16 xaneiro 2009

Diego Lobelos pasou por Neria Deportiva


O programa deportivo da Radio Neria e da Radio Roncudo tivo este venres 16 de xaneiro de 2009 unha visita especial. Diego Lobelos acaba de deixar o equipo de xuvenís do Fisterra e veu ata aquí para comentar as razóns que o meten fóra do clube do seu corazón.
Pero sobre todo falouse de fútbol, e de fútbol base. Coa colaboración dos habituais no programa, Darío Domínguez e Óscar Santos (vémolos de esquerda a dereita con Diego de branco), a hora pasou voando analizando como tratamos na nosa bisbarra aos nosos pequenos futbolistas.
Ademais de fútbol, falamos con Helena López, xogadora fisterrá do Gesthirundo Costa da Morte que participaba no Campionato de España de Baloncesto en categoría cadete. O equipo de Helena quedou de 4º, a mellor dos posición dos nosos representantes, pero o máis importante é que o pasou de medo. "Non quería voltar, foron moitas experiencias", contábanos Helena.
Manolo Calo tamén pasou polas ondas falando dese Clube Patín Xunqueira de Cee que está a piques de clasificarse para o play-off galego.
Neria Deportiva soa os venres de 16:00 a 17:00 e os sábados de 10:00 a 11:00.
Máis información
www.quepasanacosta.com

Boletín de novas (16-01-09)



- Comezamos en Corcubión. Como ben sendo habitual, a polémica salta entre os grupos de goberno.. O BNG vén de facer unha proposta para incluir a recuperacioón do Antigo Asilo Emilio Alonso como Centro de Día utilizando os Fondos de Zapatero. Esta petición non foi, en principio, atendida polo goberno local. O alcalde asegura que o centro tamén é unha prioridade para o PSOE pero que deberá agardar a outras partidas, xa que non poden ser presentados proxectos que xa se presentaran a outras administracións. Os dous grupos pensan de xeito moi semellante, polo que a conclusión que sacamos e que continúan influindo asuntos persoais na vida política do concello.
- Sen marchar de Corubiuón, o concello informa que comezaron os labores de remodelación do lavadoiro do Vilar de Corcubión. O concello pensa na mellora estética e operativa desta infaestrutura pública tradicional. Eliminarase elementos de cemento para seren substituidos por materiais nobres e característicos do País como a madeira e o granito.O orzamento de execución das obras ronda os 20.000 € e segundo as previsións do Concello de Corcubión, no prazo dun mes deberán estar finalizadas.

- A Confraría de Lira gaña un novo premio
: O Proxecto de Turismo Mariñeiro "mardelira" foi premiado como "A mellor oferta turística complementaria" pola contribución á dinamización do entorno social da comarca. Porque nos poñemos a copialos dende toda a costa-


- Pleno en Malpica: os cartos do Fondo Estatal de Investimento Local empregaranse nunha piscina climatizada, spa e ximnasio, segundo aprobaron no pleno de onte con bastante de polémica.
- Malpica emprega os fondos do GRD nun salón social e restaurante: . O proxecto Piloto Parque Marítimo Terrestre Selaguía que se levará a cabo na zona de Beo, precisará de 200.000 euros de capital público e 244.000 de capital privado, e tenta recuperar aldea rural en Beo para destinar a salón social, restaurante, exposición etnografica, agraria e artesania. Ademais e, cunha partida moito máis pequena, contémplase a Recuperación do Castro de Entretorres

- Ficamos cos Fondos Europeos que xestiona o GDR: Cabana construirá un lago artificial en Nantón, nunha vella canteira abanadonada, e unha piscina na Enseada da Insua, xunto a outros edifcicios municipais. Ademais hai un proxecto para a construción dun albergue xuvenil nas escolas de A Carballa.
Pola súa parte Ponteceso empreagará os seus cartos na recuperación do entorno natural do río Anllóns na zona entre a Ponte Dona e a Saimía.

- A Sicar ofrece un proxecto de vivendas e multiusos nos vellos estaleiros de Cee. O proxecto incluiría unha zona de vivendas con ata 20 edificios deixando unha parcela para o devandito pavillón multiusos.
Afortunadamente nin o proxecto urbanístico no monte San Pedro Martir de Cee que inclúe o campo de golf, nin o do balneario na zona de Caneliñas semellan avanzar.

