Pasou tamén pola radiONeria o pasado domingo outro dos homes do Dumbría C.F., flamante campión da Copa da Costa 2010. Nico amosaba a súa ledicia sobre este título ante as preguntas do equipo da radiONeria.
Nico, ¿que sensacións tes?
É a miña terceira Copa e penso desfrutala o máximo que poida. Dicía que íame retirar cando gañara a terceira pero creo que aínda vou ter que esperar un pouco porque se cadra aínda acado unha ou dúas máis.
Supoño que moi contento coa vitoria, ¿non si Nico?
Si. Este ano foi un pouco raro. Tentabamos ascender a Preferente, non nos saíu ben. Ao final ata o terceiro ascendeu e o único que nos quedaba era a Copa. Saíunos moi ben i é como un gran premio para o ano.
Das tres que gañaches, ¿de cal desfrutaches máis?
Gañei tres, xoguei catro finais, e a que máis desfrutei creo que foi a do Cee. A xente poñíanos de favoritos pero nós sabiamos que o Cee se nos atragantaba. Era como un touro que ías picar e non o dabas picado e devolvíache a espada. Ao final no partido liberámonos un pouco. Fomos quen de meterlles tres goliños, puido caer algún máis pero estiveron moi serios atrás. Desfrutei a do Cee pero estou moi contento de gañar esta polo ano que tivemos, tan raro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario