A Costa da Morte xa ten musical. Un musical deses que racha por onde pasa, e está de moda entre a xuventude de bo parte do mundo desenvolvido. Este venres 19 de decembro de 2008, Fisterra vivirá unha tarde de Broadway, cando as rapazas do Colexio Nosa Señora do Carme actúen no seu Festival de Nadal.
A obra, "Rebelión Disney", será representada o venres ás 17:30 e ás 18:15 para todos os nenos e pais do colexio e de quen queira disfrutalo. Será unha adaptación propia dunha peli de debuxos, co problema da violencia de xénero como base da rebelión.
Para preparalo pasaron polos estudios da Radio Neria-Radio Roncudo de Corcubión, onde querían grabar as súas voces de coro por riba dun tema. Acodiron con Susana Martínez, a profe de teatro, e mais o "enrollado" director do colexio e do coro, Carlos Velasco, que logo de 30 anos por España adiante, volve a Fisterra, onde deixara un coro de 60 persoas con algún dos pais destas cativas.
Alí estaban Salomé, Carla, Celeste, Ángela, Alba, Rosalía, Paula, Raquel, Carlos e Miguel, que gracias á compañeira Helena e a Óscar Rey Calo puideron utilizar as instalacións de grabación da radio. Pasárono en grande, mesmo grabaron algunha cuña e todo. Non querían marchar.
Preséntrase esta como unha boa oportunidade para a Radio Neria e a Radio Roncudo de achegarse á mocidade, para crear sinerxias entre os colexios e institutos da zona para con este agradecido medio de comunicación.
Fonte
- QPC.
No hay comentarios:
Publicar un comentario