4/2/11

A radiONeria, referente informativo na Operación Orquesta


Dende que saltou a noticia, na mañá do pasado luns, a radiONeria non descansou. A Costa da Morte chegou á primeira plana informativa en todo o país e nós quixemos facer unha cobertura especial do acontecido "ás portas da casa".

Deste xeito, e grazas ao traballo conxunto co diario Que pasa na Costa, levamos informando de todos os detalles da Operación Orquesta dende o luns, cada sesenta minutos, dende as 08:00h da mañá e ata as 00:00h ou 01:00h da madrugada.

Toda a actualidade do caso resumida en boletíns informativos duns cinco minutos de duración, onde achegamos e actualizamos as últimas novidades. Un dispositivo case que 24 horas para que a Costa da Morte non perda nin o máis mínimo detalle do que está a pasar tan preto de nós.

A radiONeria quere estar sempre onde se lle necesita, dándolle voz aos problemas da nosa bisbarra durante todo o tempo que sexa preciso.

Sabemos dos vosos parabéns polo traballo feito, porque nolo contades.

Nós aquí estamos, as 24 horas do día ofrecendo información, cultura e lecer dende a Costa da Morte.

Graciñas polo seguimento.

No hay comentarios: