Comeza esta fin de semana un novo programa en radiONeria... "Aurora dos camiños", un programa fundamentalmente de entrevistas, e música... Tralo micro estará Marta Rey, que chega directamente da Rectoral de San Martiño de Ozón que vén de recuperar a Cooperativa Albergue Auroras del Camino.
Imos coñecer moitos camiños, tantos como se nos ocorran e vos apetezan. Cal é o teu? e ti quen es? que fixeches? para que viñeches ao planeta terra?...., e por certo, cales son as túas cancións favoritas?..., unha das desta que fala é a que soa agora...
... Pero este de agora tamén é o momento perfecto para contar todas as cousas positivas, boas, que espertan a risa, que animan..., e que suceden na nosa contorna, somos capaces de velas? Porque están pasando hoxe mesmo.
Se es responsable dalgunha delas, cooperador, observador pasivo ou participas dalgunha ou varias e queres comunicalas ponche en contacto connosco no email (auroradebuxan@gmail.com) porque despois contarémolas aquí, na radio, e non che esquezas de traer os teus grandes temas, 3, 4, 5 depende do tempo...
... E tamén haberá unha mensaxe din algúns que pastoral, e pode ser certo pois xa temos catro ovellas en San Martiño, e certo é que o programa vai ter algo que ver co albergue "Aurora de san martiño". Pero non confundamos, pois Aurora de San Martiño é só un camiño, un de tantos, e aquí preténdese coñecer moitos outros camiños, e claro que a que fala tamén ten o seu, pero ela é a que pregunta e escoita; xa que se non fose así..., pois non se... que a vida é un misterio, máxico, e se queremos, marabilloso, verdade?
... e seguro que soa nalgún momento Joan Baez con Grazas á Vida..., ou os Beatles con All you need is love... e moitas outras grandes e vellas glorias, pero as novas tamén teñen o seu lugar...
Benvida Marta!
Máis información
- Corme.net: Escoitar Radio Roncudo pola rede.
- Programación de Radio Roncudo.
- Blog da radiONeria (emisión pola rede).
- Grella da radiONeria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario