28/2/11

Foliada segue recuperando o son tradicional da Costa da Morte



Continua Paco do Muxico recuperando os sons máis tradicionais da Costa da Morte. Dende o seu programa da radiONeria, leva xa varios meses visitando grupos da bisbarra, como Os Jaiteiros da Coteleira, Ramo Cativo, As Cantareiras de Verdillo; A Roda, Lume na Cachela, ou as Raigañas de Cerqueda, que vemos precisamente na foto.

Hoxe, estes artistas son os protagonistas.

Ademais, o refraneiro cormelá será outro dos protagonistas do programa.

Escoitar Foliada


Máis información

17/2/11

A radiONeria estrea un novo programa de "música jalleja dajora"



Gracias ao selo Pai Música e a súa Radio Pai, poderemos achegar ás Terras de Fisterra e Carnota un novo programa sobre "música jalleja dajora". Plástico Elástico é unha viaxe por unha odisea musical que percorre Galicia.
Así, dende esta mesma semana, todos os martes ás 20:00h, podedes escoitar as novidades sobre a múisca feita no país en Plástico Elástico. E o poden facer no 107.8 da FM ou a través do blog da emisora municipal de Corcubión radioneria.blogspot.com.


Bloque Musical

E lembren que cada día, a partir das 15:00h e tralo Boletín de novas diario, poden escoitar o bloque de "música jalleja dajora" da radiONeria.

Máis información

4/2/11

A radiONeria, referente informativo na Operación Orquesta


Dende que saltou a noticia, na mañá do pasado luns, a radiONeria non descansou. A Costa da Morte chegou á primeira plana informativa en todo o país e nós quixemos facer unha cobertura especial do acontecido "ás portas da casa".

Deste xeito, e grazas ao traballo conxunto co diario Que pasa na Costa, levamos informando de todos os detalles da Operación Orquesta dende o luns, cada sesenta minutos, dende as 08:00h da mañá e ata as 00:00h ou 01:00h da madrugada.

Toda a actualidade do caso resumida en boletíns informativos duns cinco minutos de duración, onde achegamos e actualizamos as últimas novidades. Un dispositivo case que 24 horas para que a Costa da Morte non perda nin o máis mínimo detalle do que está a pasar tan preto de nós.

A radiONeria quere estar sempre onde se lle necesita, dándolle voz aos problemas da nosa bisbarra durante todo o tempo que sexa preciso.

Sabemos dos vosos parabéns polo traballo feito, porque nolo contades.

Nós aquí estamos, as 24 horas do día ofrecendo información, cultura e lecer dende a Costa da Morte.

Graciñas polo seguimento.