Pasou polos micrófonos da radiONeria o pasado domingo, ao remate do encontro,
José Manuel Pequeño Castro, presidente do Dumbría C.F. Pequeño asegurou que o
seu Dumbría non ten nesta eliminatoria o papel de favorito. Éstas foron as preguntas que lle formulou o noso compañeiro Fran Lago.
- O vindeiro domingo decídese todo. ¿Que pensa dese partido?
Vai ser un partido bonito e ademáis vai haber afección. Iso é darlle máis empurre aínda á Copa da Costa.
Eu creo que nos vai quedar o campo pequeno.- ¿Como viu o partido de ida?
Un pouco trabado. Tiña que haber máis fútbol. Nos últimos vinte minutos foi cando se empezou a ver algo máis. Por outro lado, o campo é moi grande e ten moita superficie arredor. Perdeuse moito tempo ao saír un balón fóra de banda ou pola portería. En vez de xogarse noventa minutos xogáronse corenta e cinco.
- ¿Que lle pareceu o gol do Cee?
Dicíame Juan, o porteiro, no vestiario que non entrou. Pero
é así, isto é o fútbol.- Fixo un bo papel Parroto, porteiro do Cee...
Si, gústame ademáis porque ademáis de ser familiar, é de Ameixenda. Gústame por iso, pero non por facer tantas paradas.
- O Dumbría partía para moitos como favorito...
Non, ao revés.
Eu creo que todos os medios de comunicación, a campaña que fixeron a semana pasada dicía que todo o mundo co Cee. Non saiamos como favoritos. Nós o que temos é que somos un clube recente e copeiro. Estamos na terceira final, gañamos dúas e a ver se somos quen de gañar a terceira.
- ¿Cales son as súas expectativas para o domingo?
Nós deberiamos levar un mellor resultado da ida pero vai ser un partido bonito.
Pode gañar calquera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario