Continúa crecendo o matrimonio entre Radio Neria e Radio Roncudo. Malia cantidade de problemas de conexión entre ambas radios provocados pola baixa calidade da internet, ambas radios continúan aumentando en programación.
Sen ir máis lonxe, esta semana nace un novo programa dende os estudios de Corcubión. José Luis Louzán, anímase a voltar a uns estudios que xa coñece como a palma da súa man. Louzán participara varios anos na radio municipal, anos nos que a comunidade da radio era ampla e diversa, cunha repercusión realmente importante na zona.
Agora volta con BSO, un programa de bandas sonoras que sairá este luns 12 de xaneiro de 2009 ás 23:00, xusto despois do Embigo do fin do mundo, que dirixe Suso Lista, dende Corme. Aí é nada para a noite do luns.
Boletín e máis programas
Pero non quedan aí as novidades. O boletín da Radio Neria e Radio Roncudo volta para quedarse. Coa axuda de QPC, cada día da semana ás 9:00, 10:00, 11:00 e 19:00, 10 minutos de información local e comarcal.
Ademais, hai outro programa no berce. Desta volta será de música tradicional, e se emitirá ás 15:00 un día de semana aínda sen confirmar. Xa vos iremos informando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario