Entre as 08:00h e as 10:00h dámosche os bos días cunha ollada á actualidade da Costa puntualmente cada trinta minutos. Contámosche e análizamos a vida social, política, cultural e deportiva na nosa bisbarra. Todo como é, sen conservantes nin colorantes desinformativos... e acompañado de músicas que ben seguro che traerán boas lembranzas.
E dende as 09:15h ata as 13:00h poñemos en marcha a meirande oferta musical da FM na Costa da Morte, e sen cortes comerciais. Unha oferta pensada para ti, que traballas na casa, na oficina, na tenda ou nun vehículo de reparto.
Hoxe en día as grandes cadeas de radio musical peléxanse por captar á audiencia co maior número de minutos musicais cada hora. Nós só dicimos isto: Cada hora, namentres traballas, ofrecémosche 57 minutos da mellor música sen interrupcións publicitarias. A ver se hai quen dá máis...
Queremos ser a compaña das túas mañás. Grazas por seguir estando aí!
- Boletín de novas: dende as 08:00h da mañá.
- Seleccións musicais para as mañás:
- Mañás de guateque ás 09h15.
- Pop nacional ás 11:00h.
- Jrandes ésitos ás 12:10h
No hay comentarios:
Publicar un comentario