19/5/09

Especial Día das Letras Galegas con poesía e "música jalleja dajora"


Este domingo 17 de maio foi, como todos sabemos o Día das Letras Galegas. E non pasou en balde para os colaboradores da radiONeria. Foron dous programas especiais ao longo da fin de semana, que centraron no galego a súa temática.


O venres pola noite, a partir das 22:00h da noite, Dj Alan e mais Jaki Dj presentaron un especial do seu Super Freak Night Show dedicado á música en "jallejo". Jabon Blue (busquen polo "feisbú", hai ata un grupo creado para traelos á Costa da Morte), Lamatumbá, Festicultores, Loretta Martin... unha morea de bandas galegas de primeira calidade, como a música que presentan cada semana, que dende logo, é do mellor que se pode escoitar por moitas voltas que lle deas ao dial.


Saben que podedes escoitar o Bloque de "Música Jalleja Dajora" tódolos días de 8:00 a 10:00 da mañá, e de 15:00 a 16:00.


Especial poético


Xa o mesmo domingo 17 de maio, foi Manolín o que fixo á sua particular ofrenda poética á lingua galega. Coa axuda do seu neto Abraham, e os rapaces Saulo e David, leron varios poemas, dos que destacaban algún de Celso Emilio Ferreiro, entre outros.


Pero a cousa foi a máis e Manolín recitou un relato do terrible suceso o corrido hai case que 30 anos, precisamente un 17 de maio, un ano antes de que a Xunta determinase como festivo o Día das Letras Galegas. Ese día, Manolín sufría un accidente no que perdía a súa esquerda. Contouno en primeira persoa e en clave poética, verdadeiramente estremecedor.


Este mércores, no horario do programa de Manolín, Realidade e Soños (mércores ás 23:00), poderemos escoitar de novo o especial das Letras Galegas. Pero tamén podedes descargar e escoitar ambos programas, subidos dende o Blog da radiONeria:


Programas especias das Letras Galegas


Boletín de novas (19-05-09)

NOTICIAS:

O Foro do mundo rural reúne a empresas e asociacións en Ponteceso

As Confrarías da Comarca de Muros-Carnota a presentar o proxecto Fishernet en Europa

COMEZA A DESENVOLVERSE O PROGRAMA “DESCUBRE MUXÍA”

Comezan un curso de olería en Buño

Animación castrexa en Cabana

- Cee entregou os seus premios de pintura a artistas consolidados na Costa

Novos persoeiros na Elección Histórica da Costa da Morte

DEPORTES:

- Xornada aciaga para a familia do Fisober

- Máis de 100 deportistas con discapacidade intelectual disfrutaron da xornada de Aspadex

18/5/09

Boletín de novas (18-05-09)

NOTICIAS:

- Un accidente de tráfico acaba coa vida dun mozo de Mazaricos

- A Conselleira do Mar critica ao anterior goberno e aposta pola pesca artesanal na súa visita a Fisterra

- A nova Xunta refírese á peaxe da AG-55

- Inauguración da Exposición Antolóxica de Julio Pujales no Kiosko Alfonso

DEPORTES:

- Baio e Zas solucionan o pase a cuartos da Copa da Costa

E recordamos que onte, día das letras galegas, Manolín preparou un especial co seu neto, Abraham emais os pequenos Saulo e David. O programa emitiuse varias veces ao longo de onte e repertirase o mércores, ás 23:00 no horario do programa Realidade e Soños que presenta Manolín. Poden escoitalo pinchando en:
Especial Día das Letras Galegas.

Ademais, a Biblioteca Municipal de Corcubión, con Isa Soneira á cabeza, agradeceu o lote de libros que acaba de doar a Radio Neria ao arquivo da biblioteca. Iso chámase colaboración institucional sen necesidade de pasar polo concello.

E antes de marchar lembramos que a RadiONeria está de obras. Está preparando un pequeno estudio de grabación para que as bandas de música da bisbarra poidan realizar pequenos concertos dende as ondas da emisora. Aproveitando o local da rede de ensaio, os colaboradores da radio agardan que as sinerxias entre local e radio dean os seus froitos e que as bandas que alí ensaian poidan achegarse ata a radio a realizar as chamadas Noites piratas.

14/5/09

Aspadex volta á Radio



A radiONeria e a Radio Roncudo están moi ledas de recibir de novo aos integrantes da Asociación Aspadex. Cada venres, ás 12:00 da mañá estarán varias persoas con discapacida intelectual disfrutando da radio, e informando das novidades arredor do centro.

Este venres virán cun obxectivo claro: conseguir voluntarios que axuden no centro. Son moitos os discapacitados que desenvolven boa parte das súas vidas no centro de Toba, e son moitas as necesidades que hai que cubrir.

Os alumnos do centro ofrecen todo o seu cariño a todas aquelas persoas que poidan achegarse a axudar. Así o refrenda Natalia, unha das voluntaria. "O cariño desta xente non se paga con nada", afirma.

Na fotografía podemos ver arriba a Genma e a Karina, unha das responsables de Aspadex, e abaixo de esquerda a dereita, á voluntaria Natalia, a Rosana e a Luis. Estes foron os primeiros que se achegaron polas instalacións da radiONeria por priemira vez, e cada semana irán chegando outros grupos.


Como ser voluntario


Non é necesaria ningunha clase de titulación nin homologación para botar unha man na asociación. As necesidades son moi variadas, e van dende axudar na comida, ata acompañar nas viaxes e nos deportes aos discapacitados.

Poden poñerse en contacto con Aspadex en:


  • Teléfono: 981 74 53 81.

  • Correo electrónico: aspadex@yahoo.es.

Boletín de novas (14-05-09)

NOTICIAS:

- Dous imputados en Dumbría por poñer trampas a animais salvaxes

- O paro descende en 4 concellos da Costa

- Colle forma o Proxecto Promotur Costa da Morte

- Dúas novas asociacións dinamizarán o sector turístico de Muxía

AXENDA:
- Axenda do Festiletras e da Semana Cultural de Corme

- Xaquín López levaranos pola ruta dos nenos escravos dende o Maio Solidario de Corcubión

- Presentación dun novo libro no Festieltras

DEPORTES:

- A palista dumbriesa Andrea Pérez, entre as mellores de España

- Novidades sobre Aspadex

7/5/09

Novidades da radiONeria


Xa se pode escoitar pola rede o programa Realidade e Soños, no que Manolín expresa a súa pasión pola poesía. Podedes descargar o programa dende o Blog da radiONeria, e a man dereita, onde están todos os programas da emisora que se poden escoitar, hai que premer en Escoitar Realidade e Soños.


Especial Día das Letras Galegas


Ademais, o corcubionés está a preparar un especial para o Día das Letras Galegas. Manolín está argallar unha sesión literaria galega coa axuda de varios cativos, entre os que se atopa, por suposto, o seu neto Abraham. O programa especial repasará a vida do homeaxeado este ano, Ramón Piñeiro, os cativos lerán unhas poesís elixidas para a ocasión, e para rematar, Manolín prepara unha sorpresa moi persoal, que iremos contando a semana que vén.


Non quedarán aí a participación da radio no programa do Día das Letras Galegas, xa que o concello falou cos colaboradores para emitir un coloquio que se vai celebrar o mesmo día.


RDS



Esta semana a radiONeria voltaba a ter nome. A partir do pasado martes, os coches deixarán de ver nas súas radios dixitais a frecuencia 107.8FM e poderase ler "R. Neria", como vemos na imaxe. Foi gracias a que o concello procedeu á instalación do novo RDS, que xa chegara fai uns meses.


Máis información


Boletin de novas (07-05-09)

NOTICIAS:

- semana Cultural de Corme

- Veciños de Sardiñeiro de Arriba quéixase pola estado das rúas

- Canarias aprende de Lira

- O Museo Seo de Corcubión recupérase cunha nova exposición

AXENDA:
- Día do ritmo en Ponteceso

- Festas do Socorro en Lires

- Os maiores da vila do Cristo desfrutarán este domingo da V Xuntanza de maiores

DEPORTES:

- Dumbría, referente do deporte da Costa

- A Esteirana xogará tres partidos en catro días

6/5/09

Boletin de novas (06-05-09‏)

NOTICIAS:

- Comezou a votación da Elección Histórica da Costa da Morte

- O BNG presentará unha iniciativa fomentando o emprego local

- A Fundación Castro-Rial e Caixa Galicia colaborarán na programación do Museo Marítimo Seo de Corcubión

- Novidades en Muxía

- Os títeres toman Cabana

- Carnota organiza un certamen literario polo Día das Letras Galegas

DEPORTES:
- Volve o piragüismo DUmbría ao Campionato de España

- Martín Varela viviu un terrible episodio en Cataluña

radiONeria:

- E radiONeria xa ten nome

E aproveitamos para lembrar a programación de hoxe mércores, a noite máis variada da radiONeria. Ás 21:00 volve O fantasma accidental, un programa dirixido por José Lemur, onde a música máis singular ten o seu espacio. De seguido escoitaremos a Javi Turnes e o seu Pensar e Soar, ás 22:30. A continuación, ás 23:00, chega Manolín coas súas poesías en Realidade e Soños, e para ir a durmir, a partir das 12 podedes ecoitar o bloques de músicas do mundo.

4/5/09

R. NERIA NO TEU RECEPTOR DE RADIO


Dende hoxe mesmo a radio de Corcubión xa ten nome.
Hoxe se realizou a instalación do novo RDS que xa chegara fai uns meses.
O podes comprobar no teu receptor de radio aparecendo o nome de R. NERIA.

Seguimos no 107.8 da FM.

Boletín de novas (02-05-09)

NOTICIAS:

- Presentación do "II Maio Solidario" a pasada fin de semana

- Presentou Talía Teatro a súa nova montaxe Palabras encadeadas

- Varias novidades dende Ponteceso

- O Banco de Tempo de Cee continúa peiteándose

DEPORTES:

- Resultados da fin de semana futbolística na Costa da Morte

- A Vela tamén compite en Idade Escolar