-01-09)

- Atropellada en Malpica unha muller de 94 anos
- Cee e Corcubión quedan sen auga e sen información
- Marexada política en Ponteceso
O alcalde de Ponteceso califica de "nefasta" a lexislatura do bipartito para Corme
O voceiro do BNG en Ponteceso responde ao alcalde que non "desvie responsabilidades"
- Denuncia tras denuncia no Hopistal: O Comité avisa á Xerencia
- Vimianzo maquíllase
- Corcubión vai a TVG

Deportes
- Resultados do fútbol da Costa

25/1/09

No intro, a xuventude na radio



Os domingos, a partir das 12:00 da mañá temos o programa máis noviño da radio. Noviño porque os 3 rapaces que dirixen o programa non pasan dos 14 anos.
No intro é un deses programas que ben podería saír nos mesmos 40 principais.: entrevistas, unha lista de éxitos comercias, entrevistas pola rúa, chamadas con premio... entra todo con estes rapaces corcubioneses.

Ademais xa teñen blog propio: nointrorn.blogspot.com. Probade, probade, e xa veredes a canteira que hai por Corcubión.

Programas emitidos


- No Intro (15-06-10)

- No Intro(31-01-2010)

- No Intro(03-05-09)

- No Intro(24-05-09)

- No Intro(08-11-09)

- No Intro(20-12-09)

- No Intro(27-12-09)




ENTREVISTA A AINHOA OT2:

- Escoitar a entrevista


    23/1/09

    Super Freak Night Show: Vaia par de "sinverjuensas"



    O pasado venres nacía un novo programa na Radio Neria e Radio Roncudo. I é que a radio semella estar máis viva ca nunca e os de dentro están cada días máis involucrados e a xente dos arredores vai achegándose aos micros.
    Super Freak Night Chou é un programa que vén fraguándose dende hai tempo, xa que tanto DJ Alan coma Jaki DJ teñen unha longa carreira tralas ondas da Radio Neria.
    Levan tempo ocupado as Noites do Venres con música de calidade, repartida en dous programas, "Estilo libre" e "Conexión Rock". Mesturando ambas experiencia e ambas sabedorías musicais, nace este novo programa de moita calidade, para unha radio afeccionada como é a Neria.
    Fartos de estar atados aos estilos premeditados (non é que Estio libre estivera moi pechado) deciden botar a andar esta nova iniciativa. Un programa no que as risas se mesturan con verdadeira música de calidade, música de sempre, míticos imprescindibles, e míticos que quedan por descubrir con estes dous xenios do arte da corda e a tecla.
    Xa saben, os venres, logo de Zona Dance con DJ Rubén ás 21:00, chega "Super Frik Nai Chou", de 22:00 a 0:00. Sintonicen o 107.8 e o 106.1 e disfruten de boa música e dun bo par de "sinverjuensas".

    Boletín de novas (23-01-09)

    - Seiruga acode ao Valedor co apoio de Genaro Amigo
    - Liñas Alta Tensión de Vimianzo
    - Camarinas estrea web
    - A Xunta avanza na compra do helicóptero de Salvamento que terá a sede en Lires
    - Finaliza a época de caza e comezan a aparecer cadelos abandonados
    - Pechan as clases ante alerta laranxa

    Deportes


    - Dumbría e Fisterra, en cadro para esta xornada
    - Axenda da fin de semana.
    Xa saben, ás 16:00 Neria Deportiva, e pola noite en Radio Neria e Radio Roncudo as noites máxicas con Zona Dance ás 21:00 e Super Freak Night Show de 22:00 a 0:00

    21/1/09

    Boletín de novas (21-01-09)


    A Mancomunidade de Fisterra quere impulsar a Radio Neria e a Radio Fisterra.
    A mancomunidade de Fisterra, con José Manuel Traba como novo presidente, xuntábase o pasado luns e acordaba axuntar esforzos para revitalizar tanto a radio municipal de corcubión como a Radio Fisterra. Aquí estamos a Radio Neria e a Radio Roncudo para o que faga falta, pensando que a incorporación da Radio Fisterra aás ondas da Costa da Morte sería toda unha alegría.

    O xerente do Hospital responde ás críticas do Comité
    O Comité de Empresa do HVdX de Cee denunciaba onte á Dirección por non informarlles a tempo de varios asuntos de índole sindical. Francisco Pazos, xerente do Hospital, explicaba o retraso como un mero problema de exceso de traballo dos responsables de facer chegar dita información ao Comité. Pazos acusa ao Comité de ter "intencións dirixidas máis a complicar a labor da dirección que a exercer as funcións dun comité".

    Xornada de primeiras pedras
    Como nos gustan as primeiras pedras. Onte, martes 20 de xaneiro, María José Caride, conselleira de PTOPT, colocaba a primeira pedra para as obras de mellora da AC-433 que vai dende Laxe ata a conexión coa estrada Vimianzo-Camariñas. O proxecto de mellora foi deseñado tendo en conta tanto as características do tráfico que circula por esta estrada como os condicionantes urbanos e paisaxísticos da zona, unha zona moi accidentada.
    Caride quedou en Muxía, en compañía de Jacinto Parga, o presidente de Portos de Galicia, para asistir ao inicio das obras de construción das instalacións náutico-deportivas no porto de Muxía. A actuación, que acada un investimento de 2,6 millóns de euros, suporá dotar ao porto de Muxía dun total de 233 prazas de atraque.

    A Costa únese á Rede de Comercio Rural
    A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitaba onte a Casa Senra, na Picota, Mazaricos, o último establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego. Con esta medida a Consellería de Innovación e Industria pretende revitalizar o rural galego volvendo aos tempos do bar-tenda-ultramarinos de toda a vida. Desta volta os establecimentos veñen algo máis modernizados, engadindo todos aqueles produtos de primeira necesidade, produtos ecolóxicos e de Artesanía de Galicia así como facilitando o acceso ás novas tecnoloxías.
    Hoxe, Ana Rúa, visitará Casa Landeira, no lugar de Treos, Vimianzo.

    Xornada con asesores de Novas tecnoloxías en Vimianzo
    A Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías da Información e Comunicación organiza en Vimianzo unha Xornada sobre difusión e dinamización da sociedade da información no mundo rural. A cita terá lugar o 4 de marzo.

    Remata o Concurso de Anécdotas de Corcubion.com
    5.400 votos serviron para escoller "Solidariedade Galega" como a anécdota máis simpática do Concurso que organizaba a páxina corcubionesa. Eran 15 as presentadas pero nin a famosa chamada da nai inocente nin o listo ligón puideron con esta historia de loros e aduanas.

    Deportes

    Boa xornada para os pichichis da Costa
    Na 1ª Autonómica, o ceense Leo, co gol desta semana en Dumbría, xa sumaa 7 goles e manten aberta a loita co soneirán Vituco, que conta 9 no seu haber. Na Liga da Costa, o cormelán Iago segue de lider malia levar dúas semanas sen mollar, pero Sebas, do Xallas, achégase perigosamente. A 3ª foi a xornada máis goleadora da tempada: nada menos que 45 goles. O pichichi da Costa, incluindo as 3 categorías, é o xogador do Lira Manoliño, que volveu marcar e xa son 17. Cajulo, da Esteirana suma 16, e o dianteiro do Pereiriña, Miguel Poyo, 15.



    O Congelados Oso Polar vence ao Cambre
    Importante vitoria dos da Costa da Morte ante un rival directo na loita pola 4ª praza do grupo A da primeira división zonal.

    Camacho será finalmente o sucesor de Couso no banco do Xallas.
    O conxunto xalleiro quixo agradecer publicamente a labor de Couso, pero os resultados mandan. A directiva elixiu a Camacho por ser un home da casa e coñecer perfectamente a categoría e mais a plantilla.

    Lembramos que hoxe mércores é a noite máis produtiva da radio corcubionesa. A partir das 22:00 chega Lena Yuman con Música sen fronteiras, unha viaxe polas músicas do mundo. Ás 22:30, Javi Turnes co seu Pensar e soar, onde o blues mestúrase coa filosofía. Cara ás 23:00, Manolín e a súa Realidade e soños, un programa de poesía con moito corazón, e antes do Bloque musical de Músicas do mundo, Inversión Infinita, un programa dos que merece a pena quedarse ata o último segundo.
    Fonte e máis información
    quepasanacosta.com

    20/1/09

    Pili Allariz fala da cocaína no Canto familiar da Radio Neria


    Como todos os mércores, ás 14:00 da tarde é a hora á que Pili Allariz chega ás ondas da Radio Neria para traenos "O Canto familiar", un programa que trata de achegar os problemas sociais e familiares máis típicos á toda a bisbarra, co afán de desmitificar os problemas dos que, ás veces, non se fala
    Pili Allariz, traballadora na Asociación Neria, falará do consumo de cocaína na Costa da Morte, a droga ilegal da que máis se abusa en toda Europa, pode detrás do cannabis. Acaba con falsos mitos, como ese que di que a cocaína non é adictiva, e informa de todos os problemas de saúde que xera o consumo continuado desta droga dura.


    A noite de mércores coa Radio Neira
    Ademais, hoxe mércores é a noite máis produtiva da radio corcubionesa. A partir das 22:00 chega Lena Yuman con Música sen fronteiras, unha viaxe polas músicas do mundo.
    Ás 22:30, Javi Turnes co seu Pensar e soar, onde o blues mestúrase coa filosofía.
    Cara ás 23:00, Manolín e a súa Realidade e soños, un programa de poesía con moito corazón, e antes do Bloque de Músicas do mundo, Inversión Infinita, un programa dos que merece a pena quedarse ata o último segundo.
    Por certo, non olvidedes escoitar o Boletín de novas diario:

    19/1/09

    Boletín do 20-01-09


    O faro de Touriñán pasa 17 horas apagado

    A noite do pasado domingo estivo escura de máis en Touriñán. O faro do punto máis occidental da Europa continental sufríu un erro electrónico que o deixaba sen funcionar unha noite enteira. A avería rexistrouse o domingo canda o solpor, e non foi ata ás 10:00 da mañá do luns cando a Autoridade Portuaria da Coruña informaba aos técnicos do Faro de Fisterra da avería. O faro foi arranxado finalmente ás 12:00 da mañá.

    Aumenta o uso do Noitebús na Costa da Morte

    Sobre todo, as liñas que achegan á mocidade á festa de Ponteceso e Santa Comba aumentaron considerablemente o número de usuarios no mes de decembro con respecto ao ano anterior. No cómputo global do país, triplicáronse os usuarios.

    Pleno expreso en Corcubión

    Corcubión vivíu un pleno que tardará en repetirse. En tan só 5 minutos pechouse unha sesión extraordinaria, convocada polo BNG, á que non asistiron os membros do partido liderado por Óscar Insua.
    O BNG propuña na moción a "inclusión" da obra de recuperación do Asilo Emilio Alonso como Centro de Día. A alcaldía redactaba na orde do día que se ía proceder ao "debate sobre a inclusión" da obra. O BNG, en desacordo con esta redacción, non se presentou.

    Aumenta o paro na Costa

    A caída da industria e a construción provocan un serio aumento do paro na bisbarra, segundo indica un informe da UPD "Pacto territorial de emprego da Costa da Morte". Xa son máis de 11.000 persoas as que procuran emprego na bisbarra.

    O Comité Hospital denuncia á Dirección por non informar aos traballadores

    O Comité explica a denuncia por non seren informados das novidades do cadro de persoal aprobado no Hospital e por continuar cunha política de pouca transparencia.

    O Concello de Camariñas salva os canóns do Castelo do Soberano

    E así llo agradece o grupo ecoloxista PX, quen presentara unha proposta para salvalos que finalemente levou a cabo o concello camariñán.

    Camariñas organiza un curso de cociña para homes

    A área de Igualdade do concello de Camariñas comeza a principios do mes de febreiro cun curso de cociña para homes, que trata de fomentar a igualdade nas tarefas domésticas entre xéneros. Os ineteresados poden acodir á Casa de Pedra ou chamar aos 981 737 004 .

    Visitas institucionais

    A directora Xeral de Comercio visita a Casa Senra, na Picota, Mazaricos. Trátase do clásico bar-tenda-ultramarinos de toda a vida que a Consellería de Innovación e Industriaquere recuperar para revitalizar o rural galego.
    A conselleira de Política Territorial, María José Caride, preside hoxe a colocación da primeira pedra da reforma da estrada Ponte do Porto-Laxe (AC-433).
    Ademais visita Muxía xunto ao presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, para presidir a colocación da primeira pedra das instalacións náutico-deportivas do porto de Muxía.

    Corme terá gas canalizado e R

    Corme avanza nas obras do gas canalizado. As previsión apuntan que en dous meses, Corme contará xa con gas canalizado, unhas obras que agarda agora a capital municipal. Ademais, Comerciais do operador galego de Telecomunciacións R pasou por Corme para tantear o mercado.

    Ponteceso defende o seu portal web das críticas do PSOE

    Unha das poucas páxinas municipais que conta con Servizo de atención ao cidadán,creada en marzo de 2008 e basado en software libre, non é suficente para convencer ao PSOE pontecesán de que Ponteceso conta cunha das webs máis activas da Costa.

    Hoxe, martes, cita na TVG

    As cantareiras da Raigañas participarán esta noite no programa Alalá da Televisión de Galicia a partir das 21:45.

    Deportes

    O Clube Patín Xunqueira de Cee clasifícase para o play-off galego

    Logo de gañar ao Santa María do Mar da Coruña, os de Manolo Calo dan un paso máis para o sector do Campionato de España.

    Derrota do Bodegón tras 2 garrafais minutos finais en Sarria

    Todo o encontro gañando para botalo por terra nos últimos 2 minutos e medio. Os de Juan Jesús quedan queda de 6º nesta 1ªB

    O Agencia AM cae ante o Estudiantes

    Os Estudiantes de Lugo pasaron por Baio e levaron a vitoria por 80-85.

    As pequenas do Fisober arrasan

    Non xogaban as maiores pero tanto as cadetes como as infantís arrasaron ante o Portosín e a Esteirana.
    Pola súa parte, o Orzán de Sara Vázquez e Barca Toba empataba a 2 goles co equipo zamorano Amigos del Duero. As da Costa da morte xogaban os 90 minutos de partido.

    Doble derrota dos equipos de pinpon de Vimianzo

    Nin Anorthosis nin Angepon puideron cos seuis respectivos rivais esta fin de semana. Foron moitos os afeccionados que se pasaron polo ximnasio de Zas para ver de preto a Valeri Malov, un dos mellores xogadores de tenis de mesa dos últimos anos.

    O Balonmán Camariñas sofre a segunda derrota na liguiña de descenso

    2 de 2 para os de Toni García, logo da derrota por 26-18 ante o Agnusdei de Meaño. Moito terán que mellorar os palilleiros se non queren descender á 2ª autonómica.

    Os resultados provocan a saída de Couso do Xallas

    Camacho será previsiblemente o relevo de Couso no banquiño xalleiro.

    18/1/09

    Os Baking Blues graban na Radio Neria


    A pasada noite do sábado 16 de xaneiro de 2009 os estudios da Radio Neria acolleron unha das xa chamadas Noites Piratas. Os membros da banda compostelá Baking blues ensaiaron, grabaron e ata tocaron en directo acompañando a retransmisión con charlas sobre os temas, uns versionados e outros propios.


    Eles son o propio Tato á guittara e na creación das melodías, Fran á batería, David ao baixo e Javi Turnes á guitarra e ás voces. Todos eles veñen da zona de Santiago sendo Javi Turnes o núcleo que tanto os trae á Costa da Morte. O profesor de filosofía do IES Fernando Blanco de Cee achega aos seus compañeiros para tocar nas Nights of blues and friends at the Rodín, unhas noites de concertos moi especiais, nas que cada mes, ademais de Baking Blues, soe tocar unha banda corcubionesa en proceso de construción, os Half Butano.


    Agardemos telos de novo canto antes, que noites e xentes coma esta danlle moita vida á Radio Neria e á Costa da Morte.

    16/1/09

    Diego Lobelos pasou por Neria Deportiva


    O programa deportivo da Radio Neria e da Radio Roncudo tivo este venres 16 de xaneiro de 2009 unha visita especial. Diego Lobelos acaba de deixar o equipo de xuvenís do Fisterra e veu ata aquí para comentar as razóns que o meten fóra do clube do seu corazón.
    Pero sobre todo falouse de fútbol, e de fútbol base. Coa colaboración dos habituais no programa, Darío Domínguez e Óscar Santos (vémolos de esquerda a dereita con Diego de branco), a hora pasou voando analizando como tratamos na nosa bisbarra aos nosos pequenos futbolistas.
    Ademais de fútbol, falamos con Helena López, xogadora fisterrá do Gesthirundo Costa da Morte que participaba no Campionato de España de Baloncesto en categoría cadete. O equipo de Helena quedou de 4º, a mellor dos posición dos nosos representantes, pero o máis importante é que o pasou de medo. "Non quería voltar, foron moitas experiencias", contábanos Helena.
    Manolo Calo tamén pasou polas ondas falando dese Clube Patín Xunqueira de Cee que está a piques de clasificarse para o play-off galego.
    Neria Deportiva soa os venres de 16:00 a 17:00 e os sábados de 10:00 a 11:00.
    Máis información
    www.quepasanacosta.com

    Boletín de novas (16-01-09)



    - Comezamos en Corcubión. Como ben sendo habitual, a polémica salta entre os grupos de goberno.. O BNG vén de facer unha proposta para incluir a recuperacioón do Antigo Asilo Emilio Alonso como Centro de Día utilizando os Fondos de Zapatero. Esta petición non foi, en principio, atendida polo goberno local. O alcalde asegura que o centro tamén é unha prioridade para o PSOE pero que deberá agardar a outras partidas, xa que non poden ser presentados proxectos que xa se presentaran a outras administracións. Os dous grupos pensan de xeito moi semellante, polo que a conclusión que sacamos e que continúan influindo asuntos persoais na vida política do concello.
    - Sen marchar de Corubiuón, o concello informa que comezaron os labores de remodelación do lavadoiro do Vilar de Corcubión. O concello pensa na mellora estética e operativa desta infaestrutura pública tradicional. Eliminarase elementos de cemento para seren substituidos por materiais nobres e característicos do País como a madeira e o granito.O orzamento de execución das obras ronda os 20.000 € e segundo as previsións do Concello de Corcubión, no prazo dun mes deberán estar finalizadas.

    - A Confraría de Lira gaña un novo premio
    : O Proxecto de Turismo Mariñeiro "mardelira" foi premiado como "A mellor oferta turística complementaria" pola contribución á dinamización do entorno social da comarca. Porque nos poñemos a copialos dende toda a costa-


    - Pleno en Malpica: os cartos do Fondo Estatal de Investimento Local empregaranse nunha piscina climatizada, spa e ximnasio, segundo aprobaron no pleno de onte con bastante de polémica.
    - Malpica emprega os fondos do GRD nun salón social e restaurante: . O proxecto Piloto Parque Marítimo Terrestre Selaguía que se levará a cabo na zona de Beo, precisará de 200.000 euros de capital público e 244.000 de capital privado, e tenta recuperar aldea rural en Beo para destinar a salón social, restaurante, exposición etnografica, agraria e artesania. Ademais e, cunha partida moito máis pequena, contémplase a Recuperación do Castro de Entretorres

    - Ficamos cos Fondos Europeos que xestiona o GDR: Cabana construirá un lago artificial en Nantón, nunha vella canteira abanadonada, e unha piscina na Enseada da Insua, xunto a outros edifcicios municipais. Ademais hai un proxecto para a construción dun albergue xuvenil nas escolas de A Carballa.
    Pola súa parte Ponteceso empreagará os seus cartos na recuperación do entorno natural do río Anllóns na zona entre a Ponte Dona e a Saimía.

    - A Sicar ofrece un proxecto de vivendas e multiusos nos vellos estaleiros de Cee. O proxecto incluiría unha zona de vivendas con ata 20 edificios deixando unha parcela para o devandito pavillón multiusos.
    Afortunadamente nin o proxecto urbanístico no monte San Pedro Martir de Cee que inclúe o campo de golf, nin o do balneario na zona de Caneliñas semellan avanzar.

    - Tan só o concello de Vimianzo non propón a Marisol Soneira como representante na Costa da Morte para as listas do PSdG-PSOE no Parlamento Galego

    - Vimianzo comparte o seu tempo. O Banco de Tempo do Concello de Vimianzo continúa funcionando dende decembro. Unha das primeiras accións foi levada a cabo por Laura Castiñeira Vilariño, a Axente de Tempo do Concello, levando a informática polas asociacións vimiancesas. As“As Nemanquiñas” ou a Asociación de Amas de Casa foron as alumnas.

    - Josefa cumpre 105 anos. O Concello de Ponteceso homenaxeará mañá venres 16 de xaneiro a centenaria Josefa Canto Martínez. Josefa cumpre mañá 105 anos e é a persoa de maior idade do noso termo municipal. O acto de homenaxe será ás 16:30h no domicilio de Teresa Canto Martínez na parroquia de Corme-Aldea.


    - A Orquestra Panorama gaña o Concurso da Mellor Orquestra da Costa da Morte que organiza anosacosta.com. É o cuarto ano consecutivo que gaña o concurso. Xa se sabe cales son os nosos favoritos.

    Deportes
    - César do Cabo non fichara finalmente polo Dumbría. A falta de tempo botou atráss ao futbolista fisterrán, que xa estaba case decidido a fichar pero a familia fixolle poñer os pes da terra e reconsiderar a decisión. César seguirá adestrando e o que teña que vir virá.

    - 12 partidos de sanción para Piru, xogador do Muros B.

    Fonte e máis información
    www.quepasanacosta.com

    14/1/09

    Boletín da Radio Neria e Radio Roncudo (15-01-09)


    Comezaremos a publicar tamén neste blog os boletín de novas que cada día soan no 107.8 e 106.1 ás 9:00, 10:00, 11:00 e 19:00. Día tras días traeremos un resumo das novas máis interesantes da man de www.quepasanacosta.com.
    - Saímos dende Corcubión: O BNG presentaba hai unhas semanas unha proposta para a realización dun pleno extraordinairo sobre a creación, Centro día no ANTIGO ASILO EMILIO ALONSO. A obra realizaríase cos cartos do Fondo Estatal. Hoxe, o voceiro do BNG, Oscar Insua, sae hoxe á voz pública para denunciar que o alcalde non quere mini-residencia, e que aínda non convocou o devandito pleno. Pola súa parte, Chisco asegura que o Centro de Día será unha prioridade para o concello, pero non cos cartos do Fondo Estatal de Investivestimento Local, cos que xa ten prantexados varios proxectos. Todos queremos o mesmo, así que a ver se remamos cara o mesmo sentido.

    - Rede wifi para Corcubión: Ficamos no Fondo Estatal de Investivemento Local de Corubión, e repasamos os novos proxectos que presentará o goberno municipal antes do 24 de xaneiro. O concello instalará unha Rede wifi en todo o concello. Ademais procederase ao arranxo de rúas fora do casco histórico; o aranxo de beirarras e barandas no paseo marítimo, e o axardinameto e enbelecemento do núcleo urbano, para manter o distintivo de Concello turístico do que presume a vila de San Marcos.

    - Os traballadores da Ferroatlántica tremen. A crise chega á Costa e a empresa que máis postos de traballo xera está a piques de declarar un Expedente de Regulamento de emprego. Máis de 250 traballadores corren perigo e 95 xa foron despedidos nos últimos meses. O mercado dictaminará.

    - A operación Tabaiba non para. Xa hai dous detidos. Ademais do muxián Andrés G.G., do que se pensa como xefe do clan dos Lulús, onte a policía detía a outro home de Cambados. Ambos pasaron polo xulgado da vila pontevedresa. Medios de todo o mundo seguen a operación, que traía 4.000 kilos de cocaína procedente de Venezuela con destino Madrid.

    - O monte de Millera volve a mans dos veciños de Carantoña: logo dun tenso pleno convocado polo BNG, aprobouse a descatalogación pública do monte libre de cargas económicas para que volva a mans dos veciños de Carantoña, que levan décadas solicitando.

    - O Banco de Terras de Galicia acaba de incluir a comarca de Bergantiños nas zonas prioritarias de intererese agrario: O Bantegal, dependente da Consellería de Medio Rural, pretende recuperar terras improdutivas para cederllas legalmente a agricultures co mentes en sacar un mellor aproveitamento dos terreos. A comarca de Xallas, que inclúe os concellos de Mazaricos e Santa Comba, e varias parcelas de concellos como Laxe, Dumbría, Cabana, Muxía, Ponteceso ou Zas xa forman parte do Bantegal.

    - A Costa divídese para Fitur: A bisbarra contará con doble e dividida presencia na Feira Internacionala de Turismo que se celebrará en Madrid a finais de mes. O Consorcio con APTCM e Turgalicia particparán por unha parte; e Neria irá polo seu lado.

    - Charla de mulleres ne Muxía: O proximo venres, 16 de Xaneiro, ás 7 da tarde da tarde terá lugar a sesión mensual da Tertulia de Mulleres que dende hai un ano ven organizando a Concellería de Servizos Sociais de Muxía. o obxectivo destas tertulias é facer un labor divulgativo e formativo en torno a temas que afectan á muller. Neste caso, mirando pola mellora da autoestima, programóuse a sesión “ORIENTACIÓN CARA Á AUTO MAQUILLAXE” na que as mulleres asistentes aprenderán trucos de maquillaxe para arreglarse e sentirse mellor consigo mesmas. A sesión corre a cargo da maquilladora muxía Kelen Toba

    - Buceo Finisterre: A cuarta edición, Premios Galicia Submarina, organizados pola Revista Espacio Submarino coa colaboración de Caixanova e Deporte Galego vén de premiar á empresa fisterrá á mellor páxina web. Pasen e boten un ollo en www.buceofinisterre.com

    Fonte e máis información


    11/1/09

    Voltan as vellas glorias á radio


    Continúa crecendo o matrimonio entre Radio Neria e Radio Roncudo. Malia cantidade de problemas de conexión entre ambas radios provocados pola baixa calidade da internet, ambas radios continúan aumentando en programación.


    Sen ir máis lonxe, esta semana nace un novo programa dende os estudios de Corcubión. José Luis Louzán, anímase a voltar a uns estudios que xa coñece como a palma da súa man. Louzán participara varios anos na radio municipal, anos nos que a comunidade da radio era ampla e diversa, cunha repercusión realmente importante na zona.


    Agora volta con BSO, un programa de bandas sonoras que sairá este luns 12 de xaneiro de 2009 ás 23:00, xusto despois do Embigo do fin do mundo, que dirixe Suso Lista, dende Corme. Aí é nada para a noite do luns.


    Boletín e máis programas


    Pero non quedan aí as novidades. O boletín da Radio Neria e Radio Roncudo volta para quedarse. Coa axuda de QPC, cada día da semana ás 9:00, 10:00, 11:00 e 19:00, 10 minutos de información local e comarcal.


    Ademais, hai outro programa no berce. Desta volta será de música tradicional, e se emitirá ás 15:00 un día de semana aínda sen confirmar. Xa vos iremos informando.

    8/1/09

    High School Fisterra`s Musical


    A Costa da Morte xa ten musical. Un musical deses que racha por onde pasa, e está de moda entre a xuventude de bo parte do mundo desenvolvido. Este venres 19 de decembro de 2008, Fisterra vivirá unha tarde de Broadway, cando as rapazas do Colexio Nosa Señora do Carme actúen no seu Festival de Nadal.


    A obra, "Rebelión Disney", será representada o venres ás 17:30 e ás 18:15 para todos os nenos e pais do colexio e de quen queira disfrutalo. Será unha adaptación propia dunha peli de debuxos, co problema da violencia de xénero como base da rebelión.


    Para preparalo pasaron polos estudios da Radio Neria-Radio Roncudo de Corcubión, onde querían grabar as súas voces de coro por riba dun tema. Acodiron con Susana Martínez, a profe de teatro, e mais o "enrollado" director do colexio e do coro, Carlos Velasco, que logo de 30 anos por España adiante, volve a Fisterra, onde deixara un coro de 60 persoas con algún dos pais destas cativas.


    Alí estaban Salomé, Carla, Celeste, Ángela, Alba, Rosalía, Paula, Raquel, Carlos e Miguel, que gracias á compañeira Helena e a Óscar Rey Calo puideron utilizar as instalacións de grabación da radio. Pasárono en grande, mesmo grabaron algunha cuña e todo. Non querían marchar.


    Preséntrase esta como unha boa oportunidade para a Radio Neria e a Radio Roncudo de achegarse á mocidade, para crear sinerxias entre os colexios e institutos da zona para con este agradecido medio de comunicación.


    Fonte


    • QPC.