- Tan só o concello de Vimianzo non propón a Marisol Soneira como representante na Costa da Morte para as listas do PSdG-PSOE no Parlamento Galego

- Vimianzo comparte o seu tempo. O Banco de Tempo do Concello de Vimianzo continúa funcionando dende decembro. Unha das primeiras accións foi levada a cabo por Laura Castiñeira Vilariño, a Axente de Tempo do Concello, levando a informática polas asociacións vimiancesas. As“As Nemanquiñas” ou a Asociación de Amas de Casa foron as alumnas.

- Josefa cumpre 105 anos. O Concello de Ponteceso homenaxeará mañá venres 16 de xaneiro a centenaria Josefa Canto Martínez. Josefa cumpre mañá 105 anos e é a persoa de maior idade do noso termo municipal. O acto de homenaxe será ás 16:30h no domicilio de Teresa Canto Martínez na parroquia de Corme-Aldea.


- A Orquestra Panorama gaña o Concurso da Mellor Orquestra da Costa da Morte que organiza anosacosta.com. É o cuarto ano consecutivo que gaña o concurso. Xa se sabe cales son os nosos favoritos.

Deportes
- César do Cabo non fichara finalmente polo Dumbría. A falta de tempo botou atráss ao futbolista fisterrán, que xa estaba case decidido a fichar pero a familia fixolle poñer os pes da terra e reconsiderar a decisión. César seguirá adestrando e o que teña que vir virá.

- 12 partidos de sanción para Piru, xogador do Muros B.

Fonte e máis información
www.quepasanacosta.com

14 xaneiro 2009

Boletín da Radio Neria e Radio Roncudo (15-01-09)


Comezaremos a publicar tamén neste blog os boletín de novas que cada día soan no 107.8 e 106.1 ás 9:00, 10:00, 11:00 e 19:00. Día tras días traeremos un resumo das novas máis interesantes da man de www.quepasanacosta.com.
- Saímos dende Corcubión: O BNG presentaba hai unhas semanas unha proposta para a realización dun pleno extraordinairo sobre a creación, Centro día no ANTIGO ASILO EMILIO ALONSO. A obra realizaríase cos cartos do Fondo Estatal. Hoxe, o voceiro do BNG, Oscar Insua, sae hoxe á voz pública para denunciar que o alcalde non quere mini-residencia, e que aínda non convocou o devandito pleno. Pola súa parte, Chisco asegura que o Centro de Día será unha prioridade para o concello, pero non cos cartos do Fondo Estatal de Investivestimento Local, cos que xa ten prantexados varios proxectos. Todos queremos o mesmo, así que a ver se remamos cara o mesmo sentido.

- Rede wifi para Corcubión: Ficamos no Fondo Estatal de Investivemento Local de Corubión, e repasamos os novos proxectos que presentará o goberno municipal antes do 24 de xaneiro. O concello instalará unha Rede wifi en todo o concello. Ademais procederase ao arranxo de rúas fora do casco histórico; o aranxo de beirarras e barandas no paseo marítimo, e o axardinameto e enbelecemento do núcleo urbano, para manter o distintivo de Concello turístico do que presume a vila de San Marcos.

- Os traballadores da Ferroatlántica tremen. A crise chega á Costa e a empresa que máis postos de traballo xera está a piques de declarar un Expedente de Regulamento de emprego. Máis de 250 traballadores corren perigo e 95 xa foron despedidos nos últimos meses. O mercado dictaminará.

- A operación Tabaiba non para. Xa hai dous detidos. Ademais do muxián Andrés G.G., do que se pensa como xefe do clan dos Lulús, onte a policía detía a outro home de Cambados. Ambos pasaron polo xulgado da vila pontevedresa. Medios de todo o mundo seguen a operación, que traía 4.000 kilos de cocaína procedente de Venezuela con destino Madrid.

- O monte de Millera volve a mans dos veciños de Carantoña: logo dun tenso pleno convocado polo BNG, aprobouse a descatalogación pública do monte libre de cargas económicas para que volva a mans dos veciños de Carantoña, que levan décadas solicitando.

- O Banco de Terras de Galicia acaba de incluir a comarca de Bergantiños nas zonas prioritarias de intererese agrario: O Bantegal, dependente da Consellería de Medio Rural, pretende recuperar terras improdutivas para cederllas legalmente a agricultures co mentes en sacar un mellor aproveitamento dos terreos. A comarca de Xallas, que inclúe os concellos de Mazaricos e Santa Comba, e varias parcelas de concellos como Laxe, Dumbría, Cabana, Muxía, Ponteceso ou Zas xa forman parte do Bantegal.

- A Costa divídese para Fitur: A bisbarra contará con doble e dividida presencia na Feira Internacionala de Turismo que se celebrará en Madrid a finais de mes. O Consorcio con APTCM e Turgalicia particparán por unha parte; e Neria irá polo seu lado.

- Charla de mulleres ne Muxía: O proximo venres, 16 de Xaneiro, ás 7 da tarde da tarde terá lugar a sesión mensual da Tertulia de Mulleres que dende hai un ano ven organizando a Concellería de Servizos Sociais de Muxía. o obxectivo destas tertulias é facer un labor divulgativo e formativo en torno a temas que afectan á muller. Neste caso, mirando pola mellora da autoestima, programóuse a sesión “ORIENTACIÓN CARA Á AUTO MAQUILLAXE” na que as mulleres asistentes aprenderán trucos de maquillaxe para arreglarse e sentirse mellor consigo mesmas. A sesión corre a cargo da maquilladora muxía Kelen Toba

- Buceo Finisterre: A cuarta edición, Premios Galicia Submarina, organizados pola Revista Espacio Submarino coa colaboración de Caixanova e Deporte Galego vén de premiar á empresa fisterrá á mellor páxina web. Pasen e boten un ollo en www.buceofinisterre.com

Fonte e máis información


11 xaneiro 2009

Voltan as vellas glorias á radio


Continúa crecendo o matrimonio entre Radio Neria e Radio Roncudo. Malia cantidade de problemas de conexión entre ambas radios provocados pola baixa calidade da internet, ambas radios continúan aumentando en programación.


Sen ir máis lonxe, esta semana nace un novo programa dende os estudios de Corcubión. José Luis Louzán, anímase a voltar a uns estudios que xa coñece como a palma da súa man. Louzán participara varios anos na radio municipal, anos nos que a comunidade da radio era ampla e diversa, cunha repercusión realmente importante na zona.


Agora volta con BSO, un programa de bandas sonoras que sairá este luns 12 de xaneiro de 2009 ás 23:00, xusto despois do Embigo do fin do mundo, que dirixe Suso Lista, dende Corme. Aí é nada para a noite do luns.


Boletín e máis programas


Pero non quedan aí as novidades. O boletín da Radio Neria e Radio Roncudo volta para quedarse. Coa axuda de QPC, cada día da semana ás 9:00, 10:00, 11:00 e 19:00, 10 minutos de información local e comarcal.


Ademais, hai outro programa no berce. Desta volta será de música tradicional, e se emitirá ás 15:00 un día de semana aínda sen confirmar. Xa vos iremos informando.

08 xaneiro 2009

High School Fisterra`s Musical


A Costa da Morte xa ten musical. Un musical deses que racha por onde pasa, e está de moda entre a xuventude de bo parte do mundo desenvolvido. Este venres 19 de decembro de 2008, Fisterra vivirá unha tarde de Broadway, cando as rapazas do Colexio Nosa Señora do Carme actúen no seu Festival de Nadal.


A obra, "Rebelión Disney", será representada o venres ás 17:30 e ás 18:15 para todos os nenos e pais do colexio e de quen queira disfrutalo. Será unha adaptación propia dunha peli de debuxos, co problema da violencia de xénero como base da rebelión.


Para preparalo pasaron polos estudios da Radio Neria-Radio Roncudo de Corcubión, onde querían grabar as súas voces de coro por riba dun tema. Acodiron con Susana Martínez, a profe de teatro, e mais o "enrollado" director do colexio e do coro, Carlos Velasco, que logo de 30 anos por España adiante, volve a Fisterra, onde deixara un coro de 60 persoas con algún dos pais destas cativas.


Alí estaban Salomé, Carla, Celeste, Ángela, Alba, Rosalía, Paula, Raquel, Carlos e Miguel, que gracias á compañeira Helena e a Óscar Rey Calo puideron utilizar as instalacións de grabación da radio. Pasárono en grande, mesmo grabaron algunha cuña e todo. Non querían marchar.


Preséntrase esta como unha boa oportunidade para a Radio Neria e a Radio Roncudo de achegarse á mocidade, para crear sinerxias entre os colexios e institutos da zona para con este agradecido medio de comunicación.


Fonte


  • QPC.