O faro de Touriñán pasa 17 horas apagado
A noite do pasado domingo estivo escura de máis en Touriñán. O faro do punto máis occidental da Europa continental sufríu un erro electrónico que o deixaba sen funcionar unha noite enteira. A avería rexistrouse o domingo canda o solpor, e non foi ata ás 10:00 da mañá do luns cando a Autoridade Portuaria da Coruña informaba aos técnicos do Faro de Fisterra da avería. O faro foi arranxado finalmente ás 12:00 da mañá.Aumenta o uso do Noitebús na Costa da Morte
Sobre todo, as liñas que achegan á mocidade á festa de Ponteceso e Santa Comba aumentaron considerablemente o número de usuarios no mes de decembro con respecto ao ano anterior. No cómputo global do país, triplicáronse os usuarios.Pleno expreso en Corcubión
Corcubión vivíu un pleno que tardará en repetirse. En tan só 5 minutos pechouse unha sesión extraordinaria, convocada polo BNG, á que non asistiron os membros do partido liderado por Óscar Insua.O BNG propuña na moción a "inclusión" da obra de recuperación do Asilo Emilio Alonso como Centro de Día. A alcaldía redactaba na orde do día que se ía proceder ao "debate sobre a inclusión" da obra. O BNG, en desacordo con esta redacción, non se presentou.
Aumenta o paro na Costa
A caída da industria e a construción provocan un serio aumento do paro na bisbarra, segundo indica un informe da UPD "Pacto territorial de emprego da Costa da Morte". Xa son máis de 11.000 persoas as que procuran emprego na bisbarra.O Comité Hospital denuncia á Dirección por non informar aos traballadores
O Comité explica a denuncia por non seren informados das novidades do cadro de persoal aprobado no Hospital e por continuar cunha política de pouca transparencia.O Concello de Camariñas salva os canóns do Castelo do Soberano
E así llo agradece o grupo ecoloxista PX, quen presentara unha proposta para salvalos que finalemente levou a cabo o concello camariñán.Camariñas organiza un curso de cociña para homes
A área de Igualdade do concello de Camariñas comeza a principios do mes de febreiro cun curso de cociña para homes, que trata de fomentar a igualdade nas tarefas domésticas entre xéneros. Os ineteresados poden acodir á Casa de Pedra ou chamar aos 981 737 004 .Visitas institucionais
A directora Xeral de Comercio visita a Casa Senra, na Picota, Mazaricos. Trátase do clásico bar-tenda-ultramarinos de toda a vida que a Consellería de Innovación e Industriaquere recuperar para revitalizar o rural galego.A conselleira de Política Territorial, María José Caride, preside hoxe a colocación da primeira pedra da reforma da estrada Ponte do Porto-Laxe (AC-433).
Ademais visita Muxía xunto ao presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, para presidir a colocación da primeira pedra das instalacións náutico-deportivas do porto de Muxía.
Corme terá gas canalizado e R
Corme avanza nas obras do gas canalizado. As previsión apuntan que en dous meses, Corme contará xa con gas canalizado, unhas obras que agarda agora a capital municipal. Ademais, Comerciais do operador galego de Telecomunciacións R pasou por Corme para tantear o mercado.Ponteceso defende o seu portal web das críticas do PSOE
Unha das poucas páxinas municipais que conta con Servizo de atención ao cidadán,creada en marzo de 2008 e basado en software libre, non é suficente para convencer ao PSOE pontecesán de que Ponteceso conta cunha das webs máis activas da Costa.Hoxe, martes, cita na TVG
As cantareiras da Raigañas participarán esta noite no programa Alalá da Televisión de Galicia a partir das 21:45.Deportes
O Clube Patín Xunqueira de Cee clasifícase para o play-off galego
Logo de gañar ao Santa María do Mar da Coruña, os de Manolo Calo dan un paso máis para o sector do Campionato de España.Derrota do Bodegón tras 2 garrafais minutos finais en Sarria
Todo o encontro gañando para botalo por terra nos últimos 2 minutos e medio. Os de Juan Jesús quedan queda de 6º nesta 1ªBO Agencia AM cae ante o Estudiantes
Os Estudiantes de Lugo pasaron por Baio e levaron a vitoria por 80-85.As pequenas do Fisober arrasan
Non xogaban as maiores pero tanto as cadetes como as infantís arrasaron ante o Portosín e a Esteirana.Pola súa parte, o Orzán de Sara Vázquez e Barca Toba empataba a 2 goles co equipo zamorano Amigos del Duero. As da Costa da morte xogaban os 90 minutos de partido.
Doble derrota dos equipos de pinpon de Vimianzo
Nin Anorthosis nin Angepon puideron cos seuis respectivos rivais esta fin de semana. Foron moitos os afeccionados que se pasaron polo ximnasio de Zas para ver de preto a Valeri Malov, un dos mellores xogadores de tenis de mesa dos últimos anos.O Balonmán Camariñas sofre a segunda derrota na liguiña de descenso
2 de 2 para os de Toni García, logo da derrota por 26-18 ante o Agnusdei de Meaño. Moito terán que mellorar os palilleiros se non queren descender á 2ª autonómica.Os resultados provocan a saída de Couso do Xallas
Camacho será previsiblemente o relevo de Couso no banquiño xalleiro.- Escoitar boletín.
- Máis información: QPC.
- Fotografía de Roberto R. Yagüe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario