6/2/10

A radiONeria fixo historia

Durante boa parte desta xornada de fútbol xuvenil o título ligueiro estivo nas mans do Corcubión, mais ao final, os veciños do Cee impuxéronse ao Muros polo que os sentimentos nas dúas vilas chegaron aos dous extremos.

Na retransmisión Adrían Leira estivo nas bancadas de Miraflores e Xabi González fixo o propio dende Castriz. Iván Pereira e Fran Lago coordinaron todo dende os estudos da emisora.

Dende aquí, dende a radiONeria, queremos lembrar que nesta nova andaina na que se atopa inmersa a emisora nesta época, os colaboradores que queremos a este medio e contribuímos a mantelo vivo, loitamos por construir un proxecto que non só quede no concello de Corcubión, senón que queremos convertirnos nunha alternativa para toda a Costa da Morte.

Agradecemos as numerosas mostras de apoio e interese amosadas pola audiencia dende que onte facíase público que seriamos o único medio de comunicación da Costa en contar o minuto a minuto da xornada futbolística. Foron ducias de chamadas as recibidas ao longo da tarde non só dende a Costa, senón tamén dende puntos como Vigo ou A Coruña, para interesarse sobre a emisión a través de internet. Dende aquí só podemos dicir unha cousa: Grazas.
(foto: tuenti da UD Corcubión)

Escoita a retransmisión dos partidos:

  • Retransmisión Liga Xuvenil Sur
  • 1 comentario:

    javi dijo...

    Parabéns polo traballo, que foi evidente que tiña moita xente interesada de toda a Costa. Algún día espero que certos localismos que rozan a enfermidade desaparezan e deixen ver o moito e ben que estades a facer as cousas nesta nova andaina de RadiOneria.