16 enero 2009

Boletín de novas (16-01-09)



- Comezamos en Corcubión. Como ben sendo habitual, a polémica salta entre os grupos de goberno.. O BNG vén de facer unha proposta para incluir a recuperacioón do Antigo Asilo Emilio Alonso como Centro de Día utilizando os Fondos de Zapatero. Esta petición non foi, en principio, atendida polo goberno local. O alcalde asegura que o centro tamén é unha prioridade para o PSOE pero que deberá agardar a outras partidas, xa que non poden ser presentados proxectos que xa se presentaran a outras administracións. Os dous grupos pensan de xeito moi semellante, polo que a conclusión que sacamos e que continúan influindo asuntos persoais na vida política do concello.
- Sen marchar de Corubiuón, o concello informa que comezaron os labores de remodelación do lavadoiro do Vilar de Corcubión. O concello pensa na mellora estética e operativa desta infaestrutura pública tradicional. Eliminarase elementos de cemento para seren substituidos por materiais nobres e característicos do País como a madeira e o granito.O orzamento de execución das obras ronda os 20.000 € e segundo as previsións do Concello de Corcubión, no prazo dun mes deberán estar finalizadas.

- A Confraría de Lira gaña un novo premio
: O Proxecto de Turismo Mariñeiro "mardelira" foi premiado como "A mellor oferta turística complementaria" pola contribución á dinamización do entorno social da comarca. Porque nos poñemos a copialos dende toda a costa-


- Pleno en Malpica: os cartos do Fondo Estatal de Investimento Local empregaranse nunha piscina climatizada, spa e ximnasio, segundo aprobaron no pleno de onte con bastante de polémica.
- Malpica emprega os fondos do GRD nun salón social e restaurante: . O proxecto Piloto Parque Marítimo Terrestre Selaguía que se levará a cabo na zona de Beo, precisará de 200.000 euros de capital público e 244.000 de capital privado, e tenta recuperar aldea rural en Beo para destinar a salón social, restaurante, exposición etnografica, agraria e artesania. Ademais e, cunha partida moito máis pequena, contémplase a Recuperación do Castro de Entretorres

- Ficamos cos Fondos Europeos que xestiona o GDR: Cabana construirá un lago artificial en Nantón, nunha vella canteira abanadonada, e unha piscina na Enseada da Insua, xunto a outros edifcicios municipais. Ademais hai un proxecto para a construción dun albergue xuvenil nas escolas de A Carballa.
Pola súa parte Ponteceso empreagará os seus cartos na recuperación do entorno natural do río Anllóns na zona entre a Ponte Dona e a Saimía.

- A Sicar ofrece un proxecto de vivendas e multiusos nos vellos estaleiros de Cee. O proxecto incluiría unha zona de vivendas con ata 20 edificios deixando unha parcela para o devandito pavillón multiusos.
Afortunadamente nin o proxecto urbanístico no monte San Pedro Martir de Cee que inclúe o campo de golf, nin o do balneario na zona de Caneliñas semellan avanzar.

- Tan só o concello de Vimianzo non propón a Marisol Soneira como representante na Costa da Morte para as listas do PSdG-PSOE no Parlamento Galego

- Vimianzo comparte o seu tempo. O Banco de Tempo do Concello de Vimianzo continúa funcionando dende decembro. Unha das primeiras accións foi levada a cabo por Laura Castiñeira Vilariño, a Axente de Tempo do Concello, levando a informática polas asociacións vimiancesas. As“As Nemanquiñas” ou a Asociación de Amas de Casa foron as alumnas.

- Josefa cumpre 105 anos. O Concello de Ponteceso homenaxeará mañá venres 16 de xaneiro a centenaria Josefa Canto Martínez. Josefa cumpre mañá 105 anos e é a persoa de maior idade do noso termo municipal. O acto de homenaxe será ás 16:30h no domicilio de Teresa Canto Martínez na parroquia de Corme-Aldea.


- A Orquestra Panorama gaña o Concurso da Mellor Orquestra da Costa da Morte que organiza anosacosta.com. É o cuarto ano consecutivo que gaña o concurso. Xa se sabe cales son os nosos favoritos.

Deportes
- César do Cabo non fichara finalmente polo Dumbría. A falta de tempo botou atráss ao futbolista fisterrán, que xa estaba case decidido a fichar pero a familia fixolle poñer os pes da terra e reconsiderar a decisión. César seguirá adestrando e o que teña que vir virá.

- 12 partidos de sanción para Piru, xogador do Muros B.

Fonte e máis información
www.quepasanacosta.com

No hay comentarios: