21 xaneiro 2009

Boletín de novas (21-01-09)


A Mancomunidade de Fisterra quere impulsar a Radio Neria e a Radio Fisterra.
A mancomunidade de Fisterra, con José Manuel Traba como novo presidente, xuntábase o pasado luns e acordaba axuntar esforzos para revitalizar tanto a radio municipal de corcubión como a Radio Fisterra. Aquí estamos a Radio Neria e a Radio Roncudo para o que faga falta, pensando que a incorporación da Radio Fisterra aás ondas da Costa da Morte sería toda unha alegría.

O xerente do Hospital responde ás críticas do Comité
O Comité de Empresa do HVdX de Cee denunciaba onte á Dirección por non informarlles a tempo de varios asuntos de índole sindical. Francisco Pazos, xerente do Hospital, explicaba o retraso como un mero problema de exceso de traballo dos responsables de facer chegar dita información ao Comité. Pazos acusa ao Comité de ter "intencións dirixidas máis a complicar a labor da dirección que a exercer as funcións dun comité".

Xornada de primeiras pedras
Como nos gustan as primeiras pedras. Onte, martes 20 de xaneiro, María José Caride, conselleira de PTOPT, colocaba a primeira pedra para as obras de mellora da AC-433 que vai dende Laxe ata a conexión coa estrada Vimianzo-Camariñas. O proxecto de mellora foi deseñado tendo en conta tanto as características do tráfico que circula por esta estrada como os condicionantes urbanos e paisaxísticos da zona, unha zona moi accidentada.
Caride quedou en Muxía, en compañía de Jacinto Parga, o presidente de Portos de Galicia, para asistir ao inicio das obras de construción das instalacións náutico-deportivas no porto de Muxía. A actuación, que acada un investimento de 2,6 millóns de euros, suporá dotar ao porto de Muxía dun total de 233 prazas de atraque.

A Costa únese á Rede de Comercio Rural
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitaba onte a Casa Senra, na Picota, Mazaricos, o último establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego. Con esta medida a Consellería de Innovación e Industria pretende revitalizar o rural galego volvendo aos tempos do bar-tenda-ultramarinos de toda a vida. Desta volta os establecimentos veñen algo máis modernizados, engadindo todos aqueles produtos de primeira necesidade, produtos ecolóxicos e de Artesanía de Galicia así como facilitando o acceso ás novas tecnoloxías.
Hoxe, Ana Rúa, visitará Casa Landeira, no lugar de Treos, Vimianzo.

Xornada con asesores de Novas tecnoloxías en Vimianzo
A Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías da Información e Comunicación organiza en Vimianzo unha Xornada sobre difusión e dinamización da sociedade da información no mundo rural. A cita terá lugar o 4 de marzo.

Remata o Concurso de Anécdotas de Corcubion.com
5.400 votos serviron para escoller "Solidariedade Galega" como a anécdota máis simpática do Concurso que organizaba a páxina corcubionesa. Eran 15 as presentadas pero nin a famosa chamada da nai inocente nin o listo ligón puideron con esta historia de loros e aduanas.

Deportes

Boa xornada para os pichichis da Costa
Na 1ª Autonómica, o ceense Leo, co gol desta semana en Dumbría, xa sumaa 7 goles e manten aberta a loita co soneirán Vituco, que conta 9 no seu haber. Na Liga da Costa, o cormelán Iago segue de lider malia levar dúas semanas sen mollar, pero Sebas, do Xallas, achégase perigosamente. A 3ª foi a xornada máis goleadora da tempada: nada menos que 45 goles. O pichichi da Costa, incluindo as 3 categorías, é o xogador do Lira Manoliño, que volveu marcar e xa son 17. Cajulo, da Esteirana suma 16, e o dianteiro do Pereiriña, Miguel Poyo, 15.



O Congelados Oso Polar vence ao Cambre
Importante vitoria dos da Costa da Morte ante un rival directo na loita pola 4ª praza do grupo A da primeira división zonal.

Camacho será finalmente o sucesor de Couso no banco do Xallas.
O conxunto xalleiro quixo agradecer publicamente a labor de Couso, pero os resultados mandan. A directiva elixiu a Camacho por ser un home da casa e coñecer perfectamente a categoría e mais a plantilla.

Lembramos que hoxe mércores é a noite máis produtiva da radio corcubionesa. A partir das 22:00 chega Lena Yuman con Música sen fronteiras, unha viaxe polas músicas do mundo. Ás 22:30, Javi Turnes co seu Pensar e soar, onde o blues mestúrase coa filosofía. Cara ás 23:00, Manolín e a súa Realidade e soños, un programa de poesía con moito corazón, e antes do Bloque musical de Músicas do mundo, Inversión Infinita, un programa dos que merece a pena quedarse ata o último segundo.
Fonte e máis información
quepasanacosta.com

20 xaneiro 2009

Pili Allariz fala da cocaína no Canto familiar da Radio Neria


Como todos os mércores, ás 14:00 da tarde é a hora á que Pili Allariz chega ás ondas da Radio Neria para traenos "O Canto familiar", un programa que trata de achegar os problemas sociais e familiares máis típicos á toda a bisbarra, co afán de desmitificar os problemas dos que, ás veces, non se fala
Pili Allariz, traballadora na Asociación Neria, falará do consumo de cocaína na Costa da Morte, a droga ilegal da que máis se abusa en toda Europa, pode detrás do cannabis. Acaba con falsos mitos, como ese que di que a cocaína non é adictiva, e informa de todos os problemas de saúde que xera o consumo continuado desta droga dura.


A noite de mércores coa Radio Neira
Ademais, hoxe mércores é a noite máis produtiva da radio corcubionesa. A partir das 22:00 chega Lena Yuman con Música sen fronteiras, unha viaxe polas músicas do mundo.
Ás 22:30, Javi Turnes co seu Pensar e soar, onde o blues mestúrase coa filosofía.
Cara ás 23:00, Manolín e a súa Realidade e soños, un programa de poesía con moito corazón, e antes do Bloque de Músicas do mundo, Inversión Infinita, un programa dos que merece a pena quedarse ata o último segundo.
Por certo, non olvidedes escoitar o Boletín de novas diario:

19 xaneiro 2009

Boletín do 20-01-09


O faro de Touriñán pasa 17 horas apagado

A noite do pasado domingo estivo escura de máis en Touriñán. O faro do punto máis occidental da Europa continental sufríu un erro electrónico que o deixaba sen funcionar unha noite enteira. A avería rexistrouse o domingo canda o solpor, e non foi ata ás 10:00 da mañá do luns cando a Autoridade Portuaria da Coruña informaba aos técnicos do Faro de Fisterra da avería. O faro foi arranxado finalmente ás 12:00 da mañá.

Aumenta o uso do Noitebús na Costa da Morte

Sobre todo, as liñas que achegan á mocidade á festa de Ponteceso e Santa Comba aumentaron considerablemente o número de usuarios no mes de decembro con respecto ao ano anterior. No cómputo global do país, triplicáronse os usuarios.

Pleno expreso en Corcubión

Corcubión vivíu un pleno que tardará en repetirse. En tan só 5 minutos pechouse unha sesión extraordinaria, convocada polo BNG, á que non asistiron os membros do partido liderado por Óscar Insua.
O BNG propuña na moción a "inclusión" da obra de recuperación do Asilo Emilio Alonso como Centro de Día. A alcaldía redactaba na orde do día que se ía proceder ao "debate sobre a inclusión" da obra. O BNG, en desacordo con esta redacción, non se presentou.

Aumenta o paro na Costa

A caída da industria e a construción provocan un serio aumento do paro na bisbarra, segundo indica un informe da UPD "Pacto territorial de emprego da Costa da Morte". Xa son máis de 11.000 persoas as que procuran emprego na bisbarra.

O Comité Hospital denuncia á Dirección por non informar aos traballadores

O Comité explica a denuncia por non seren informados das novidades do cadro de persoal aprobado no Hospital e por continuar cunha política de pouca transparencia.

O Concello de Camariñas salva os canóns do Castelo do Soberano

E así llo agradece o grupo ecoloxista PX, quen presentara unha proposta para salvalos que finalemente levou a cabo o concello camariñán.

Camariñas organiza un curso de cociña para homes

A área de Igualdade do concello de Camariñas comeza a principios do mes de febreiro cun curso de cociña para homes, que trata de fomentar a igualdade nas tarefas domésticas entre xéneros. Os ineteresados poden acodir á Casa de Pedra ou chamar aos 981 737 004 .

Visitas institucionais

A directora Xeral de Comercio visita a Casa Senra, na Picota, Mazaricos. Trátase do clásico bar-tenda-ultramarinos de toda a vida que a Consellería de Innovación e Industriaquere recuperar para revitalizar o rural galego.
A conselleira de Política Territorial, María José Caride, preside hoxe a colocación da primeira pedra da reforma da estrada Ponte do Porto-Laxe (AC-433).
Ademais visita Muxía xunto ao presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, para presidir a colocación da primeira pedra das instalacións náutico-deportivas do porto de Muxía.

Corme terá gas canalizado e R

Corme avanza nas obras do gas canalizado. As previsión apuntan que en dous meses, Corme contará xa con gas canalizado, unhas obras que agarda agora a capital municipal. Ademais, Comerciais do operador galego de Telecomunciacións R pasou por Corme para tantear o mercado.

Ponteceso defende o seu portal web das críticas do PSOE

Unha das poucas páxinas municipais que conta con Servizo de atención ao cidadán,creada en marzo de 2008 e basado en software libre, non é suficente para convencer ao PSOE pontecesán de que Ponteceso conta cunha das webs máis activas da Costa.

Hoxe, martes, cita na TVG

As cantareiras da Raigañas participarán esta noite no programa Alalá da Televisión de Galicia a partir das 21:45.

Deportes

O Clube Patín Xunqueira de Cee clasifícase para o play-off galego

Logo de gañar ao Santa María do Mar da Coruña, os de Manolo Calo dan un paso máis para o sector do Campionato de España.

Derrota do Bodegón tras 2 garrafais minutos finais en Sarria

Todo o encontro gañando para botalo por terra nos últimos 2 minutos e medio. Os de Juan Jesús quedan queda de 6º nesta 1ªB

O Agencia AM cae ante o Estudiantes

Os Estudiantes de Lugo pasaron por Baio e levaron a vitoria por 80-85.

As pequenas do Fisober arrasan

Non xogaban as maiores pero tanto as cadetes como as infantís arrasaron ante o Portosín e a Esteirana.
Pola súa parte, o Orzán de Sara Vázquez e Barca Toba empataba a 2 goles co equipo zamorano Amigos del Duero. As da Costa da morte xogaban os 90 minutos de partido.

Doble derrota dos equipos de pinpon de Vimianzo

Nin Anorthosis nin Angepon puideron cos seuis respectivos rivais esta fin de semana. Foron moitos os afeccionados que se pasaron polo ximnasio de Zas para ver de preto a Valeri Malov, un dos mellores xogadores de tenis de mesa dos últimos anos.

O Balonmán Camariñas sofre a segunda derrota na liguiña de descenso

2 de 2 para os de Toni García, logo da derrota por 26-18 ante o Agnusdei de Meaño. Moito terán que mellorar os palilleiros se non queren descender á 2ª autonómica.

Os resultados provocan a saída de Couso do Xallas

Camacho será previsiblemente o relevo de Couso no banquiño xalleiro.

18 xaneiro 2009

Os Baking Blues graban na Radio Neria


A pasada noite do sábado 16 de xaneiro de 2009 os estudios da Radio Neria acolleron unha das xa chamadas Noites Piratas. Os membros da banda compostelá Baking blues ensaiaron, grabaron e ata tocaron en directo acompañando a retransmisión con charlas sobre os temas, uns versionados e outros propios.


Eles son o propio Tato á guittara e na creación das melodías, Fran á batería, David ao baixo e Javi Turnes á guitarra e ás voces. Todos eles veñen da zona de Santiago sendo Javi Turnes o núcleo que tanto os trae á Costa da Morte. O profesor de filosofía do IES Fernando Blanco de Cee achega aos seus compañeiros para tocar nas Nights of blues and friends at the Rodín, unhas noites de concertos moi especiais, nas que cada mes, ademais de Baking Blues, soe tocar unha banda corcubionesa en proceso de construción, os Half Butano.


Agardemos telos de novo canto antes, que noites e xentes coma esta danlle moita vida á Radio Neria e á Costa da Morte.