25/2/10

Apoiando a música Celta – RadiONeria e Radio Roncudo

Neste ano 2010, as dúas radios comunitarias da costa da morte presentan un novo programa, Aires Celtas no que poderás desfrutar da música celta de todos os tempos. Nun país como Galicia onde o noso vencellamento a unha gaita é moito maior que noutros rincóns da xeografía peninsular, non podiamos obviar todo o que rodea a un estilo aínda descoñecido para moitos como é o celta.

Este espazo dunha hora ofrece cada semana diferentes grupos con entrevistas e concursos.

Esta semana poderás desfrutar da Música de Lochlainn, Leannan Shee, Kieran Fahy, Iona, Transatlantic sessions 3.

Aires Celtas conta con páxina web:
www.airesceltas.com

Lembren a cita:

• Os sábados, de 11:00h a 12:00h.
• Os martes, de 13:00h a 14:00h.

RadiONeria 107.8 Fm e Radio Roncudo 106.1 Fm

6/2/10

A radiONeria fixo historia

Durante boa parte desta xornada de fútbol xuvenil o título ligueiro estivo nas mans do Corcubión, mais ao final, os veciños do Cee impuxéronse ao Muros polo que os sentimentos nas dúas vilas chegaron aos dous extremos.

Na retransmisión Adrían Leira estivo nas bancadas de Miraflores e Xabi González fixo o propio dende Castriz. Iván Pereira e Fran Lago coordinaron todo dende os estudos da emisora.

Dende aquí, dende a radiONeria, queremos lembrar que nesta nova andaina na que se atopa inmersa a emisora nesta época, os colaboradores que queremos a este medio e contribuímos a mantelo vivo, loitamos por construir un proxecto que non só quede no concello de Corcubión, senón que queremos convertirnos nunha alternativa para toda a Costa da Morte.

Agradecemos as numerosas mostras de apoio e interese amosadas pola audiencia dende que onte facíase público que seriamos o único medio de comunicación da Costa en contar o minuto a minuto da xornada futbolística. Foron ducias de chamadas as recibidas ao longo da tarde non só dende a Costa, senón tamén dende puntos como Vigo ou A Coruña, para interesarse sobre a emisión a través de internet. Dende aquí só podemos dicir unha cousa: Grazas.
(foto: tuenti da UD Corcubión)

Escoita a retransmisión dos partidos:

  • Retransmisión Liga Xuvenil Sur
  • 5/2/10

    Retransmisión das Finais da liga Xuvenil Sur

    O sábado 6 de Febreiro o equipo de RadiONeria 107.8 Fm estará nas finais da liga xuvenil sur.

    Muros vs Cee e Castriz vs Corcubión

    Os de José Carlos xóganse esta fin de semana o título ligueiro en Miraflores as 16:15, frente o Muros de Bibi.
    Todo un ano loitando xustamente para esto. O sábado o Cee disputará o codiciado título xunto co Muros, Santa Comba e Corcubión que tamén teñen as suas opcións.

    Os de Jose Carlos que son líderes, necesitan gañar para conquerir o trofeo, incluso un empate lle valería si no outro gran encontro da xornada, Santa Comba, Corcubión empatan. Pola sua banda o Muros non lle chega con ganar, pois a parte de sumar os tres puntos os de Bibi necesitan un empate no outro encontro da xornada.

    Corcubión e Santa Comba tamén teñen as suas opcións. Unha victoria do Muros ou un empate destes, faría que o que gañase o encontro Santa Comba Corcubión sexa o campeón.

    Dous partidos moi emocionantes nunha tarde de futbol na Costa.
    A retransmisión comezará as 4 da tarde cos comentarios de Iván Pereira e Fran Lago. Nos diferentes campos, Adrián Leira e Xabi Gonzalez contando todo o que sucede.

    RADIONERIA CO FUTBOL DA COSTA

    3/2/10

    A música nos une, Italian Style con Dj Charlie


    A nova aposta para este ano 2010 na Radio Neria é Italian Style presentado polo Vigués Dj Charlie.
    Realiza un programa totalmente persoal e dedicado ao estilo musical que máis pincha e que máis defende dende que se iniciou no mundo das cabinas e a radio. Ese estilo é o dance puro e duro, o ITALODANCE.

    Multitude de seccións e colaboradores en dúas horas cheas de música:

    NOVIDADES MUSICAIS
    TEMA DA SEMANA
    TOP DJ DANCE TEAM
    "DANCE PARTY STYLE" con DJ S0n1c
    "CRAZY STYLE" con Willy Alcocer
    C.Y.T. in the mix
    GERMAN STYLE con DJ Jossi
    REGRESO Ao PASADO
    SICULAND
    SANNY J COMMUNICATION
    LUCA ZETA - tema recomendado
    DJ POWER - Power play
    NOVAS TENDENCIAS
    ITALIAN STYLE ALTERNATIVO
    TONY DELTA

    e os mellores DJs nacionais e internacionais.

    Todo esto, na túa radio na costa da morte RadiONeria 107.8 Fm.

    Horario de emisión:

    Os Venres de 8 a 10 da noite.

    !RADIONERIA FACENDO VIBRAR AS ONDAS DO MAR!