16 enero 2009

Diego Lobelos pasou por Neria Deportiva


O programa deportivo da Radio Neria e da Radio Roncudo tivo este venres 16 de xaneiro de 2009 unha visita especial. Diego Lobelos acaba de deixar o equipo de xuvenís do Fisterra e veu ata aquí para comentar as razóns que o meten fóra do clube do seu corazón.
Pero sobre todo falouse de fútbol, e de fútbol base. Coa colaboración dos habituais no programa, Darío Domínguez e Óscar Santos (vémolos de esquerda a dereita con Diego de branco), a hora pasou voando analizando como tratamos na nosa bisbarra aos nosos pequenos futbolistas.
Ademais de fútbol, falamos con Helena López, xogadora fisterrá do Gesthirundo Costa da Morte que participaba no Campionato de España de Baloncesto en categoría cadete. O equipo de Helena quedou de 4º, a mellor dos posición dos nosos representantes, pero o máis importante é que o pasou de medo. "Non quería voltar, foron moitas experiencias", contábanos Helena.
Manolo Calo tamén pasou polas ondas falando dese Clube Patín Xunqueira de Cee que está a piques de clasificarse para o play-off galego.
Neria Deportiva soa os venres de 16:00 a 17:00 e os sábados de 10:00 a 11:00.
Máis información
www.quepasanacosta.com

No hay comentarios: