Universidade Cromática das virtudes, así se chama a nova asociación que vén de crear a mocidade corcubionesa. Unha comunidade aberta, de xentes de varios puntos da Costa da Morte, na súa maioría espallados pola xeografía galega durante a semana. Pero non hai fin de semana que non volvan ao reduto costeiro, para seguir artellando o seu completo proxecto. A mellor nova que podía recibir a radio municipal de Corcubión, a radiONeria, é a chegada deste grupo de xente con gañas de facer cousas. A semana pasada coñeceron de preto como se atopa a emisora e falaron co presidente da Asociación Radio Neria, Xoan Marcos Traba ou (Jaki DJ) para comezar a traballar. Unhas das actividades que queren recuperar son aquelas Noites Piratas da Radio Neria, que inauguraran os Bakin´Blues e que continuarán os Seaside Band e outras bandas que ensaian no local. Pero ademais xa teñen predefinido o novo programa que probablemente se denominará Panócticum, o que ve sen ser visto... Lecturas, entrevistas, música... esta mocidade ten moito que dicir. |
13 abril 2010
A mocidade toma a radiONeria
Publicado por
radiONeria
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
que ben¡ panócticum, no intro, neria deportiva... so falta que Manolin faga un programa de rock jajaja
tal e como está ultimamento, que non te estrañe!!!!
Publicar un comentario