26/6/08

OS RAPACES DÓ COLEXIO PRAIA DE QUENXE DE CORCUBION COÑECEN A EMISORA

Os rapaces do Colexio Praia de Quenxe visitaron radiONeria xunto cos seus mestres en varias tandas e interpretaron un conto viaxeiro no que participaron todos. Tamen colaboraron ca emisora na creacion de jingles e cuñas promocionais, ademais de demostrar a súa espontaneidade cando viron os micros do estudio.

I CONCURSO TEATRO LIDO radiONeria

Os rapaces do colexio de Os Muiños de Muxia interpretaron as suas obras nos estudios de radiONeria co gallo dó I Concurso de Teatro Lido. Acompañados de varias docentes, entre elas a nosa colaboradora Isabel Tomé (Maruxiña dos queixos), os rapaces desfrutaron mentres interpretaban os papeis da obra Radioteatral que eles mesmos fixeran para o concurso. Algun xa apuntaba maneiras.

18/6/08

GRABACIÓN DE "PENSAR E SOAR" HOMENAXE ESPECIAL Ó BLUES





A pasada seman o incombustible Javi Turnes preparaba un programa dobre especial homenaxe ó Blues na compaña de Rafa Poncela. Estes mestres do Blues nos deleitaron cun programa remember dos mellores "Bluesmen" de todo-los tempos, e no segundo programa gravaron un ensaio público do que se poderá escoitar este venres no cafe Rodín en directo a partires das 11 da noite.

11/6/08

GRELLA SEMANAL radiONeria












Aquí tedes a nosa GRELLA SEMANAL. Se alguén está interesado en facer algun programa ou sección, somentes ten que poñerse en contacto con nós e adxuntar unha breve sinopse ó correo: radioneria@hotmail.es

3/6/08

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA EN RADIO NERIA

A consellería enviou a seman pasada a unha productora para facerse eco dunha iniciativa das rapazas que capitanean as aulas dá Rede de Dinamización dós pobos de Cee, Corcubión e Muros xunto con Radio Neria, que consiste nunha sección semanal que podedes escoitar os martes as 12:45 da mañá nó Matinal da Costa. "ENREDATE NAS ONDAS DA COSTA" Trata de achegar a nosa costa a información necesaria sobre novas tendencias tecnolóxicas e webs de interese a sociedade e aclarando dúbidas sobre o software libre e o seu uso.