A Asociación Cultural Radio Neria e a Deputación da Coruña nos coles de Dumbría e Cee
Na mañá de onte levouse a cabo unha nova xornada de traballo de "A radio na Escola" no CEIP Santa Eulalia de Dumbría e no CEIP Vila de Cee. Este traballo, levado a cabo pola Asociación Cultural Radio Neria coa financiación da Deputación da Coruña, ten como finalidade a realización dun programa de radio por parte do alumnado.
A Asociación Cultural Radio Neria encárgase da formación do alumnado e a supervisión do traballo. Antes do parón de Nadal está previsto que realicen o seu programa que vai ser emitido en Radio Neria.
Este xoves, a Asociación trasladarase ao CEIP Virxe da Barca de Muxía e ao CEIP Mar de Fóra de Fisterra para continuar co seu traballo. A semana que vén, tócalle o turno ao CEIP Praia de Quenxe, de Corcubión.


Ningún comentario:
Publicar un comentario