Xa van pola súa XVIII edición e xa que o evento cumpre este ano a maioría de idade, a radiONeria e a Radio Roncudo queremos unirnos á festa. Deste xeito, este sábado, 17 de xullo de 2010, o programa desta casa O Ronsel viaxa ata Corme para vivir en directo a Festa do Percebe. Serán como cada semana 120 minutos de informacións, opinions, entrevistas,... pero desta vez, coa ollada posta fundamentalmente na Festa do Percebe do Roncudo.
Fran Lago dirixirá O Ronsel esta semana, xa que o compañeiro Óscar Rey tomará parte activamente na organización do festexo. Quen si estará coma sempre, á fronte dos mandos técnicos, será Iván Pereira.
Xa saben, o vindeiro sábado, a radio en movemento, en directo dende a Festa do Percebe do Roncudo.
O Ronsel:
- Os sábados, de 12:00h a 14:00h en directo.
- Os xoves, de 22:00h a 00:00h en diferido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario