01 decembro 2025


 

A Asociación Cultural Radio Neria e a Deputación da Coruña no CEIP Mar de Fóra de Fisterra

Dentro do programa A RADIO NA ESCOLA, a Asociación Cultural Radio Neria xunto coa Deputación da Coruña, visitou desta vez, o CEIP Mar de Fóra. Xa é a segunda xornada de traballo co profesorado e alumnado de 6º de Primaria para levar a cabo un podcast que se vai gravar no centro educativo no mes de decembro. A figura literaria que centra o seu traballo é a actriz, directora, e escritora fisterrá Marta Lado.
Este podcast vai encadrado dentro do programa de subvencións da Deputación da Coruña a entidades culturais sen ánimo de lucro para levar a cabo a actividade no ano 2025. Unha axuda coa que a Asociación Cultural Radio Neria vai levar a cabo este programa nos centros educativos de primaria de Corcubión, Cee, Fisterra, Dumbría e Muxía.

28 novembro 2025

 

A Asociación Cultural Radio Neria e a Deputación da Coruña no CEIP Virxe da Barca de Muxía

Dentro do programa A RADIO NA ESCOLA, a Asociación Cultural Radio Neria xunto coa Deputación da Coruña, visitou o CEIP Virxe da Barca de Muxía. Celebraron unha xornada de traballo co profesorado e alumnado de 2º de Primaria para levar a cabo un podcast que se vai gravar no centro educativo no mes de decembro. Os alumnos e alumnas están investigando sobre a figura de Rosalía Fernández Rial, a quen convidaron para entrevistar no centro educativo.
Este podcast vai encadrado dentro do programa de subvencións da Deputación da Coruña a entidades culturais sen ánimo de lucro para levar a cabo a actividade no ano 2025. Unha axuda coa que a Asociación Cultural Radio Neria vai levar a cabo este programa nos centros educativos de primaria de Corcubión, Cee, Fisterra, Dumbría e Muxía.

26 novembro 2025



 A Asociación Cultural Radio Neria e a Deputación da Coruña nos coles de Dumbría e Cee

Na mañá de onte levouse a cabo unha nova xornada de traballo de "A radio na Escola" no CEIP Santa Eulalia de Dumbría e no CEIP Vila de Cee. Este traballo, levado a cabo pola Asociación Cultural Radio Neria coa financiación da Deputación da Coruña, ten como finalidade a realización dun programa de radio por parte do alumnado.
A Asociación Cultural Radio Neria encárgase da formación do alumnado e a supervisión do traballo. Antes do parón de Nadal está previsto que realicen o seu programa que vai ser emitido en Radio Neria.
Este xoves, a Asociación trasladarase ao CEIP Virxe da Barca de Muxía e ao CEIP Mar de Fóra de Fisterra para continuar co seu traballo. A semana que vén, tócalle o turno ao CEIP Praia de Quenxe, de Corcubión.

13 novembro 2025


A Asociación Cultural Radio Neria e a Deputación da Coruña renovan os equipos de Radio Neria.

A Deputación da Coruña concede unha subvención á Asociación Cultural Radio Neria para poder renovar parte dos equipos da emisora municipal de Corcubión. Esta axuda está englobada dentro do programa de subvencións da Deputación da Coruña ás entidades culturais sen ánimo de lucro. O montante da axuda ascende a case cinco mil euros, dos que a Deputación concede o 80%. 

24 outubro 2025


 A Asociación Cultural Radio Neria leva "A Radio na Escola" ao CEIP Vila de Cee

Desta vez tocoulle ao CEIP Vila de Cee. A Asociación Cultural Radio Neria, co patricinio da Deputación da Coruña fixo a súa primeira xornada de formación para os alumnos de 5º curso do CEIP Vila de Cee.
O proxecto que se está a levar a cabo é a formación do alumnado para que produzan un pódcast centrado nunha figura relevante no eido literario da Vila de Cee. O proxecto vaise realizar durante todo este trimestre culminando nun pódcast feito integramente polo alumnado do centro.
Este programa lévao a cabo a Asociación Cultural Radio Neria e conta coa financiación da Deputación da Coruña dentro do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2025