10 agosto 2020

O Festival Artenauta comeza na radiONeria

 Este domingo comezaban as actividades do ambicioso Festival Artenauta. O Festival das Artes da Costa da Morte terá nesta fin de semana o seu gran momento, pero durante a semana poderemos ir degustando as primeiras pezas artísticas. Neste caso falamos de cápsulas radiofónicas que Miguel Vázquez Freire está deixando nas ondas da radiONeria, coa colaboración aos mandos de Óscar Rey Calo e Iván Pereira, dous dos colaboradores que manteñen viva a emisora municopal de Corcubión.

Son 10 minutos de pensamento sobre “o fermoso, o feo e o valioso na Arte”, emitidas en directo ás 20:00h dende este domingo 9 ata o vernes 14 de agosto, dando resposta a preguntas como a distinción en “a alta cultura da arte popular”; sobre “que hai de común entre o canto das Xaviñanas e unha cantata de Bach”; ou “por que un británico do século XIX gozaba da paisaxe do cabo Fisterra que os fisterráns nin sequera miraban?

Escoita os diferentes espazos:

Charla 1:

Charla 2:

Charla 3:

Charla 4:

Charla 5:

Charla 6:

Charla 7:


Novas relacionadas

27 novembro 2019

O Cole de Dumbría disfrutou dun completo Taller na radiONeria


O alumnado do CEIP Santa Eulalia de Dumbría disfrutou dun completo Taller de Radio que artellou o coordinador do centro Luís Dopico e os colaboradores da emisora, coa colaboración do Centro de Formación e Recursos da Coruña.

23 novembro 2019

radiONeria e QPC unen á 4 asociacións feministas co gallo do 25N

Co 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o equipo de QPC e da Radio Neria, artellamos a nosa Tertulia Violeta na que participaron representantes das catro asociacións feministas da Costa da Morte.

A Terturlia Violeta sairá tamén nas radios irmandadas da Costa da Morte (radiONeria e Radio Roncudo o sábado ás 11.00h. o domingo ás 12.00h e o propio luns 25 de novembro ás 10.00.

03 abril 2019

Radio Roncudo e radiONeria levan as ondas ao CEIP Mar de Fóra



Semanas de radio escolar. A pasada semana as radios irmandadas da Costa da Morte trasladábanse ao CEIP Mar de Fóra. Ubaldo Cerqueiro, colaborador da radiONeria e Radio Roncudo levaba a emisora ao centro fisterrán para facer un taller co alumnado de 3º e 4º de Primaria.


14 maio 2018

Radio Roncudo e radiONeria recuperan o Boletín de Novas

Fran Lago recupera o Boletín de Novas que xa estivo en antena varios anos. O famoso locutor costeiro volve á radio informativa colaborando con este espazo diario que traerá a máis rabiosa actualidade coa colaboración do diario Quepasanacosta.gal.
Emitirase ás 8:00, 9:00h, 15:00h e 19:00h.