9/3/09

Entrevista ao alcalde de Corcubión na radiONeria

Chisco: "Non hai rencor, hai intereses políticos"

Recuperamos a entrevista realizada pola Radio Neria e o equipo de QPC ao alcalde corcubionés Francisco Lema, Chisco, co gallo das Eleccións Autonómicas do pasado 1 de marzo, cun resultado pouco positivo para o seu partido, o PSdG-PSOE. Obviamos a primeira parte da entrevista, que estaba enfocada ás mesmas eleccións, pero centramos este resumo na parte que atinxe ao concello de Corcubión, xa que hai moitas cousas que destacar.

Un alcalde que estes días salta á voz pública para protestar polo traslado do Cuartel da Garda Civil, chegando a asegurar que dimitirá se se leva a cabo, e acusando ao ente estatal de "faltar ao respeto á entidade municipal". Pero son outras moitas cousas as que repasaremos da entrevista, desta volta realizada por Xabier Calaza e Ubaldo Cerqueiro.

  • Entrevista Francisco Lema, Chisco.


  • Escoitar Entrevista Chisco.
  • No hay comentarios: