09 abril 2024


 O podcast do CEIP Praia de Quenxe suma case 700 oíntes.

Os alumnos e alumnas do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión pasaron unha xornada de traballo en Radio Neria. Ese traballo foi emitido o pasado luns 17 de marzo, e puido ser escoitado en directo a través do 107.8 da FM.

Despois da súa emisión, o programa foi subido ás plataformas Ivoox, Zeno e Spotify da propia emisora. Sumando o número de descargas e o número de oíntes a través do blog de Radio Neria, podemos concluir que se achgan a 700 o total de oíntes deste podcast. A este dato, habería que sumarlle o número de oíntes a través da FM, dato que resulta imposible de confirmar, pero podemos aventurarnos a dicir que chegariamos ao milleiro no total de oíntes.


No hay comentarios: