Luns, primeiro día do mes de abril, benvidos e benvidas á programación de Radio Neria. Hoxe inauguramos unha nova sección dentro de QUE LES, CORCUBIÓN? Un dos seus impulsores, Abraham Trillo estrea a sección ABRAHAM TIRA AO MONTE, unha sección de opinión na que Abraham fai un breve repaso aos artigos que vén de publicar durante o último mes en @quepasanacosta . Promete, a nova sección de Abraham, que non vai deixar a ninguén indiferente. Despois, teremos a oportunidade de escoitar de novo o especial feito polo alumnado do CEIP PRAIA DE QUENXE. E para rematar, CARNE CRUDA con "Jovenes: el futuro que seremos". Todo isto a partir das 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/
@isa_soneira @abraham_oliveira @carnecruda
No hay comentarios:
Publicar un comentario