02 julio 2010

As "xoias" do UC Cee pasaron pola radiONeria

Dous dos homes clave do UC Cee, o pasado domingo no Campo de Sampaio de Refoxos, pasaron pola radiONeria para valorar o encontro e ofrecernos as súas predicións de cara ao choque definitivo. Namentres que Rivi é unha peza clave do conxunto da Xunqueira no medio do campo, Parroto (ou para moitos San Parroto xa) é o responsable de que o Cee aínda teña opcións de facerse coa Copa, i é que o gardamallas parouno práticamente todo o pasado domingo. Rivi e Parroto foron branco dunhas cantas preguntas por parte do noso compañeiro Fran Lago.

Parroto: "Está complicado, pero nós xa sabiamos que en Dumbría teriamos que marcar"

  • Fuches o heroe do partido...
Bueno, parece que si, pero creo que é mérito de todos.
  • ¿Como viches o encontro?
Complicado. Dominaron eles pero nós chegamos alí nunha, marcamos, e despois a aguantar.
  • ¿Que agardas do partido de volta?
Está complicado, pero nós xa sabiamos que alá iamos ter que marcar, polo que non cambian moito os plans.
  • ¿Como está o vestiario?
Ben. Está contento e alegre. Esperando o partido de volta.



Rivi: "Ao Dumbría non lle pasou moita factura a longa tempada"

  • ¿Como foi o encontro do domingo?
Foi moi difícil. Ao principio tivemos un par de ocasións pero a segunda parte foi deles, e máis despois da expulsión de Chapu.
  • ¿Como viches o Dumbría?
Bastante ben. Físicamente estaban moi ben. Semella que a longa tempada non lle pasou moita factura. Penso que estaban mellor ca nos.
  • ¿Como ves as cousas para a volta?
Vai ser difícil, pero nunca se sabe. Hai que loitalo e a ver que pasa, non se sabe.

No hay comentarios: